Tito Flavio Sabino Vespasiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tito Flavio Sabino Vespasiano
Titus of Rome.jpg
Nacemento 41, 30 de decembro de 40, 30 de decembro de 41 e 30 de decembro de 39
  Roma
Falecemento 13 de setembro de 81
  Aquae Cutiliae
Soterrado Roma
Nacionalidade Roma Antiga
Relixión relixión na Roma antiga
Ocupación político e militar
Pai Vespasiano
Nai Domitila a Maior
Cónxuxe Márcia Furnila e Arrecina Tértula
Fillos Júlia Flávia
Irmáns Domiciano e Domitila a Menor
editar datos en Wikidata ]
O Amphitheatrum Flavium, coñecido como o Coloseo
O Arco de Tito en Roma

Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e sufocou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado César e o seu pai asociouno ó goberno.

A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.

Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.

A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.

Imperio Romano

Segue a:
Vespasiano
Tito Flavio Sabino Vespasiano
(79-81)

Precede a:
Domiciano
Dinastía Flavia