Manuel Dopazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Dopazo Gontade")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Dopazo
Nacemento10 de maio de 1882
 Silleda
Falecemento28 de abril de 1952
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Manuel Dopazo Gontade, nado en Manduas (Silleda) o 10 de maio de 1882 e falecido en Buenos Aires o 28 de abril de 1952, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dos labregos Francisco Dopazo e Dolores Gontade, aprendeu a tocar a gaita cando pícaro. En 1892 presentouse por vez primeira a un concurso de gaitas en Santiago de Compostela e de novo en 1894, acadando o primeiro premio.

En 1902 foxe do país cara a Arxentina. Vai acompañado da moza Margarita Perfecta Collado, coa que casa en 1906, tendo 11 fillos. Na Arxentina consagrou a súa vida á tocar a gaita e mesmo aprendeu a fabricar esta. Soamente regresou a Galiza en 1923 co gallo dunha visita á nai.

Manuel Dopazo gravou discos e chegou a cantar e tocar ao mesmo tempo, arte que poucos gaiteiros souberon desenvolver. Así mesmo, actuou en dous filmes co seu grupo en escenas festivas:

  • Cándida (Luis Bayón Herrera, 1939, EFA), con Niní Marshall e Juan Carlos Thorry
  • La calle junto a la luna (Román Viñoly Barreto, 1951, Emelco), con Narciso Ibáñez Menta e Enrique Serrano.

Ademais, compuxo numerosas pezas para gaita e destacou na fabricación de gaitas, oficio que aprendeu na Arxentina. Manuel faleceu aos 70 anos o 28 de abril de 1952, feito que produciu un fondo pesar na colectividade.

Homenaxe[editar | editar a fonte]

No ano 2006, inaugurouse na vila da Bandeira un auditorio que leva o seu nome, lugar de ensaio da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira e de varios grupos máis desta vila[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do Auditorio Municipal Manuel Dopazo na web municipal". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2016. Consultado o 23 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]