Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.
Segundo o censo de 2000, en Galicia había unha comunidade xitana duns 9.000 individuos.[9] En España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, asentada principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.
O 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano.[10][11] A data conmemora o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.
O Goberno de España declarou o ano 2025 como Ano do Pobo Xitano para conmemorar a súa chegada á península ibérica hai 600 anos. O obxectivo desta declaración foi avanzar cara o recoñecemento e reparación histórica desta etnia, e a escolla da data tomou como referencia o salvoconduto concedido por Afonso V de Aragón en 1425 a un grupo de xitanos para que puidesen viaxar libremente polos seus reinos.[12]
A palabra "xitano" procede de "exiptano", porque no século XV se pensaba que os xitanos procedían de alí. Cando penetraron en Europa, moitos grupos de xitanos presentábanse a si como "nobres exipcianos"; así en 1425, dous rom pediron un salvoconduto ao rei Xoán II de Aragón, no que se facían chamar "condes do Exipto Menor". A palabra "calé" parece proceder do hindustano kâla, que significa "negro".
↑"Rom". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 15 de setembro de 2010. According to Encyclopaedia Britannica, estimates of the total world Romani population range from two million to five million.
↑"Online version". Consultado o 15 de setembro de 2010. Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Ian Hancock's 1987 estimate for "all Gypsies in the world" was 6 to 11 million.
↑R7, ed. (2011). "Falta de políticas públicas para ciganos é desafio para o governo"(en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2012. The Special Secretariat for the Promotion of Racial Equality estimates the number of "ciganos" (Romanis) in Brazil at 800,000 (2011). The 2010 IBGE Brazilian National Census encountered gypsy camps in 291 of Brazil's 5,565 municipalities.