A guerra das galaxias (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A guerra das galaxias
Star Wars Logo 2.svg
Logotipo orixinal de Star Wars
Ficha técnica
Título orixinal
  • Star Wars
  • Star Wars: Episode IV - A New Hope (dende 1999)
DirectorGeorge Lucas
ProdutorGary Kurtz
GuiónGeorge Lucas
Intérpretes
MúsicaJohn Williams
FotografíaGilbert Taylor
Montaxe
EstudioLucasfilm
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFlag of the United States.svg 25 de maio de 1977
Duración121 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroCiencia ficción, Aventuras
Orzamento11 000 000 $[3][4]
Recadación775 398 007 $[3]
Filme anteriorRogue One
Filme seguinteO imperio contraataca

Star Wars é unha película estadounidense de 1977 do subxénero de ciencia ficción space opera,[5] escrita e dirixida por George Lucas;[6] renomeada como Star Wars: Episode IV - A New Hope en 1999. En galego titulouse orixinalmente A guerra das galaxias e tras ser renomeada coñécese como A guerra das galaxias: Episodio IV - Unha esperanza nova ou Star Wars: Episodio IV - Unha esperanza nova. Foi a primeira película que se estreou da saga Star Wars, e ordénase como a cuarta en termos da súa cronoloxía interna. Dous filmes subseguintes continuarían a trama da triloxía orixinal (O imperio contraataca e O retorno do Jedi), namentres que outra triloxía (The Phantom Menace, Attack of the Clones e Revenge of the Sith) describiría os eventos previos a A guerra das galaxias, centrada en torno ó antagonista principal Darth Vader. A estrea desta precuela provocou o cambio no título orixinal da primeira película, que pasou a incorporar o número de episodio IV (catro en numeración romana) e o subtítulo A New HopeUnha esperanza nova» en galego).

O guión foi redactado por George Lucas mentres dirixía a súa primeira longametraxe, influenciado principalmente polos cómics de Flash Gordon, as películas sobre samurais de Akira Kurosawa e a obra The Hero with a Thousand Faces de Joseph Campbell. Ó finalizar o Festival de Cannes de 1971, Lucas firmou un acordo coa produtora Universal Studios para realizar dúas películas, que máis tarde se converterían en American Graffiti e Star Wars. O elenco estivo integrado por Mark Hamill, Harrison Ford, Carrie Fisher, Peter Cushing, Alec Guinness, Anthony Daniels, Kenny Baker, Peter Mayhew e David Prowse; a rodaxe realizouse na estepa tunisiana, Londres e Guatemala. Os efectos especiais correron a cargo de Industrial Light & Magic, empresa creada especificamente para esta película.

A trama describe a historia dun grupo de guerrilleiros —coñecidos como a Alianza Rebelde— que ten como obxectivo destruír a estación espacial Estrela da Morte, creada polo opresor Imperio Galáctico. Dende unha perspectiva xeral, a historia enfócase nun mozo campesiño chamado Luke Skywalker, quen, de xeito repentino se converte nun heroe conforme acompaña ó Mestre Jedi Obi-Wan Kenobi, nunha misión que o levará a unirse a Alianza Rebelde para axudarlles a destruíla estación espacial do Imperio.

A partir do seu lanzamento mundial, o 25 de maio de 1977, foi considerada un fito na historia do cine, principalmente polo uso de efectos especiais innovadores na época. Ademais, é unha das películas de máis éxito de tódolos tempos, así como unha das máis influentes na cinematografía contemporánea. Obtivo sete premios Oscar dun total de dez candidaturas (incluíndo a de «mellor película», que perdeu fronte a Annie Hall de Woody Allen). Star Wars converteuse na película que acadou máis recadación de tódolos tempos, superando a Tiburón (1975), alcanzando unha cifra superior ós 775 millóns USD en todo o mundo, e mantivo o récord ata que foi superada por E.T. the Extra-Terrestrial (1982) de Steven Spielberg. En 1989 a filmoteca National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos engadiu o título á súa escolma ó considerala unha «película cultural, estética ou historicamente relevante», namentres que o guión de Lucas foi escollido polo gremio Writers Guild of America como un dos mellores xamais redactados.

A película foi reeditada en varias ocasións a instancia de George Lucas, incorporando moitos cambios que inclúen; a adición de imaxes xeradas por ordenador, alteración de diálogos, reedición de secuencias, banda sonora mesturada e escenas engadidas.

Produción[editar | editar a fonte]

A descrición detallada acerca de como se iniciou A guerra das galaxias non puido ser determinada a consecuencia das diferentes declaracións emitidas por George Lucas, as cales tenden a cambiar co transcurso do tempo.[7][a]

Guión[editar | editar a fonte]

Tras finalizar a rodaxe de THX 1138, United Artists firmou un contrato con George Lucas para a realización de American Graffiti e A guerra das galaxias. Pouco despois, a compañía abandonou os proxectos.[8]

En 1971 o director George Lucas empezou a concibir as primeiras ideas sobre A guerra das galaxias[9] mentres finalizaba a produción da súa primeira longametraxe THX 1138, non obstante Lucas desvelou que realmente o proxecto xurdiu incluso antes de dirixir THX 1138.[10] Influenciado directamente polas historietas do personaxe ficticio Flash Gordon[11] intentou en van obter os dereitos destas para realizar unha adaptación cinematográfica.[12]

Tras finalizar a rodaxe da súa primeira película, e en pleno Festival de Cine de Cannes, a compañía United Artists firmou un contrato co director para a realización de dúas películas. A primeira reflectiría a xuventude estadounidense de principios da década de 1960 (American Graffiti), mentres que a outra xiraría en torno a unha space opera denominada The Star Wars. Pero United Artists desligouse da primeira xusto cando Lucas comezaba a escribir o guión. Universal Studios, en cambio, accedeu a encargarse da produción e distribución do filme,[8] o cal se estreou en 1973. Tras finalizar American Graffiti o director comezou a enfocar a súa atención en The Star Wars, empezando a redactar os primeiros bosquexos en xaneiro dese mesmo ano. Por aquel entón, aínda se descoñecía a recepción alcanzada por American Graffiti, non contaba cunha estrutura ben definida de tódolos detalles vinculados á space opera.[8]

Primeiros escritos[editar | editar a fonte]

O proceso de redacción do guión comezou de forma progresiva, conforme Lucas ía engadindo os elementos principais da trama. Deste modo inventou varios nomes que serían asignados a unha personalidade en particular, os cales tiñan en común o feito de posuír unha estraña pronunciación. Malia que a maioría foron descartados en revisións posteriores do escrito orixinal unha boa parte conseguiu ser introducida no guión definitivo e nas continuacións da película. Entre estes encóntranse «Luke Skywalker» e «Han Solo». De igual xeito outros serían considerados durante a produción da triloxía previa ós sucesos de A guerra das galaxias, sendo o caso do personaxe Mace Windu, quen logo pasou a ser coñecido simplemente como Windu. Deseguido Lucas compilou os seus bosquexos para conformar unha sinopse de dúas páxinas de extensión titulada The Journal of the Whills, relato —acerca do fillo dun famoso piloto que logo sería instruído como aprendiz de «Padawan» por un respectable «Jedi-Bendu»—[13] que non tiña moito que ver co escrito que sería considerado para a adaptación cinematográfica.[13] Empeñado en crear un novo escrito que resultara máis comprensible para os estudios Universal[14] Lucas decidiu basearse nos elementos narrativos de A fortaleza escondida (1958) do director Akira Kurosawa.[15] De xeito similar ó acontecido con Flash Gordon, tentaría adquirir os dereitos para unha nova versión fílmica de A fortaleza escondida, sen progresar tampouco esta vez na súa pretensión.[16] Finalmente decidiu crear un escrito de 14 páxinas inspirado no libro The Films of Akira Kurosawa de Donald Richie. A sinopse tiña varias similitudes coa película de Kurosawa, co que semellaba un texto idéntico onde a única diferenza radicaba nos nomes e nos escenarios principais da historia.

