Xabarín Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Xabarín Club
Xabarin TVG (2).png
Imaxe da canle en liña do Xabarín Club.
FormatoInfantil e xuvenil
Creado porSuso Iglesias[1]
Toñito Blanco[2]
Teresa Seara
Dirixido porAlberte Casal
Francisco Carballés
IntérpretesJuanillo Esteban (voz de Xabarín)
Carlos Portela (Doutor TNT)
Manuel Manquiña
Silvia Superstar
Manolo Romón
Manuel Manquiña
Luís Tosar
Xavier Viana
Esteban Yáñez "Arroz Hacker"[3][4]
País de orixeGalicia Galicia
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Rosa Lorenzo
Loli Fraga
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG (1994-2009)
tvG2 (2009-presente)
Primeira emisión18 de abril de 1994
Na rede
http://www.crtvg.es/tvg/programas/xabarin-club
IMDB: tt0409643 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994.[5][6] O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado[7] e ao cal dá voz Juanillo Esteban.[8][9] O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.[10] Dende o 2 de febreiro de 2009, é transmitido pola tvG2, e dende decembro de 2016 conta cunha app específica e unha canle en liña, a Xabarín TV que funciona como unha lista de reprodución cos contidos do programa na páxina web da CRTVG.

No ano 2021, o Xabarín Club chegou á cifra récord de 146 000 socios.[11] Segundo os rexistros históricos do programa, entre 1994 e 2021 arredor dun 30% dos nenos galegos son ou foron socios.[11]

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Vídeos externos
"Cabeceira Somos do Clube da Galega [HD]". YouTube. Xabarín. 

O Xabarín Club comezou a súa emisión o 18 de abril de 1994, case dez anos despois do nacemento da TVG, o 24 de xullo de 1985.[12][13] Aínda que sempre houbo contidos para o público infantil na TVG antes da creación deste espazo, a súa emisión non era regular. A idea do Xabarín Club xurdiu como un encargo interno para a emisión de contidos infantís nun programa que tamén tivese un club social.[14][10] O concepto do club de socios era unha fórmula de éxito que xa existía nos Estados Unidos con Mickey Mouse Club ou Cartoon Network.[10] O Xabarín Club comezou como unha banda de cinco porcos (Clodio, Tareixa, Uxía, Xonxa e Carolo) liderados por un porco bravo, o Xabarín, algo inédito neste tipo de clubs, que sempre contaban con persoas como presentadores.[10]

A través da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), a TVG comezou mercando as series animadas xunto con outras canles autonómicas, sendo as preferidas as series xaponesas por seren máis económicas e por contar con moitos capítulos para a captación dunha audiencia fiel.[10] Na súa primeira etapa, na segunda metade da década de 1990, converteuse nun fenómeno social entre os nenos e a rapazada galega da época, que máis tarde foron identificados colectivamente como Xeración Xabarín.[15][16] Ademais da emisión de series de animación, o Xabarín Club contou coa súa propia banda sonora, composta de cancións e vídeos musicais de grupos de música do rock bravú e da movida viguesa,[17] como Killer Barbies, Siniestro Total, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Aerolíneas Federales, Os Resentidos, Yellow Pixoliñas ou Heredeiros da Crus, así como grupos da lusofonía como Kussondulola, As Amarguinhas ou Despe e Siga.

Produto do éxito destas cancións xurdiu A cantar con Xabarín, unha serie de 5 CDs gravados polos grupos que aparecen no programa. O "Xabarín" tamén achegaba novidades de cine, vídeo e DVD, así como música e bandas sonoras de novos grupos galegos, concertos, discos, series de debuxos animados, banda deseñada, mangas, eventos, mostras, certames, videoxogos, revistas e fanzines, literatura infantil e xuvenil e unha axenda de recomendacións para o lecer na fin de semana. Ademais, o éxito do programa veu acompañado das "Xabaxiras" (1998), concertos da música do programa aos que asistiron milleiros de crianzas galegas.

En 1999, o Xabarín Club emitiu a primeira produción galega, Os vixilantes do Camiño, unha animación en 2D producida por Miguelanxo Prado e Suso Iglesias.[18] Está protagonizada polos personaxes do Xabarín Club e está inspirada no Camiño de Santiago. Componse de 13 episodios de 26 minutos e unha longametraxe de 80. A serie foi editada en DVD pola TVG en 2008.

