Centre national de la recherche scientifique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Centre national de la recherche scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica), coñecido polo acrónimo da súa sigla CNRS, é o meirande organismo de investigación científica de carácter público de Francia.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse o 19 de outubro de 1939 tras fusionárense a Caisse nationale de la recherche scientifique e a Office national des recherches scientifiques et des inventions.

Funciòns[editar | editar a fonte]

Produce sabedoría e pon este saber ao servizo da sociedade.
A Lei 82-610 do 15 de xullo de 1982[1] de orientación e de programación para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico de Francia, co as sùas modificaciòns posteriores, rixe os obxectivos, funciòns e funcionamento da investigaciòn publica en Francia e polo tanto é un dos textos fundamentaìs do CNRS, sendo iste organismo un medio institucional da poltica de investigaciòn en Francia.
É o artigo 14 do segundo capítulo da lei o que fixa os obxectivos dos organismos públicos encargados da investigación:

  • o desenvolvemento e o progreso da investigación en todos os terreos do coñecemento;
  • a valorización dos resultados da busca;
  • a difusión dos coñecementos científicos;
  • a formación á investigación e pola investigación.

A organicaciòn e o funcionamento do CNRS estan nise marco. O CNRS adicase à investigación fundamental para favorecer o desenvolvemento. Desenvolve colaboracións en Europa e no resto do mundo, coas empresas, co ensino superior, coas colectividades territoriais e outros organismos en capacidade de aproveitar a busca basica ; coa finalidade de responder ás necesidades da economía e da sociedade. É un dos editores de publicacións científicas dos máis recoñecidos à nivel internacional. No CNRS formànse cientificos de nivel internacional, a maiorìa dos cientificos franceses que recibiron premios Nobel, iniciaron carreira no CNRS ou pasaron unha etapa da carreira cientifica nel.

Organizaciòn[editar | editar a fonte]

Institutos publicos[editar | editar a fonte]

No 2010, dez institutos, dos cales tres nacionais, reagrupan todas as disciplinas maiores:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centre national de la recherche scientifique

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial do CNRS.