A negociación con 20th Century Fox[editar | editar a fonte]

Pouco despois de crear o extracto, idéntico a A fortaleza escondida, Universal Studios desligouse da película pensando que o seu orzamento se tornaría demasiado arriscado como para investir nela. Ante isto Lucas reuniuse co produtor executivo de 20th Century Fox Alan Ladd Jr. —fillo do actor de cine negro Alan Ladd—, con quen firmou un contrato para comezar a rodaxe de The Star Wars en xuño de 1973. Probablemente a razón primordial pola cal Alan Ladd Jr. decidiu apoialo era a fe que tiña nas capacidades de George Lucas, quen chegaría a puntualizar, «Ladd inverteu en min, non na película».[17] Coa sinatura do contrato o financiaciamento para o filme alcanzou a cifra de 150 000 USD, co cal o director redactaría o guión e comezaría a rodaxe; a partir da súa última sinopse completou o seu primeiro guión en maio de 1974.

O Alaskan Malamute de Lucas, chamado Indiana, serviu de inspiración para crear o personaxe de Chewbacca, acompañante de Han Solo. Anos despois o seu nome sería considerado para o icónico aventureiro Indiana Jones.[18]

O primeiro libreto de Star Wars incorporou de novo os jedi, que foran descartados nos anteriores escritos, así como ós principais antagonistas da historia, é dicir, os sith. Ademais o protagonista sufriu un cambio radical na súa concepción, pois inicialmente era un xeneral adulto e neste texto comezou a ser descrito como un adolescente. O xeneral permanecería na trama como un dos personaxes integrantes dunha familia de ananos.[17][18] Por outra banda o contrabandista do planeta Corellia, Han Solo, era un gran monstro verde con galadas que tiña como acompañante ideal a criatura Chewbacca, inspirada en Indiana (nome do Alaskan Malamute de Lucas, nome que tamén serviría de inspiración para o personaxe de Indiana Jones).[18] Os elementos restantes serían perfeccionados nas seguintes revisións, posto que o cineasta estaba máis concentrado nos eventos do argumento que nos personaxes e escenarios.[19] A sinopse que unha vez chegou a ser idéntica á película de Kurosawa agora comezaba a diverxer coa inclinación de Lucas pola ciencia ficción a partir do estudo e análise dalgunhas películas, libros e cómics distintivos do xénero.[20] Un dos conceptos indispensables que daría forma á trama principal —a relación familiar entre un jedi e o seu fillo, quen logo sería instruído por un dos amigos de seu pai para converterse nun mestre jedi— foi introducida no primeiro guión, a única diferenza xiraba en torno a que o pai era un heroe que aínda vivía durante as primeiras secuencias.[21] Tamén foi descrito por primeira vez o antagonista Darth Vader, quen peculiarmente era visto por Lucas como un heroe caído máis que como un supervilán.

Malia que se entretivo con outros proxectos momentos antes de volver a revisar o guión orixinal, Lucas finalizou un segundo guión en xaneiro de 1975. Este novo escrito aínda presentaba algunhas diferenzas substanciais entre os personaxes e as súas relacións individuais. Por exemplo Luke (apelidado orixinalmente «Starkiller») tiña varios irmáns e seu pai aparecía en escena xusto antes de finalizar a historia. Debido a isto o segundo libreto de Star Wars interpretábase máis ben como un conto de fadas que como un relato de acción e aventura, típico dos escritos anteriores. Cabe mencionar que esta redacción concluía cun texto que avanzaba mencionando os vindeiros acontecementos que continuarían a historia, sendo daquela a primeira vez que se introducía o concepto dos textos que avanzaban pola pantalla para explicar o contexto de cada nova película de Star Wars. Ademais introduciu o concepto da conversión dun jedi á orde escura dos sith, especificamente dun membro notable que optaría por continuar coa súa instrución cun mestre sith para perfeccionar as súas habilidades. Pouco despois o ilustrador Ralph McQuarrie foi contratado para representar os anteriores conceptos en escenas visuais que acompañarían o segundo guión, unha vez que fora entregado ós estudios Fox.[22]

Últimas revisións[editar | editar a fonte]

Un terceiro libreto foi redactado por Lucas e concluído o 1 de agosto de 1975 baixo o título The Star Wars: From the Adventures of Luke Starkiller. Este novo escrito contiña a maior parte dos elementos definitivos da película mais aínda presentaba lixeiras diferenzas nos personaxes e lugares. Por exemplo Luke describíase como un neno a quen lle morrera o pai tempo atrás.

Finalmente e tras unha revisión do guión anterior Lucas completou un cuarto e último guión o 1 de xaneiro de 1976 coa denominación The Adventures of Luke Starkiller. En colaboración cos seus amigos Gloria Katz e Willard Huyck decidiu perfeccionar os últimos detalles tralos que comezaría a etapa de produción.[23] Co éxito de American Graffiti para a crítica especializada o realizador tivo a ocasión de renegociar o seu contrato orixinal con Alan Ladd Jr., nun acto que lle garantiu os dereitos sobre futuras continuacións da película así como a «protexer» os demais bosquexos que non foran utilizados en Star Wars, co que el participaría directamente das ganancias que acadaran os produtos derivados do que pretendía ser unha serie de películas.[17][24] Durante a rodaxe continuou traballando na historia para engadir relatos secundarios, como a morte de Obi-Wan Kenobi, tras decatarse de que este non era absolutamente indispensable para as últimas secuencias.[25][26]

O escrito inexistente[editar | editar a fonte]

Con frecuencia George Lucas comentou que a triloxía orixinal foi escrita en realidade como unha única película; debido a que o guión era moi longo decidiu dividila en tres partes que logo constituirían as tres primeiras películas de Star Wars.[27][28] Non obstante ningún dos bosquexos creados por Lucas tiña máis páxinas ou escenas que o seu libreto definitivo. De calquera maneira o seu segundo guión podería ser o escrito ó cal fixo referencia nos seus enunciados.[29] Na súa obra The Secret History of Star Wars, Michael Kaminski dixo que ese libreto foi estruturado dun xeito similar ó que despois se convertería no guión final, engadindo que só algúns dos seus elementos foron retomados nas continuacións de A guerra das galaxias, tales como a escena da persecución no campo de asteroides (trasladada a O Imperio contraataca) e unha batalla no bosque onde participan wookiees (en O retorno do Jedi os wookies serían substiuídos por ewoks). Ademais Kaminski suxeriu que ningún dos principais fíos argumentais nos que están baseadas as secuelas estivo presente en anteriores escritos, desmentindo entón o mencionado por Lucas.[29] Tempo despois o cineasta admitiría todo isto.[30]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

En 1975 George Lucas constituíu a empresa de efectos especiais Industrial Light & Magic (ILM) trala desaparición do departamento respectivo pertencente a 20th Century Fox. A partir disto o proceso de realización dos efectos que acompañarían a Star Wars comezou nun almacén de Van Nuys, California, con base na técnica de «control fotográfico do movemento»,[b] coa que se crearía unha ilusión óptica en canto ó tamaño dalgúns obxectos, empregando cámaras pequenas que se moven lentamente. As naves espaciais foron construídas a partir de imaxes creadas por Joe Johnston, coa contribución de Lucas e ilustracións de McQuarrie. Afastándose do que el considerou como a «tradicional galanura inherente a calquera elemento da ciencia ficción», optou por utilizar o concepto dun «universo xa concibido previamente», onde tódolos obxectos (naves espaciais, edificios etcétera) se viran antigos e sucios.[17][31][32]

Edificación subterránea en Matmâta, Tunisia, que foi utilizada para representar o fogar de Luke Skywalker no planeta Tatooine.

