Kavafis
| Kavafis | |
|---|---|
Kavafis, arredor do 1900 en Alexandría | |
| Nome completo | Κωνσταντίνος Καβάφης |
| Nacemento | 29 de abril de 1863 e 1863 |
| Alexandría | |
| Falecemento | 29 de abril de 1933 (70 anos) |
| Alexandría | |
| Causa | cancro |
| Nacionalidade | Imperio Otomán, Exipto e Grecia |
| Etnia | Gregos e Greeks in Egypt |
| Ocupación | poeta, escritor, funcionario e xornalista |
| Pai | sen etiquetar |
| Nai | sen etiquetar |
| Coñecido/a por | The Cavafy Publications 1891-1934 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Constantine P. Cavafy, ou Konstantin ou Konstantinos Petrou Kavafis, ou Kavaphes (en grego Κωνσταντίνος Π. Καβάφης) (29 de abril de 1863 - 29 de abril de 1933) foi un poeta grego que figura entre os autores máis relevantes do século XX. Traballou tamén como xornalista e funcionario.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Kavafis naceu en Alexandría. O seu pai era un importador e exportador acomodado. Porén, á súa morte, en 1870, a familia trasladouse a Liverpool, aínda que retornaría a Alexandría en 1882. No medio dos disturbios de 1885, escaparon a Constantinopla temporalmente. Kavafis permaneceu en Alexandría o resto da súa vida, visitando Grecia en tres ocasións (1901, 1903 e 1932) como para demostrar que era e se sentía grego - aprendera grego durante a adolescencia e esta foi a súa única lingua poética. Comezou traballando de xornalista, mais logo obtivo un posto no Ministerio Exipcio de Obras Públicas, no que permaneceu trinta anos.
Entre 1891 e 1904 publicou a súa poesía en panfletos que facía circular entre os seus amigos próximos e recibiu pouco recoñecemento durante a súa vida, ao que contribuíu o seu modo de vida recluído. Os versos compostos durante a súa primeira época empregan unha lingua depurada. Posteriormente utilizou a lingua falada, enriquecida con formas dialectais de Constantinopla e con vocábulos tirados da tradición clásica. Os poemas completos foron publicados en 1935 como Poemas de C.P. Kavafis (Ποιήματα, Piimata).
O mundo que Kavafis presenta é decadente, mais non o fai á moda da poesía europea da época, senón inspirándose no mundo pagán-cristián que esmorecía en Alexandría para mistificar ou sublimar as súas emocións persoais. Os seus poemas son retratos concisos mais íntimos de sociedades e personaxes, reais ou literarios. A homosexualidade e a saudade figuran entre os seus temas característicos: o amor homosexual, cantado ás veces con acentos violentamente sensuais ou con nostalxia e tristura, a imposibilidade de reter a beleza, a historia como terreo de enfrontamento entre o home e o destino, e a evocación mítica con tons de austeridade estoica.
Desde a súa morte, a súa reputación non fixo senón medrar, e actualmente está considerado como un dos mellores poetas gregos modernos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
| A Galicitas posúe citas sobre: Kavafis |