Transbordador espacial Discovery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O transbordador Discovery na rampla de lanzamento.

O transbordador espacial Discovery, designación OV-103 (Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o terceiro transbordador da frota e fixo 39 misións nos seus 27 anos de servizo. Fixo a súa última aterraxe o 9 de marzo de 2011, ó regreso da misión STS-133.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Wade (2011). "Discovery" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transbordador espacial Discovery