Cando a rodaxe comezou o 22 de marzo de 1976 no deserto tunisiano para as escenas correspondentes a Tatooine,[33] o equipo de produción enfrontouse a varios problemas.[34] Entre estes destacan que a axenda de traballo no lugar atrasara a súa programación debido a que se formou unha estraña tormenta, sumado ó mal funcionamento do attrezzo e a algunhas avarías electrónicas.[35] Parte disto resulta descritible na anécdota do actor Anthony Daniels, intérprete de C-3PO na película, quen resultou ferido despois de que unha das pezas que conformaban a perna esquerda do robot rompera e atravesara o plástico que cubría o seu pé.[35] Unha vez que as tarefas en Tunisia finalizaron o equipo trasladouse ós Estudios Elstree, cerca de Londres, tras considerar que «sería un lugar mellor para filmar».[35] Non obstante volveron a xurdir outro tipo de problemas, entre os que se encontraba o pouco interese na cinta por parte do elenco principal.[17][35] Debido a que moitos deles consideraban o proxecto como «un filme infantil», optaban por non tomarse o traballo coa seriedade requirida, catalogándoo de «xocoso».[36] Tempo despois o actor Kenny Baker confesaría que dende o seu criterio a película estaba destinada a converterse nun fracaso. Para Harrison Ford (co personaxe de Han Solo) Star Wars era «un proxecto raro», posto que describía unha historia onde había unha princesa con moños no seu cabelo e «un xigante disfrazado de mono» (Chewbacca). Igualmente consideraba que os diálogos eran complexos, algo que logo lle comentaría a Lucas: «Tal vez poidas escribir todas estas parvadas, George, pero estou seguro de que nin ti poderías pronuncialas ben».[37]

Ruínas maias en Tikal, Guatemala, as cales foron utilizadas como a base rebelde no satélite Yavin IV en A guerra das galaxias.

Por outra parte Lucas tivo desacordos co director de fotografía Gilbert Taylor, a quen o produtor Gary Kurtz catalogaba como integrante «rigoroso» da «vella escola».[17] Ante isto e coa experiencia na realización de cine independente, Lucas decidiu crear a maior parte das secuencias e elementos da película pola súa propia conta. As suxestións do cineasta foron rexeitadas por un ofendido Taylor, quen sentía que Lucas o humillaba ó darlle instrucións específicas sobre como facer as cousas. De igual xeito, en varias ocasións demostrou a súa frustración polo vestiario, paraxes e algúns outros elementos, ós que non consideraba como parte da súa «visión orixinal» de Star Wars. Raramente conversaba cos actores, quen sentían que el esperaba moito máis deles cando a súa dirección era «mínima» —as principais interaccións entre Lucas e o elenco consistían en termos como «máis rápido» e «máis intenso»—.[17]

Ladd ofreceulle parte do único apoio que tiña da produtora, ante o acordo por escrutinio cos membros da xunta directiva acerca do orzamento crecente e do guión complexo. Tras dúas semanas máis de atraso Ladd díxolle a Lucas que tería que finalizar a rodaxe ó cabo dunha semana máis ou cancelaríalle definitivamente o financiamento, e por conseguinte o proxecto. Desta forma o equipo realizador dividiuse en tres unidades, dirixidas por Lucas, Kurtz e o supervisor Robert Watts como estratexia para cumprir co ultimato de Fox.[17][35]

Durante a seguinte semana o elenco tratou de animar a Lucas (intentando facelo rir, ou mínimo sorrir), que estaba deprimido a maior parte do tempo. A realización da película comezaba a facerse máis esixente, o cal lle ocasionou cadros de hipertensión arterial e cansazo. A recomendación dos médicos consistiu en reducir os seus niveis de estrés.[17][35] No entanto a posprodución conduciuno a trazos similares, e inclusive maiores, de estrés, ocasionados pola presión dos estudios Fox. A isto engadiuse que o actor Mark Hamill resultou ferido durante un accidente de tráfico, magoándose no rostro e facendo practicamente nulas as posibilidades de volver a gravar nos días seguintes calquera escena que puidera requirilo.[35]

Edición[editar | editar a fonte]

Debido a que a empresa de George Lucas, Industrial Light & Magic, buscaba brindarlle efectos especiais inéditos a Star Wars, o cineasta apoiou o equipo con regularidade ensinándolle no proceso a editar escenas dogfight (combates aéreos) de películas bélicas antigas, co que esperaba que mellorasen os seus coñecementos nesa área.[35]

Orixinalmente Star Wars ía estrearse durante o Nadal de 1976 pero cos atrasos na filmación a data foi movida ó verán de 1977. Sumándose a proximidade do prazo sinalado no ultimato, Lucas atopouse cunha primeira edición «desastrosa» da cinta levada a cabo por John Jympson. Unha vez que logrou convencer ó editor para realizar un novo corte final, substituíu o responsable da insatisfactoria labor por Paul Hirsch e Richard Chew. Ademais pediulle á súa esposa de entón Marcia Lucas que lle axudara na edición —nese instante Marcia xa estaba involucrada no filme New York, New York (1977), de Martin Scorsese—. De acordo con Chew, a edición orixinal tiña unha «paz lamentable», suxerindo que o anterior editor fixera unha labor simplista (segundo as súas propias declaracións, algunhas escenas foran unidas mediante «tomas mestras»[c] que terminaban por converterse en close-ups).[d] No sucesivo, Hirsh e Chew traballaron simultaneamente con dúas películas cada un.[17]

Namentres, Industrial Light & Magic coordinaba os seus esforzos para brindarlle efectos especiais inéditos á cinta. Ó final a empresa gastou a metade do seu orzamento en catro tomas que Lucas consideraba como inaceptables.[35] Neses momentos xurdían rumores sobre unha presunta indisciplina de varios empregados de ILM, en consecuencia o cineasta viuse na obriga de intervir con regularidade para asegurarse que se cumprira co calendario previsto.[17] Aínda con centos de tomas incompletas, ILM tivo que terminar o seu traballo dentro dun período relativo a seis meses, en lugar dun ano (que era o prazo estipulado nun inicio). Durante as súas intervencións Lucas axudou a editar as escenas dogfight (combates aéreos de avións caza) dun par de películas antigas que contiñan elementos bélicos, co cal quería inspirar os seus empregados para editar as escenas dunha maneira mellor.[17]

Efectos de son[editar | editar a fonte]

Nas miñas primeiras conversacións con George Lucas, el díxome que quería unha banda sonora orgánica, oposta ás electrónicas e artificiais que figuran como tradicionais no xénero. Así, e coa idea de deseñar un mundo visual que fora oxidado, abolado e sucio, sería necesario crear efectos de son onde houbera rinchares e motores; o que queríamos era incorporar elementos ruidosos nun mundo real. O básico en tódalas películas de Star Wars foi compoñer sons que resulten cribles para calquera, a partir de cousas que non poidan ser recoñecidas de inmediato.
Ben Burtt, deseñador de efectos de son.[38]
Nun principio, Orson Welles prestaría a súa voz a Darth Vader (interpretado fisicamente por David Prowse). Convencido de que a súa voz resultaría recoñecible con facilidade, o equipo escolleu ó pouco coñecido James Earl Jones.