Novo deseño do Xabarín[editar | editar a fonte]

Miguelanxo Prado, creador do personaxe do Xabarín.

O "Xabarín" estreou nova imaxe en 2007 para celebrar en abril o seu 13º aniversario. Nesta nova etapa o "Xabarín" contou con novas seccións, como "Xabarín informa"; un pequeno espazo de información e novas diarias.

No ano 2013, lanzouse unha publicación de banda deseñada e literatura xuvenil chamada OINK!, dirixida a nenos dos seis aos quince anos e cuxos contidos estaban baseados no programa. Desta publicación saíron ao mercado cinco números mensuais acn custe de 3 euros. A editora foi a empresa Agalip, de Bertamiráns, con licenza da Televisión de Galicia. Na iniciativa participaron escritores e autores de banda deseñada como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Kohell, Victor Rivas, Pinto & Chinto, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, e Andrés Meixide entre outros. Miguelanxo Prado foi o autor da capa, ademais de ilustracións interiores.[19] Varios dos autores participaran tamén na revista Golfiño, unha incursión previa do Xabarín na banda deseñada. En xaneiro do 2014, coincidindo coa publicación do quinto número, iniciaron a campaña de mecenado OINK! unha revista para a rapazada galega en Verkami, aínda que en marzo só acadaran uns 8.000 dos 36.000 € que precisaban para continuaren o proxecto.[20][21]

En marzo de 2013, a CRTVG ameazou a unha páxina web de seareiros do Xabarín Club de emprender accións legais se esta non pechaba en sete días. A CRTVG alegaba uso ilícito das súas marcas rexistradas "Xabarín Club", "Xeración Xabarín" e "Xabarín News".[22] A información do peche da páxina web chegou a diversas redes sociais e medios de comunicación de ámbito galego.[23]

O 2 de decembro de 2016 comezou a transmisión da Xabarín TV,[24] unha canle en liña infantil que funciona como unha lista de reprodución.[25]

En marzo de 2019, celebrou o seu 25º aniversario cun concerto na Sala Capitol de Santiago.[26]

Iniciativa Xabarín[editar | editar a fonte]

En 2020, A Mesa pola Normalización Lingüística comezou unha campaña de recollida de sinaturas pola chamada "Iniciativa Xabarín", unha proposta para reforzar a programación infantil en galego e a creación dunha canle Xabarín.[27][7] Logo de conseguir máis de 33.000 sinaturas,[28] a iniciativa, que foi levada ao Parlamento de Galicia,[29] aprobouse por unanimidade o 11 de maio de 2021.[30] A proposta aprobada incluía a creación dunha terceira canle dirixida ao público infantil e xuvenil as 24 horas do día, e a inclusión na programación televisiva de TVE e das plataformas dixitais de contidos con versión en galego, ben sexa orixinal, dobrado ou subtitulado.[31]

Logo da aprobación da iniciativa, a CRTVG reforzou e promociouno as canles dixitais existentes con contidos infantís da CRTVG, incluíndo a aplicación específica "Xabarín", a canle web Xabarín TV e a Radio Picariña.[31] Ademais, anunciouse a creación dunha canle dixital "Xabarín" Over The Top, a cal emitirá contido por internet á marxe dos operadores tradicionais de difusión.[31]

Socios do club[editar | editar a fonte]

Ao afiliarse ao Xabarín Club, os socios obteñen varios beneficios, entre eles recibir un carné como membro do club, que a súa foto do carné apareza no programa o día do seu aniversario, recibir todos os anos unha postal de felicitación do aniversario, e poder participar nos sorteos do programa.[10]

En setembro de 1994 (5 meses despois do arranque do programa) acadáronse os 15 000 socios e un ano despois, en novembro de 1995, os 40 000. No ano 1996, case tres anos despois do nacemento do club, o número de socios ascendía a 66 000 e a súa presenza xa estaba implantada en todos os concellos de Galicia.[32] No ano 1997, en abril, xa tiña 70 000. No ano 1999, en maio, o número de socios do club acadara os 90 000, representando o 25% dos nenos galegos da época.[33][34] No ano 2004, unha década despois do seu nacemento, contaba con máis de 110 000 socios afiliados,[35] chegando á cifra de 138 000 no ano 2013.[36] No ano 2017, o Xabarín Club contaba con case 150 000 socios.[15] No ano 2021, o Xabarín Club chegou á cifra récord de 146 000 socios.[11] Segundo os rexistros históricos do programa, entre 1994 e 2021 arredor dun 30% dos nenos galegos son ou foron socios.[11]

Series emitidas[editar | editar a fonte]

Series galegas[editar | editar a fonte]

Series internacionais[editar | editar a fonte]

Logo das Bólas Máxicas.
Logo de Dragon Ball Z.
Logo do Detective Conan.
Logo da Pantera Rosa.
Logo da Evangelion.

