Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei
| Soutelo de Montes | |
|---|---|
Praza do gaiteiro en Soutelo. | |
| Parroquia | A Madanela de Montes |
| Concello | Forcarei |
| Coordenadas | 42°32′05″N 8°18′03″O / 42.534606869322, -8.3007929210109 |
| Poboación | 405 hab. (2020) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei. É a segunda de maior poboación deste concello.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que o ano anterior.[1]
Evolución da poboación de Soutelo de Montes dende 2000:[1]

Historia
[editar | editar a fonte]No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada. Os xuíces-meriños tiveron que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até as xurisdicións especiais seren abolidas en 1811.
Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes. Formaban parte del as freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras. En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, aínda que entre 1858 e 1862 se denominou Soutelo de Montes.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Festa do cogomelo, en novembro.
- Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, o 18 de agosto de 1973.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]
O palacete modernista coñecido como a Casa de González Barros é unha singular vivenda familiar construída na primeira metade do século XX e situada no alto do núcleo urbano de Soutelo de Montes. Destaca polo seu estilo modernista de inspiración gaudiana. Constitúe un dos referentes da arquitectura modernista na Terra de Montes. Actualmente encóntrase en venda e presenta un estado de conservación razoablemente bo.[2][3][4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Casa de González Barros.
- Vista de Soutelo de Montes.
- Vista de Soutelo un día de neve.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2021-05-16.
- ↑ Javier Hidalgo // El Califa del Norte (2023-05-18). "Casa Modernista de González Barros a vista de dron (Soutelo de Montes - Forcarey - 14/05/2023)". Consultado o 2025-12-16.
- ↑ "Casa modernista de González Barros". Turismo.gal. Consultado o 16 de decembro de 2025.
- ↑ "La casa modernista de Soutelo de Montes, a la venta por 450.000 euros en un portal inmobiliario". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-20. Consultado o 2025-12-16.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Madanela de Montes
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Madanela de Montes no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Ameixeiras | Os Codesás | A Graña | A Madanela | San Xusto | Sanguñedo | Soutelo de Montes | Trasdomonte | Ventosela |