Aínda co caos existente entre a produción e posprodución de Star Wars, o equipo realizador tomou importantes decisións sobre os efectos de son que serían introducidos na cinta. Como resultado, o deseñador Ben Burtt decidiu crear unha biblioteca de son, á que máis tarde Lucas definiría como «unha banda sonora orgánica».[38] Mediante a modificación do bruído dun elefante, Burtt consiguiu crear o ruído dos cazas estelares;[38] as explosións resultaron da gravación modificada dun cable de aceiro baixo tensión eléctrica que era sometido a golpes constantes, mentres que os característicos zunidos dos sabres de luz xurdiron ó mesturar os ruídos do seu televisor avariado cos emitidos por un vello proxector de 35 mm. Os disparos láser son produto dun martelo que golpea o cable dunha torre de antena de radio.[38] Canto ós vehículos, tras mesturar gravacións do caza monomotor P-51 Mustang e o popular interceptor estadounidense Lockheed P-38 Lightning, o deseñador logrou compoñer as vibracións dunha moto jet. De maneira similar, para o antigravitacional landspeeder de Luke Skywalker, gravou os estrondos da autoestrada Harbor Freeway nos Ánxeles, California.[38]

Para crear os gruñidos de Chewbacca, Burtt gravou e combinou ruídos provenientes de cans, osos, leóns, tigres e morsas, a partir dos cales conformou frases e oracións. En colaboración con Lucas, compuxo a voz robótica de R2-D2 tras pasar as súas voces a través dun sintetizador, en combinación con tubos de auga e asubíos.[38] A respiración de Darth Vader foi lograda a partir da respiración de Burtt no interior dunha máscara de mergullo (provista dun tanque de osíxeno) á que lle foi implantada un micrófono.[39] Como dato relevante, Lucas nunca intentou utilizar a voz de David Prowse (o intérprete fisicamente de Darth Vader foi descartado para prestar a súa voz debido ó seu recoñecible acento da rexión suroeste de Inglaterra). Nun principio quería que Orson Welles prestara a súa voz para o personaxe, pero axiña se convenceu de que a voz de Welles sería facilmente identificable, así que optou por escoller ó pouco coñecido James Earl Jones.[40] De igual xeito tampouco pretendía usar a voz de Anthony Daniels no caso de C-3PO. Ata trinta actores de voz participaron na audición mais finalmente decidiu utilizar a voz de Daniels confundíndoa coa audición do actor Stan Freberg.[17][18]

A aprobación de Fox[editar | editar a fonte]

Cando Lucas lle mostrou unha das primeiras edicións definitivas da película ós seus amigos, entre eles os directores Brian De Palma, John Milius e Steven Spielberg, as súas reaccións foron negativas. Spielberg, o único da audiencia en expresar a súa aprobación,[17] cría que a falta de entusiasmo dos demais se debía á ausencia de efectos especiais nas principais secuencias. Máis tarde Lucas comentou que eles foran honestos con el, semellando atordados durante a proxección especial da súa longametraxe. En contraste coa maioría, Alan Ladd e 20th Century Fox quedaron fascinados; un dos executivos, Gareth Wigan, díxolle ó director, «esta é a mellor película que vin en toda a miña vida», revelando que incluso chorara durante a exhibición. Lucas escoitou isto con sobresalto, concluíndo que resultara gratificante para el, posto que nunca lograra que algún dos executivos do estudio acreditara nel.[17] Malia que os atrasos incrementaron o orzamento inicial (de 8 a 11 millóns de dólares), a película continúa sendo a menos custosa da serie.

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Ningunha composición orquestral tivo maior influencia na historia do cine e nos seus elementos musicais que a orixinal Star Wars. Nun período significativo para as bandas sonoras, onde se comezaba a recorrer a orquestras máis pequenas e ó xénero pop, os coleccionistas temían que os días gloriosos de Ben-Hur e de Lawrence de Arabia remataran [...] Pero o uso dun tema musical prominente e varios leitmotiv en 1977 conseguiu ser un regreso indispensable á influencia wagneriana da época dourada de Hollywood. Noutras palabras, a existencia de tantos temas memorables, e a súa relación perfecta cos personaxes e escenarios da película, foi unha especie de concepto revolucionario neses días. Tras cinco tomas tan só no primeiro día das sesións de gravación, Williams e Lucas combinaron tres leitmotiv para formar as melodías principais que agora lle resultan familiares a calquera. Xunto coa fanfarra viñeron dúas composicións primarias: unha para a Forza e outra para a Princesa Leia.
Filmtracks[41]
John Williams, quen traballara previamente na banda sonora de Tiburón (1975), pola cal ganou un premio Oscar, foi o encargado de compoñer a banda sonora de Star Wars, mediante a introdución de varios leitmotiv nos temas principais.

Por recomendación do seu amigo Steven Spielberg Lucas decidiu contratar o compositor John Williams, quen traballara previamente na banda sonora de Tiburón pola cal ganou un premio Oscar. Lucas sentía que a natureza cinematográfica de Star Wars debía representar visualmente a mundos completamente novos e descoñecidos, e respecto ó musicado quería lograr que as audiencias se familiarizaran emocionalmente coa mesma. En marzo de 1977 Williams comezou a dirixir a Orquestra Sinfónica de Londres, buscando gravar a banda sonora da película en 20 días.[17] Tras 8 sesións de gravación nos estudios Anvil de Inglaterra e baixo a orquestración de Herbert W. Spencer a banda foi lanzada de maneira simultánea á película co título Star Wars - Original Soundtrack en formato de longa duración, que incluía un póster ilustrado por John Berkey onde se describía a batalla final do asalto á Estrela da Morte. Cabe destacar que Williams optou por non seguir a orde cronolóxica da película, coa finalidade de prover unha variedade musical ó produto final, cun contido de 75 minutos de duración distribuídos en 16 pistas. Máis tarde, Polydor Records distribuíu a banda sonora en formato de disco compacto. En 1993 20th Century Fox lanzou unha caixa recompilación de 4 discos coas bandas sonoras da primeira triloxía de Star Wars.

Debido a que quería un son musical maxestoso para Star Wars a partir de leitmotivs que brindaran distinción ás composicións, Lucas xuntou as súas pezas orquestrais favoritas para conformar a banda sonora do seu filme, malia que despois Williams convenceríao de que un musicado orixinal tiña que ser único e máis unificado. Non obstante, só algunhas pezas finais do compositor foron influenciadas polas melodías favoritas de Lucas. O tema principal foi inspirado na composición de Kings Row (1942), creada por Erich Wolfgang Korngold, mentres que a pista Dune Sea of Tatooine foi trazada a partir da obra musical de Alessandro Cicognini para Ladri di biciclette (1948).[42] O American Film Institute catalogou a banda sonora de Star Wars como «a mellor de tódolos tempos» no seu listado AFI's 100 Years of Film Scores.

