Tallahassee, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTallahassee, Florida
Tallahassee (en) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 30°26′19″N 84°16′50″O / 30.438736, -84.280633Coordenadas: 30°26′19″N 84°16′50″O / 30.438736, -84.280633
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Leon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación196.169 (2020) Editar o valor em Wikidata (725,5 hab./km²)
Número de fogares78.283 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaTallahassee metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:384.298) Editar o valor em Wikidata
Superficie270,39016975275 km² Editar o valor em Wikidata
Auga3,1 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude62 m Editar o valor em Wikidata
Creación1824 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Tallahassee, Florida (en) Traducir Editar o valor em WikidataJohn E. Dailey (en) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32300–32399 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico850 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtalgov.com Editar o valor em Wikidata

Tallahassee é a capital do estado de Florida, Estados Unidos. En 2004 a súa poboación era de 156.512 habitantes [1] e a da súa área metropolitana era de 255.500 habitantes. É tamén a sede do Condado de León.

Tallahassee é sede da Universidade Estatal de Florida e da Universidade A&M de Florida. Tamén é o centro rexional para comercio e agricultura. A cidade está servida polo Aeroporto Rexional de Tallahassee.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome "Tallahassee" é unha palabra da lingua amerindia Muskogeano que significa "vellos campos," ou "pobo vello." Moi probablemente referíase ao poboado seminola situado cerca do río onde anteriormente vivían membros da tribo Apalachee que se dedicaban ao cultivo con bastante éxito. Na rexión instalouse a Misión de San Luís de Apalache que fornecía de produtos agrícola á colonia española de San Agustín. A Misión de San Luís de Apalachee foi reconstruída como parte de acervo histórico da rexión.

En 1821 Florida foi cedida por España aos Estados Unidos e estableceuse un goberno territorial, pero debido ao impráctico de alternar a sede do goberno entre San Agustín e Pensacola, as dúas cidades máis grandes do territorio, o gobernador territorial William Pope Duval nomeou unha comisión para establecer un punto máis céntrico para a sede do goberno. A comisión escolleu o antigo asentamento amerindio de Tallahassee (a metade de camiño entre as dúas cidades), en parte grazas á beleza do lugar e as súas fervenzas. En 1845, Florida converteuse en estado con Tallahassee como capital.

Durante a Guerra de Secesión, Tallahassee foi a única capital de estado que non foi tomada polas forzas da unión.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2000, a cidade ten 150.624 habitantes, 63.217 fogares e 29.459 familias residentes. A densidade de poboación é de 607,6 hab/km². Hai 68.417 unidades residenciais cunha densidade media de 276,0 u.a./km². A composición racial da poboación da cidade é 60,42% Branca, 34,24% Afroamericana ou Negra, 0,25% Nativa americana, 2,40% Asiática, 0,05% Das illas do Pacífico, 0,97% doutras orixes e 1,67% de dúas ou máis razas. O 4,19% da poboación é de orixe Hispano ou Latino calquera sexa a súa raza de orixe.

Dos 63.217 fogares, no 21,8% deles viven menores de idade, 30,1% están formados por parellas casadas que viven xuntas, 13,2% son levados por unha muller sen esposo presente e 53,4% non son familias. O 34,7% de todos os fogares están formados por unha soa persoa e 6,0% deles inclúen a unha persoa de máis de 65 anos. A media de habitantes por fogar é de 2,17 e a tamaña media das familias é de 2,86 persoas.

O 17,4% da poboación da cidade ten menos de 18 anos, o 29,7% ten entre 18 e 24 anos, o 27,9% ten entre 25 e 44 anos, o 16,8% ten entre 45 e 64 anos e o 8,2% ten máis de 65 anos de idade. A mediana da idade é de 26 anos. Por cada 100 mulleres hai 89,5 homes e por cada 100 mulleres de máis de 18 anos hai 86,7 homes.

A renda media dun fogar da cidade é $de 30.571, e a renda media dunha familia é $de 49.359. Os homes gañan en media $32.428 contra $27.838 para as mulleres. A renda per cápita na cidade é $de 18.981. 24,7% da poboación e 12,6% das familias teñen entradas por baixo do nivel de pobreza. Da poboación total baixo o nivel de pobreza, o 21,6% son menores de 18 e o 8,4% son maiores de 65 anos.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2006. Consultado o 15 de marzo de 2008. 
  • Tebeau, Charlton, W. A History of Florida. University of Miami Press. Coral Gables. 1971
  • Williams, John Le. Journal of an Expedition to the Interior of West Florida outubro - novembro de 1823. Manuscrito arquivado na biblioteca do estado de Florida en Tallahassee.