Mactan
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Filipinas | ||||
| Rexión | Visayas Centrais (pt) | ||||
| Provincia | Cebú | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 467.824 (2015) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 65 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Altitude | 6 m | ||||
Mactan é unha illa filipina situada fronte ás costas da illa de Cebú, na provincia de Cebú. Está subdividida entre as municipalidades de Córdova e a súa capital, Lapu-Lapu. En 2015 tiña 467 824 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1521 tivo lugar a batalla de Mactan, na que os nativos da illa baixo o mando do seu xefe Lapu-Lapu, se enfrontaron aos soldados españois. Nela faleceu Fernão de Magalhães, que comandaba a expedición.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]Conéctase á illa de Cebú a través de dúas pontes, a ponte de Marcelo Fernan e a de Mactán. Na illa atópase o Aeroporto Internacional Mactan-Cebú, o segundo máis importante en tráfico de Filipinas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