Argumento[editar | editar a fonte]

Durante a guerra civil galáctica a Alianza Rebelde apropiouse dos planos da poderosa estación espacial Estrela da Morte cos que agardaban obter vantaxe na guerra. Os planos son transmitidos ó Tantive IV, unha nave diplomática ó servizo da Princesa Leia do planeta Alderaan. Non obstante a transmisión é interceptada polo Imperio Galáctico, dando alcance ó Tantive IV cerca da órbita de Tatooine. De forma inmediata as tropas de asalto imperiais toman o control da Tantive IV, con Darth Vader ó mando da abordaxe. Durante o asalto ó Tantive IV capturan a princesa Leia, quen antes de ser prendida consegue depositar os planos roubados e unha gravación holográfica dentro do droide astromecánico chamado R2-D2, o cal logra escapar a bordo dunha pequena cápsula de escape con destino ó desértico planeta Tatooine xunto co droide de protocolo e relacións cibernéticas e amigo seu chamado C-3PO.

Ó chegar a Tatooine ambos droides son capturados polos Jawas, unhas criaturas do deserto que se dedican a comercializar partes de droides e vehículos abandonados nas areas, e son vendidos máis tarde a Owen Lars e ó seu sobriño Luke Skywalker, un mozo con ganas de coñecer o espazo. Casualmente, cando Luke se encontra limpando a R2-D2, sen querer activa parte da mensaxe holográfica de Leia, o que o fai sospeitar que os androides pertencen a un tal Obi-Wan Kenobi. Luke non coñece a ninguén con ese nome, mais cre que pode estar relacionado con Ben Kenobi, un vello ermitán da redonda. Pouco despois, o droide R2-D2 escapa pola noite da granxa dos Lars cara o deserto na busca de Obi-Wan Kenobi. Cando se decatan da fuxida de R2-D2, Luke e C-3PO acoden na súa procura. Durante a súa travesía logran atopalo pero repentinamente son atacados polos «moradores das areas», sendo finalmente rescatados por un misterioso home encapuchado que escorrenta os moradores. Cando este se achega quita a carapucha só para revelar que é Ben Kenobi. Unha vez a salvo Obi-Wan dille a Luke que el é un cabaleiro Jedi, desvelándolle ademais que coñecera a seu pai, tamén Jedi, con quen loitou na guerra dos clons defendendo a República e que morrera nunha batalla. Ó ver a mensaxe holográfica onde a princesa Leia lle pide a súa axuda, Obi-Wan ofrécelle a Luke a posibilidade de acompañalo na súa viaxe a Alderaan para entregarlle o droide R2-D2 á Alianza rebelde, onde lle ensinará todo sobre a Forza e obséquialle o sabre de luz que fora de seu pai, Anakin Skywalker.

Seguindo o rastro dos droides, as tropas imperiais chegan á granxa de Owen Lars e da súa esposa Beru, asasinando a quen alí encontran. Ó regresar á súa casa Luke descobre os cadáveres carbonizados de seus tíos e a súa casa destruída. Motivado por vingar a súa morte e porque xa nada o retén alí decide aceptar a proposta de Obi-Wan e axudarlle á princesa capturada, acompañalo na súa viaxe ó planeta Alderaan e aprender sobre a Forza.

Mapa da galaxia onde se desenvolven os eventos de Star Wars.

Sendo perseguidos polas tropas imperiais, Luke e Obi-Wan logran chegar ó porto espacial da cidade de Mos Eisley co obxectivo de encontrar un vehículo espacial ou unha nave de carga que os leve a Alderaan. Dentro dunha cantina encóntranse co contrabandista Han Solo e o seu compañeiro Chewbacca, que se ofrecen a levalos a bordo da nave o Falcón Milenario —considerada por Han como «a nave máis veloz da galaxia»—.

Por outra parte, Leia é interrogada e torturada por Darth Vader, pois este desexa saber onde se atopa instalada a base rebelde e en consecuencia os planos roubados. Pero a pesar da insistencia de Vader, Leia demostra ter unha forza considerable de control mental e non cede nos interrogatorios, polo que a leva ante o comandante da Estrela da Morte, o Grand Moff Tarkin, quen a ameaza con destruír o seu planeta de orixe, Alderaan, no caso de que non colabore co Imperio Galáctico. Debido a isto Leia finalmente cede e dille a Tarkin que a base rebelde se encontra en Dantooine. Malia todo Tarkin ordena disparar contra Alderaan, xa que segundo Tarkin, Dantooine se atopa demasiado lonxe como para comprobar as palabras dunha prisioneira pouco fiable e mais para probar a capacidade da arma que porta a Estrela da Morte: un raio de enerxía de plasma que pode destruír planetas enteiros. Proxectado desde a estación espacial prodúcese o disparo e o planeta Alderaan é destruído.

Luke e Obi-Wan escapan do planeta Tatooine na nave de carga de Han Solo xusto cando un grupo de soldados de asalto imperiais trataban de capturalos, grazas á información comprada a mercadores e piratas para dar con eles sobre a presenza de dous droides na cidade. Han Solo sospeita que o Imperio os buscaba e decide aumentar o custe do transporte ós pasaxeiros se queren evadir as naves imperiais. Mentres seguen o seu camiño cara a Alderaan Obi-Wan promételle aumentar a recompensa se os mantén afastados do Imperio e deseguido, mentres lle aprende a Luke o uso do sabre de luz, sinte unha alteración na Forza pola destrución do planeta coa arma da Estrela da Morte, sentindo que algo malo acontecera en Alderaan.

Cando Han Solo e os demais chegan ó sistema onde está Alderaan a bordo do Falcón descobren que o planeta desapareceu por completo e o único que encontran son os restos do planeta, asteroides e entullo flotando no espazo exterior e decátanse da presenza da Estrela da Morte nas proximidades, a cal consegue atraer o Falcón ata o seu interior grazas ó seu campo de tracción. Han Solo trata de librarse do campo de tracción pero Obi-Wan suxire que pense nalgunha outra alternativa. Unha vez que a nave aterra nun hangar de forma controlada na estación espacial os tripulantes ocúltanse nuns compartimentos utilizados para esconder o contrabando. Mentres buscan a maneira de desactivar o campo de tracción descobren que a princesa Leia está encerrada na estación cando o droide R2-D2 se conecta ó terminal da computadora do hangar da estación espacial, polo que Obi-Wan lle promete a Han Solo unha gran fortuna se rescatan a princesa Leia e escapan da estación espacial con ela. Deseguido deciden dividirse en dous grupos: Han Solo e Luke acoden ó rescate de Leia mentres que Obi-Wan tratará de desactivar o campo de tracción segundo a información obtida polo droide R2-D2 no terminal da computadora. Namentres un oficial do imperio informa a Tarkin e Darth Vader que un escuadrón imperial foi enviado a investigar a Dantooine para encontrar a base rebelde en dito planeta pero a información obtida de Leia resultou ser falsa, xa que a base que descubriron en Dantooine estaba abandonada dende facía moito tempo. Darth Vader decláralle a Tarkin que Leia non ía a traizoar a rebelión a pesar de todo o que lle fixeran, Tarkin anoxado por tal engano ordena a execución de Leia.

