Saltar ao contido

Enver Hoxha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnver Hoxha

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sq) Enver Halil Hoxha Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Gjirokastër, Albania Editar o valor en Wikidata
Morte11 de abril de 1985 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Tirana, Albania Editar o valor en Wikidata
Causa da mortefibrilación ventricular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTirana Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Albania
23 de outubro de 1944 – 19 de xullo de 1954
Ministro de Defensa
23 de outubro de 1944 – 31 de xullo de 1953
Presidente
8 de novembro de 1941 – 11 de abril de 1985
← Ramiz Alia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaHoxhaismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Moscow State Linguistic University (en) Traducir
Universidade Libre de Bruxelas
Universidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente (pt) Traducir
Instituto Marx-Engels-Lenin (pt) Traducir
Universidade Libre de Bruxelas
Universidade de Montpellier
Albanian National Lyceum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés
Partido Comunista da Bélgica (pt) Traducir
Partido do Traballo de Albania Editar o valor en Wikidata
MovementoAteísmo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rango militarGeneral de exército (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Exército Popular Albanês (pt) Traducir, Fronte de Liberación Nacional de Albania e Forças Armadas da Albânia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial
guerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNexhmije Hoxha Editar o valor en Wikidata
FillosIlir Hoxha Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ходжа Энвер)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX973436 WikiTree: Hoxha-2 Find a Grave: 7719503 Editar o valor en Wikidata

Enver Halil Hoxha (ɛnˈvɛɾ ˈhɔdʒa Sq-Enver Hoxha.ogg (Escuchar) ), nado en Gjirokastra o 16 de outubro de 1908 e finado en Tirana o 11 de abril de 1985, foi un xefe de Estado e ditador albanés, dirixente da República Popular de Albania dende 1944 ata a súa morte. Desempeñou as funcións de secretario xeral do Partido do Traballo de Albania (PPSH) entre 1941 e 1985, así como o cargo de primeiro ministro de Albania entre 1944 e 1955.

Completou a educación secundaria no Liceo Nacional de Albania (Korçë) e máis tarde obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Montpellier. Aínda que de novo xa mostraba interese pola política, a súa experiencia en Francia foi a que o levou a militar en organizacións comunistas. En 1941, durante a segunda guerra mundial, foi un dos fundadores do Partido Comunista de Albania e combateu cos partisanos albaneses que liberaron o país en 1944, primeiro dos invasores italianos e despois do exército alemán. A través do Consello Antifascista de Liberación Nacional, presidido por el, o novo goberno derrogou o réxime monárquico de Zog I para establecer a República Popular de Albania.

Os 41 anos de mandato ininterrompido de Hoxha divídense en dúas etapas: a primeira (1944-1976) caracterizada por alianzas temporais con potencias socialistas —Iugoslavia, a Unión Soviética e a República Popular da China—, e unha segunda (1976-1985) marcada polo isolacionismo, o antirrevisionismo e o seguimento ortodoxo do marxismo-leninismo. Do seu goberno destacouse a defensa do stalinismo, a eliminación de todo tipo de oposición a través de métodos que incluían a pena de morte[1][2] a transformación do país cara a unha economía industrializada e autoabastecida, o ateísmo de Estado o establecemento dunha policía secreta para a represión política da poboación (Sigurimi) e, nos seus últimos anos, o illamento internacional en que quedou sumida Albania.

Logo da súa ruptura coa URSS, varias organizacións internacionais declaráronse hoxhaístas. A máis importante foi a Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxista-Leninistas.

  1. "Varja e Havzi Nelës, PD zbardh vendimin dhe firmën e Kristaq Ramës - Arkiva Shqiptare e Lajmeve". www.arkivalajmeve.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2016. 
  2. "Poeti disident Havzi Nela...". Klosi News. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]