Supernova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Restos da Supernova de Kepler, SN 1604, estoupou o 9 de outubro de 1604, sendo vista por Kepler e os seus contemporaneos.

Supernova é o nome dado a diferentes tipos de explosións de estrelas, que producen obxectos extremadamente brillantes, os cales declinan ata se tornaren invisíbeis pasadas algunhas semanas ou meses. En apenas algúns días o seu brillo pode se intensificar en millóns de veces a partir do seu estado orixinal, mais co pasar do tempo a súa temperatura e brillo diminúen ata chegaren a un grao inferior aos primeiros.

A explosión dunha supernova pode expulsar ao espazo ata o 90% da materia dunha estrela. A materia restante, extremadamente densa, dará orixe a unha anana branca, clase de estrelas na cal a materia atópase “dexenerada”, ou sexa, os átomos esmagáronse e os seus electróns caeron sobre os núcleos.

Ocorrencia[editar | editar a fonte]

Por ser un fenómeno relativamente raro nunha galaxia, as supernovas catalóganse segundo o ano e a orde da ocorrencia, ás veces inmediatamente cando a lámina de luz chega á Terra como foi o caso da supernova de 1987 Shelton Sn 1987A . Se houbese outra debería ser Sn 1987 B, como ata agora en ningunha chapa fotográfica fixo rexistro de igual ocorrencia nese ano, quer nesa ou noutra galaxia, fica dispensada a letra A.

Na nosa propia galaxia, observáronse, ata agora, 4 supernovas: en 1054, 1572, 1604 e 1987. Antes diso non houbo ningún rexistro. E alén destas tres, parece que houbo cerca de 11 supernovas que estouparon na Vía Láctea nos últimos 20.000 anos, sempre en lugares inobservábeis debido á poeira interestelar.

Diante deses números e o observado en todo o universo, calcúlase que ocorran, en media, 3 supernovas por milenio en cada lado de galaxia ( só vemos un lado ) que teña 200.000.000.000 de estrelas, comparando co número de estrelas que forman unha galaxia os cosmólogos poden estimar algúns valores como a idade das galaxias e mais a idade do universo observábel. Compárese este número coa media de 30.000 novas comúns no mesmo período. Ou sexa, para cada 10.000 novas hai unha supernova.

Como existen cerca de 3 supernovas por milenio / galaxia, e como se estima en 15.000 millóns de anos a idade do universo, talvez leva habido cerca de 45 millóns de explosións de supernovas na nosa propia galaxia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]