Como parte do seu plan, Luke e Han fanse pasar por dous soldados que escoltan a un «prisioneiro» (Chewbacca), capturado no Falcón Milenario e que é enviado ó bloque de celas, xusto onde se encontra encerrada a princesa Leia. Tras un enfrontamento coas tropas de asalto, conseguen rescatar a Leia. Mentres que por outro lado Obi-Wan consegue desactivar o campo de tracción, baixando os interruptores de forma manual para non ser descubertos, pero cando trata de chegar ó hangar da nave Obi-Wan atópase con Darth Vader, quen sentira a súa presenza na estación. Obi-Wan decide enfrontarse con el nun duelo con sabres de luz para ganar algo de tempo. Cando se decata de que o outro grupo conseguiu escapar con éxito coa princesa Leia e chegar ó hangar onde se encontra o Falcón Milenario Obi Wan intensifica o combate para distraer os gardas que se encontran xusto na comporta de entrada do Falcón e permitir así que os seus amigos poidan embarcar e fuxir. Xusto cando Luke e os demais soben no Falcón Obi-Wan sorrí por última vez, ergue o seu sabre de luz e réndese, Darth Vader non desaproveita a ocasión e acaba coa súa vida, porén misteriosamente Obi-Wan desaparece deixando atrás a súa capa e o sabre de luz.

Luke e os seus compañeiros son descubertos e empezan a disparar contra os soldados que se atopan no hangar, no medio do intercambio de disparos Leia consegue atinar no mecanismo das comportas blindadas, polo que Darth Vader non pode interferir e conseguen entrar no Falcón Milenario, tras acender os motores o grupo logra escapar da Estrela da Morte. No perímetro de defensa da Estrela da Morte, en plena fuxida, son inmediatamente atacados por un grupo cazas espaciais TIE do Imperio e tras un combate conseguen zafarse deles e entrar no hiperespazo, onde xa non poden ser interceptados.

Luke séntese triste pola desaparición do seu amigo Obi-Wan, no entanto Leia desconfía de que o Imperio os deixara escapar tan facilmente. En realidade as tropas colocaran un rastreador dentro do Falcón Milenario por orde de Darth Vader, quen tras percibir a Obi-Wan presentía que lograrían escapar. O rastreador permitiríalle seguir a nave e encontrar o sistema estelar onde se ocultaba a base rebelde. A base rebelde en Yavin IV estaba en perigo. Mentres tanto os técnicos rebeldes analizan os planos roubados e descobren un punto débil no deseño da estación espacial inimiga, un «branco», un punto débil de apenas dous metros de largo, consistente nunha trapela de ventilación que comunica directamente co sistema de reactores da estación especial. Unicamente un disparo certeiro cun torpedo de protóns realizado desde un caza de ataque podería alcanzar a apertura, xa que estaba blindado con escudos contra armas láser. Sabendo isto, Luke e un escuadrón da Alianza Rebelde deciden preparar o asalto sobre a Estrela da Morte.

Han Solo rexeita formar parte do contraataque, reclama o rescate da princesa Leia e pretende regresar á súa vida de pirata e ó contrabando de mercadorías e mais pagar as súas débedas. Namentres, a Estrela da Morte entra no sistema de Yavin preparada para destruír a base rebelde, pero para alcanzar o seu obxectivo a estación necesita rodear o planeta, perdendo trinta minutos para conseguilo. Alertados da presenza da Estrela da Morte no sistema, o grupo de naves da Alianza Rebelde decide iniciar o ataque decontado. Ante o inminente ataque Darth Vader ordena enviar as naves TIE para detelos. No medio da batalla, unha a unha, as naves TIE son abatidas polos rebeldes mais a Alianza tamén perde varios dos seus escuadróns conforme se intensifica a batalla.

Ó ver que as naves TIE fracasan en repeler os rebeldes, Darth Vader decide persoalmente formar parte do combate xunto a un grupo de pilotos imperiais. Os pilotos rebeldes logran entrar na zona onde está o branco pero, a pesar dos seus esforzos, ningunha logra acertar no branco por mor dos disparos das torres de defensa e por Darth Vader e mais a súa escolta, que os derruban antes de tempo. Mentres, no interior da estación, Tarkin é informado por un oficial de que existe risco no ataque, suxerindo prepararse para unha eventual evacuación da Estrela da Morte de inmediato, pero Tarkin rexeita abandonar a estación «no momento do seu triunfo» e recálcalle ó seu oficial que subestima as posibilidades da estación. Cando a Alianza Rebelde conta xa con poucos pilotos para o ataque o líder do escuadrón decide entrar en acción xunto con outros pilotos e trata de alcanzar o branco, non obstante non pode conseguilo, sendo derrubado por Darth Vader, ó igual que a escolta que o acompañaba. Ó ser os únicos que quedan e coa Estrela da Morte acercándose cada vez máis ó seu obxectivo, Luke e o seu grupo deciden intentalo, sendo tamén perseguidos por Darth Vader, que consegue abater a un dos pilotos da escolta de Luke e dana severamente a nave de Wedge Antilles, polo que decide deixalo todo en mans de Luke. Darth Vader ordénalle decontado á súa escolta que deixen ir a nave de Wedge e que concentren a súa atención en Luke.