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Xabarín Club foi Premio Galicia de Comunicación no ano 1994. En 1996 recibiu o premio AGAPI ao mellor programa de televisión. En 1997, recibiu o Premio Ourense á mellor iniciativa a prol da banda deseñada galega. En 1998, recibiu o Premio TV Joven avalado polo Centre de Recherche Scientifique e o Conseil Internationale du Cinema et de la TV da UNESCO.[36][80]

En 2021, foi Premio Rebulir da Cultura Galega.[81]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Resultado
2012 Premio de Honra Fernando Rey Gañador[82]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suso Iglesias: "Antes no había Wikipedia, pero había gente sabia"". Faro de Vigo (en castelán). 9 de agosto de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  2. "Xabarín Club cumple 26 años: el programa infantil gallego que conquistó a una generación". El Español. 19 de abril de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  3. "Morre aos 35 anos o actor e músico galego Esteban Yáñez". La Voz de Galicia. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  4. "Muere Esteban Yáñez, actor en 'Xabarín Club' y 'Pratos Combinados', a los 35 años por coronavirus". 20 Minutos. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  5. Pérez Pena, Marcos (20 de abril de 2017). ""Esa 'Xeración Xabarín' hoxe é o sector máis activo da sociedade e iso incrementa a importancia do programa"". Praza Pública. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  6. Uvigo.tv (ed.). "Historia da dobraxe en Galicia". Consultado o 11 de xaneiro de 2015. 
  7. 7,0 7,1 Freixanes, Víctor F. (20 de setembro de 2020). "A xeración do xabarín". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  8. Ficha na web de culturagalega.org
  9. Juanillo Esteban: Son a voz do Xabarín Arquivado 22 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. entrevista na TVG
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Cidrás, Aldara (18 de abril de 2019). "A nostalxia e a xeración Xabarín". Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Capelán, Brais (17 de maio de 2021). elespanol.com, ed. "Xabarín Club: máis que unha canle, unha filosofía de vida para varias xeracións de galegos". Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 
  12. "25 anos da TVG". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2010. 
  13. Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52
  14. "Aí vén o Xabarín: televisión para unha nova xeración". Nós Diario. 13 de novembro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  15. 15,0 15,1 crtvg.es, ed. (19 de xuño de 2017). "Xeración Xabarín en Con Amor e compañía". Consultado o 9 de decembro de 2022. 
  16. Pérez Pena, Marcos (15 de marzo de 2013). "A potencia da 'Xeración Xabarín'". Praza Pública. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  17. 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63, decembro 2018.
  18. culturagalega.gal (ed.). "Os vixilantes do Camiño en Culturagalega.gal". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  19. "Xabarín - Revista Oink!". Miguelanxo Prado, web oficial. 
  20. "Quedan menos de 48h para que finalice a campaña de captación de fondos da revista Oink! en Verkami". Praza. 
  21. "OINK! Unha revista para a rapazada". Verkami. 
  22. "Pechan a páxina web non oficial da Xeración Xabarín" Código Cero
  23. "Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG" Praza Pública
  24. Xabarín TV-Canles directos TVG-CRTVG
  25. A programación para os máis pequenos, agora dispoñible en móbiles e tabletas a través da App 'Xabarín TVG'-Información corporativa da CRTVG-CRTVG
  26. "12/03/2019". Celebramos os 25 anos do Xabarín Club con concertos na Sala Capitol. Consultado o 19/05/2020. 
  27. "A por unha nova xeración Xabarín". Faro de Vigo. 17 de maio de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  28. "A Mesa espera que a nova Lei do audiovisual do Estado recolla a demanda unánime do Parlamento Galego". Nós Diario. 24 de novembro de 2021. 
  29. "A iniciativa Xabarín entra no Parlamento". Nós Diario. 7 de abril de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  30. "El Parlamento de Galicia aprueba la iniciativa 'Xabarín' para reforzar la programación infantil en gallego". GaliciaPress (en castelán). 12 de maio de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  31. 31,0 31,1 31,2 "Así avanza a Iniciativa Xabarín na CRTVG". Nós Diario. 18 de xuño de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  32. Xeración Son Goku (ed.). "Datos dos socios do Xabarín Club (1996)". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  33. González, Paula (18 de outubro de 2021). "Hemeroteca 1999. La TVG celebra los cinco años con Xabarín con la emisión de «Os vixilantes do Camiño»". venagalicia.gal (A Coruña). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  34. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 1999. