Eva Braun
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Eva Anna Paula 6 de febreiro de 1912 Múnic |
| Morte | 30 de abril de 1945 Führerbunker |
| Causa da morte | suicidio |
| Lugar de sepultura | valor descoñecido |
| Relixión | Católico non practicante |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Viaxeiro no tempo |
| Lugar de traballo | Alemaña Nazi |
| Ocupación | fotógrafa, photo lab technician (en) |
| Empregador | Heinrich Hoffmann |
| Familia | |
| Cónxuxe | Adolf Hitler (1945–1945), morte do cónxuxe |
| Parella | Adolf Hitler (1945–1945) |
| Pais | Friedrich Otto Wilhelm Braun |
| Irmáns | Gretl Braun Ilse Braun |
| Parentes | Hermann Fegelein, cuñado Paula Hitler, cuñada Angela Hitler, cuñada Ida Hitler, cuñada Otto Hitler, cuñado Gustav Hitler, cuñado Alois Hitler, cuñado Edmund Hitler, cuñado Klara Pölzl, sogra Alois Hitler, sogro |
| Descrito pola fonte | NDB-online (en) |
Eva Anna Paula Hitler, nada co apelido Braun en Múnic o 6 de febreiro de 1912 e finada en Berlín o 30 de abril de 1945, foi a amante de Adolf Hitler e, durante menos de 40 horas, a súa dona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Friedrich Braun, mestre de escola, e Franziska Kronberger, modista, educouse nun colexio de monxas e era amante do deporte, en especial do atletismo. En 1929 entrou a traballar na tenda de fotos de Heinrich Hoffman (o fotógrafo oficial do Partido Nazi) e en outubro dese mesmo ano coñeceu a Adolf Hitler. A relación entre Eva Braun e Hitler, levouse con total discreción e segredo.
Tralo suicidio de Geli Raubal (a filla da medio irmá de Hitler), en 1931 intensificouse a relación, aínda que tamén mantivo outras relacións, como a da actriz Renate Müller.
Para chamar a atención de Hitler, ocupado na preparación das eleccións do 6 de novembro de 1933, o 1 de novembro Eva Braun disparouse un tiro no pescozo. O 29 de maio de 1935, por temor a que Hitler a abandonase, realizou a súa segunda tentativa de suicidio, coa inxestión de 35 pílulas para durmir. Tras este intento marchou a vivir coa súa irmá a unha casa alugada, deixou a tenda e finalmente Hitler mercoulle unha casa nun suburbio próximo a Múnic. A relación intensificouse e comezou a acudir a Berghoff, a residencia de descanso de Hitler: alí afeccionouse a rodar filmes caseiros, entre eles algúns dos primeiros en cor rodados en Alemaña.
A comezos de abril de 1945 uniuse a Hitler no búnker da chancelaría, rexeitou marchar en avión e decidiu permanecer con Hitler ata o final. Na noite do 28 ao 29 de abril casa con Adolf Hitler. O 30 de abril suicidouse xunto a Hitler e o persoal do búnker queima os corpos.