A Estrela da Morte consegue rodear finalmente o planeta e prepárase para disparar o poderoso raio destrutor contra a base rebelde no satélite Yavin IV. Tras escoitar a voz de Obi-Wan, dicíndolle que use a Forza, Luke desconecta o seu ordenador e decide confiar nos seus instintos. Mentres tanto Darth Vader, que intenta detelo, descobre que a Forza é intensa en Luke. Xusto cando Darth Vader o ten na mira e preparado para destruílo, Han Solo aparece sorprendentemente no Falcón Milenario no último momento e salva a Luke de Darth Vader. Os seus escoltas despéxanlle o camiño a Luke para que non teña interferencia algunha e poida disparar sen problemas, Luke cun certeiro disparo logra finalmente alcanzar o branco e destrúe a Estrela da Morte. Por outro lado, Darth Vader xira fora de control polo espazo, consegue sobrevivir e logra escapar. Nas escenas finais celébrase unha cerimonia na base rebelde do Templo Massassi onde a princesa Leia concede a Luke e a Han as medallas ó valor pola súa intervención durante a batalla.[43]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Luke Skywalker é un mozo que vive en Tatooine con seus tíos Beru e Owen Lars, nunha granxa onde axuda en tódalas tarefas mais pretende abandonar o planeta e emprender unha nova vida lonxe de Tatooine. É moi sensible á Forza e representa o heroe arquetipo.[44]
Para seleccionar o elenco da pelicula Lucas quería intérpretes novos que non tiveran moita experiencia no cine. Para escoller os actores protagonistas do filme, nunha ocasión Lucas compartiu unha sesión do casting co seu amigo Brian De Palma, quen tamén buscaba actores para o seu próximo proxecto, titulado Carrie (baseado na novela homónima de Stephen King). Mentres facía as audicións para o rol de Luke Skywalker —naquel momento denominado Luke Starkiller—, Mark Hamil concluíu que os seus diálogos eran demasiado estraños (debido ós conceptos relacionados coa galaxia ficticia) e decidiu ler simplemente a súa parte da forma máis sincera posible, finalmente foi o elixido para o papel no canto de William Katt, que en troques foi contratado para a película de Brian De Palma.[17][45][46]
A princesa Leia, procedente do planeta Alderaan, é integrante do Senado Imperial, emporiso é un dos membros máis destacados da Alianza Rebelde. Consegue facerse cos planos da Estrela da Morte, considerados cruciais para adquirir vantaxe na guerra contra o Imperio polos rebeldes.
Carrie Fisher presentouse para as audicións de A guerra das galaxias e mais de Carrie, ó igual que Sissy Spacek, que foi a elixida para interpretar o papel protagonista no filme de Brian De Palma.[47] De maneira similar, a maioría das actrices novas de Hollywood acudiron ás audicións para o papel de Leia, incluíndo a Terri Nunn,[48] Jodie Foster,[47] e Cindy Williams;[17] finalmente Carrie Fisher foi a actriz elixida baixo a condición de que perdera 4.5 quilos (10 pounds) de peso para o personaxe.[49]
Darth Vader é un lord Sith moi poderoso, leal ó Imperio Galáctico, anda na procura dos planos roubados e busca rematar coa sublevación rebelde. É o principal antagonista da película.
Lucas nun principio pretendía que Orson Welles lle prestase a Darth Vader a súa voz, tras descartar a voz do propio David Prowse polo seu característico acento da rexión suroeste de Inglaterra.[6] Considerando que a voz de Welles resultaría facilmente recoñecible, finalmente elixiu no seu lugar ó pouco coñecido James Earl Jones.[17][46]
Un contrabandista con cuantiosas débedas. A súa nave é o Falcón Milenario, considerada por Han Solo a máis veloz da galaxia. Ofrécese a levar a Obi-Wan e mais a Luke a Alderaan a cambio dunha importante suma de diñeiro.
George Lucas era reticente a contratar a Harrison Ford, pois xa traballara con el en American Graffiti. En cambio, pediulle que lle prestara axuda no casting, xa fora lendo liñas de diálogo cos actores que optaban ó papel ou explicándolles o contexto das escenas que ían interpretar. Pouco despois elixiuno por diante de Kurt Russell, Nick Nolte,[46] Christopher Walken, Billy Dee Williams (quen interpretou a Lando Calrissian na continuación do filme) e Perry King.[47][17][50]
Comandante da Estrela da Morte e gobernador rexional de carácter implacable. A súa misión consiste en dar coa base secreta rebelde para destruíla e acabar coa Alianza Rebelde.
Lucas considerou a Cushing inicialmente para o papel de Obi-Wan Kenobi, mais cría que «as súas delgadas faccións» serían mellor para o papel do Grand Moff Tarkin. Lucas eloxiou a actuación de Cushing e comentou: «é un moi bo actor. Adorado e idolatrado polos mozos e polas persoas que ven determinado tipo de películas. Creo que será recordado con cariño».[51]
Un vello cabaleiro Jedi, considerado polos colonos de Tatooine un austero ermitán. R2-D2 anda na súa procura para entregarlle unha mensaxe da princesa Leia, que está en apuros e necesita a súa axuda. Desvélalle a Luke a existencia da Forza e ofrécese a iniciar a súa instrución como cabaleiro Jedi.
Preocupado pola idea de que o estudio puidera desaprobar o proxecto ante a ausencia de actores recoñecidos, Lucas decidiu contratar o veterano Alec Guinness —gañador do oscar ó mellor actor pola súa interpretación en A ponte sobre o río Kwai (1957)— como Obi-Wan Kenobi.[17] Alec Guinness foi un dos poucos que consideraba que a película tería éxito.[52] Antes de que Guinness fora escollido, o actor xaponés Toshirō Mifune (protagonista de A fortaleza escondida e Yojimbo, ambas do director Akira Kurosawa) foi considerado para o papel.[46][53] De acordo coa filla de Mifune, Mika Kitagawa, seu pai rexeitou a proposta de Lucas para interpretar a Kenobi e Darth Vader porque «lle preocupaba a aparencia da película e como se rebaixaba a imaxe dos samurais», nese momento as películas de ciencia ficción parecían cativas pois os efectos especiais non eran moi avanzados e ademais Mifune sentía moito respecto polos samurais.[54]
É un wookiee, amigo de Han Solo e contrabandista, é o copiloto do Falcón Milenario.
Peter Mayhew soubo que se estaba facendo un casting en Londres para A guerra das galaxias e decidiu presentarse. O actor de 2.21 m (7 pés e 3 polgadas) de altura foi elixido inmediatamente para interpretar a Chewbacca con só poñerse de pé para saudar a Lucas.[55] En realidade podía optar tamén a interpretar o rol de Darth Vader, mais ó decantarse polo wookiee, foi David Prowse quen interpretou a Vader.[55] Mayhew estudou o comportamento dos animais no zoolóxico para modelar o personaxe de Chewbacca.[52]
É un droide de protocolo, domina máis de seis millóns de formas de comunicación. Chega a Tatooine canda R2-D2 tras escapar da Tantive IV a bordo dunha cápsula fuxindo das tropas de asalto imperiais.
Anthony Daniels acudiu ó casting e foi elixido como C-3PO, tras ver un debuxo do ilustrador Ralph McQuarrie do personaxe, quedou sorprendido e decidiu optar ó papel.[17][56] Inicialmente Lucas non pretendía usar a voz de Anthony Daniels para C-3PO, arredor de trinta actores de voz participaron na audición pero finalmente decidiu utilizar a voz de Daniels confundíndoa coa audición do actor Stan Freberg.[17][18]
Droide astromecánico, porta unha mensaxe secreta da princesa Leia dirixida a Obi-Wan Kenobi, cumprir este mandato é o seu único propósito.
Cando Lucas estaba rodando en Londres realizouse un casting adicional e Kenny Baker, que estaba involucrado nunha comedia musical, soubo que o equipo de filmación buscaba unha persoa pequena que fora adecuada para interpretar a R2-D2 —Baker medía 1.12 m (3 pés e 8 polgadas) de altura— foi inmediatamente seleccionado por George Lucas. Nun principio foi reticente, dubidando se aparecer nunha película onde non se mostraba o seu rostro e pensando en continuar coa comedia na que andaba metido, mais finalmente aceptou.[57] O característico son de R2-D2 creárono o deseñador de son Ben Burtt e Lucas a partir de ruídos de bebé, gravando estas voces escoitadas a través dun intercomunicador e mesturadas finalmente usando un sintetizador.[6]
É un dos mellores pilotos da Alianza Rebelde de caza X-Wing, participou na batalla de Yavin, combateu xunto a Luke Skywalker no Escuadrón Vermello.
O actor escocés Denis Lawson interpretou a Wedge Antilles en A guerra das galaxias, no entanto foi David Ankrum quen lle prestou a súa voz ó personaxe.[58][59] Nos créditos o nome de Lawson está mal escrito e aparece como "Dennis".[60]
O xefe do crime máis poderoso de Tatooine, ofreceu unha recompensa polo contrabandista Han Solo.
Cando filmou a escena entre Han Solo e Jabba en 1976, Lucas contratou o actor norteirlandés Declan Mulholland para representar a Jabba o Hutt, cun disfrace marrón peludo. Lucas pretendía substituír a Mulholland na postproducción por unha criatura mais foi imposible polas limitacións técnicas da época.[61] En definitiva, Lucas decidiu deixar a escena fora da montaxe final da película.[62] Lucas volveu a introducir a escena na edición especial de 1997, restaurando a secuencia e substituíndo a Mulholland por unha imaxe xerada por ordenador de Jabba o Hutt e o diálogo en huttese —unha lingua ficticia creada polo deseñador de son Ben Burtt— no canto de inglés.[63][64] A escena puíuse aínda máis para o lanzamento en DVD no 2004, mellorando a aparencia de Jabba cos avances nas técnicas de imaxe xerada por ordenador.[65]
Un cazador de recompensas contratado por Jabba, o Hutt.
Mark Austin, un animador de ILM, interpretou a Boba Fett nunha escena da edición especial de 1997, no entanto este personaxe non aparece na montaxe orixinal de 1977.[66] Austin, que interpretou o rol, non aparece nos títulos de crédito.[67]