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  35. "«Xabarín Club» celebra o seus dez anos apelando á nostalxia dos socios". La Voz de Galicia. 16 de abril de 2004. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  36. 36,0 36,1 Antón Losada Trabada. "Xabarín forever". El País. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  37. crtvg.es (ed.). "As aventuras de Minchi en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  38. crtvg.es (ed.). "Os Axóuxeres en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  39. crtvg.es (ed.). "Os Bolechas en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  40. crtvg.es (ed.). "Os Bolechas One2Three en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  41. crtvg.es (ed.). "Caracois en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  42. crtvg.es (ed.). "Cocorico en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  43. crtvg.es (ed.). "Os contos do camiño en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 44,5 44,6 Series que se están a emitir na G2.
  45. crtvg.es (ed.). "O teacher e os Bolechas en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  46. crtvg.es (ed.). "O sabedoiro en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  47. crtvg.es (ed.). "Os vixilantes do Camiño en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2011. 
  49. crtvg.es (ed.). "O albor dos Croods en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  50. crtvg.es (ed.). "O amigo Ed en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  51. crtvg.es (ed.). "As andanzas do Gato con Botas en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  52. 52,00 52,01 52,02 52,03 52,04 52,05 52,06 52,07 52,08 52,09 52,10 52,11 52,12 52,13 52,14 52,15 52,16 52,17 52,18 52,19 52,20 52,21 Series que se están a emitir no Xabarín Club e na tvG2 (inicialmente G2).
  53. crtvg.es (ed.). "As aventuras de Rocky e Bullwinkle en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  54. crtvg.es (ed.). "Banana Cabana en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  55. crtvg.es (ed.). "Betty Atómica en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  56. crtvg.es (ed.). "O carteiro Pat en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  57. 57,0 57,1 57,2 57,3 57,4 Series que se están a emitir no Xabarín Club.
  58. crtvg.es (ed.). "Dinotrux en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  59. crtvg.es (ed.). "Doraemon, o gato cósmico en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  60. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2011. 
  61. crtvg.es (ed.). "Era unha vez... A vida en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  62. crtvg.es (ed.). "Era unha vez... Os inventores en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  63. crtvg.es (ed.). "Miracle Tunes en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  64. crtvg.es (ed.). "Moby Dick e o segredo de Mu en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  65. crtvg.es (ed.). "Monster Allergy en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  66. crtvg.es (ed.). "Mysticons en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  67. crtvg.es (ed.). "Noddy detective en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  68. crtvg.es (ed.). "A nosa casa, as aventuras de Tip e Oh en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  69. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2000. Consultado o 18 de maio de 2022. 
  70. crtvg.es (ed.). "Planeta Fantasía en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  71. crtvg.es (ed.). "Rántaro, o ninja pequeno en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  72. crtvg.es (ed.). "Salve, Rei Julien en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  73. crtvg.es (ed.). "Sherlock Holmes en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  74. crtvg.es (ed.). "Spirit, galopando ceibe en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  75. crtvg.es (ed.). "Telmo e Tula en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  76. crtvg.es (ed.). "A tropa de trapo en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  77. crtvg.es (ed.). "Tutu en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  78. crtvg.es (ed.). "Voltron, o defensor do universo en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  79. crtvg.es (ed.). "Yakari en Xabarín TV". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  80. culturagalega.gal (ed.). "O Xabarín Club en culturagalega.gal". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  81. culturagalega.org (2021-07-28). "O xurado recoñece as traxectorias e achegas culturais de cada un dos premiados". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-28. 
  82. Televisión de Galicia (ed.). "Reportaxe sobre o programa Xabarín Club de TVG, premio de Honra dos Mestre Mateo 2013". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV.AA. (2018): 25 anos do Xabarín, toda unha xeración. Revista Luzes nº 63. ISSN 2387-1431.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]