Alusións literarias e cinematográficas[editar | editar a fonte]

A guerra das galaxias fai alusión á obra de Frank Herbert Dune; á descrición do planeta Tatooine pódese asimilar á de Arrakis, un planeta conformado case por completo por un deserto de dunas.[68] De acordo coa novela, Arrakis é o único lugar coñecido onde se produce unha droga-especia de lonxevidade denominada melange, mentres que o planeta Kessel, en A guerra das galaxias, é característico polas súas reservas de especias.

De acordo con George Lucas, Star Wars estivo inspirada por diversas obras tales como Beowulf e o Ciclo artúrico —sobre as que sentou as orixes do mito— así como por varias relixións (abrahámica, confucianismo, xintoísmo e taoísmo).[17] Orixinalmente, quería partir dos seriais de Flash Gordon dos anos 1930. Non obstante, recorreu á película A fortaleza escondida de Akira Kurosawa e ó libro The Hero with a Thousand Faces de Joseph Campbell, tras non conseguir os dereitos de antedito cómic.[42] Respecto ás semellanzas con estas e outros elementos multimedia, a película mostra trazos en común con Buck Rogers e Flash Gordon, os mesmos que poden identificarse co conflito existente entre os rebeldes e as tropas imperiais, os efectos de transición nas escenas e o texto que avanza pola pantalla para explicar os acontecementos ó inicio das películas. Así mesmo, un dos conceptos introducidos en Flash Gordon —a fusión entre a tecnoloxía do futuro e a maxia tradicional— fora desenvolvido por H. G. Wells, considerado como un dos fundadores da ciencia ficción, quen cría que a revolución industrial «destruíra» a idea de que as fantasías máxicas podían facerse realidade. Desta maneira, concluíndo que un elemento necesario para permitir que todo mito poida desenvolverse como tal é que resulte plausible, e Wells decidiu substituír os elementos da época industrial introducindo máquinas do tempo en lugar de alfombras máxicas, extraterrestres en vez de dragóns e científicos no canto de feiticeiros; así, Wells iniciou un novo xénero literario que denominou «fantasía científica».[69][70][71]

Igualmente, A fortaleza escondida foi outra das súas principais inspiracións, algo que resulta perceptible nalgunhas expresións singulares; por exemplo, os dous campesiños tunantes do filme de Kurosawa equipáranse coas formas robóticas de C-3PO e R2-D2, mentres que a xerarquía da familia xaponesa en A fortaleza escondida é semellante estruturalmente ás forzas imperiais de Star Wars. Non obstante, non só esta película influíu en A guerra das galaxias, pois Yojimbo (1961), do mesmo director, serviu tamén de inspiración. As principais comparacións radican en que varios homes ameazan ó heroe (fanfurriñando entre si sobre como son buscados polas autoridades), nas escenas finais (un brazo amputado por unha espada) e o ofrecemiento ó rōnin Sanjurō (interpretado por Toshirō Mifune) de «vinte e cinco ryōs cando complete a misión»,[e] unha promesa moi parecida á que recibe Han Solo de «dous mil agora, e quince mil máis cando cheguemos a Alderaan». A afección de Lucas polas películas de Kurosawa puido influír na súa decisión de visitar Xapón nos anos 1970, provocando á súa vez que algúns pensaran que o termo «jedi» proviña de «jidaigeki» (drama xaponés, que usualmente se refiere a películas de samurais).[71][72]

Outra alusión literaria está relacionada coa obra Dune (gañadora do premio Nébula na categoría «Mellor novela de ciencia ficción») de Frank Herbert, e a descrición do planeta Arrakis, que estaría relacionado co planeta Tatooine. De acordo coa novela, Arrakis é o único lugar coñecido onde se produce unha droga-especia de lonxevidade denominada melange, mentres que Han Solo es un contrabandista de especias que foi visto en nas minas de Kessel, características polas súas reservas de especias. Debido a que o concepto orixinal de Star Wars trataba sobre o transporte da especia, a natureza do material non era moi detallada. Nunha das súas conversas, Luke coméntalle a Obi-Wan que intúe que seu pai fora un navegante a bordo dun cargador de especias. Outras similitudes entre ambas creacións inclúen á princesa Leia e á princesa Alia, a Forza e «a Voz» (habilidade usada pola irmandade Bene Gesserit), e a granxa «de humidade» do tío Owen e a tía Beru (a cal se asemella ó resío de bágoas usadas polo pobo fremen como «fonte pequena pero fiable de agua»).[68][73] Máis tarde, Herbert diría que «David Lynch, director da adaptación cinematográfica da súa novela homónima, tivera que pasar por varias complicacións debido a que Star Wars utilizou moitos conceptos da súa obra literaria». Tanto Herbert como Lynch encontraron ata «16 puntos de similitude», calculando que «as probabilidades en contra da coincidencia produciron un número maior que a cantidade de estrelas existentes no universo».[74]

O filme The Wizard of Oz (1939) serviría igualmente de inspiración para algunhas escenas de Star Wars, as cales poden considerarse como referencias á clásica adaptación de Victor Fleming.[75]

A escena do asalto á Estrela da Morte foi concibida despois de que Lucas analizara The Dam Busters (1954), de Michael Anderson, especificamente a secuencia onde o bombardeiro Lancaster da Forza Aérea Británica voa sobre uns pantanos para logo dirixir un par de bombas de rebote que tiñan como obxectivo as presas, como parte dun plan que tiña como finalidade paralizar a industria pesada da rexión do Ruhr. Incluso algúns diálogos repítense durante o clímax de A New HopeGilbert Taylor fora responsable dos efectos especiais de The Dam Busters.[76] Outra inspiración para a mesma escena sería o clímax da película 633 Squadron (1956), de Walter Grauman,[77] na que Mosquitos da Forza Aérea Británica atacan unha central hidroeléctrica alemá mediante unha estratexia que consistía en deixar caer bombas especiais nun punto específico, mentres sobrevoan a baixa altura no medio dun fiorde, protexéndose de bombardeos procedentes de canóns antiaéreos e de disparos producidos por soldados alemáns. Ó final, vídeos de ambas cintas foron incluídos na versión dogfight que Lucas usaría a modo de proba para editar as secuencias dos combates aéreos.[11]

Algunhas outras identidades de Star Wars susténtanse en referencias de inferencia a outras películas clásicas do xénero, tales como 2001: A Space Odyssey (1968) de Stanley Kubrick —a escena na que unha nave espacial cobre a parte superior da pantalla, alude á secuencia inicial da astronave interplanetaria Discovery 1. Dita cinta influiría de moitas formas distintas na aparencia de Star Wars. Entre estas semellanzas encóntranse o uso de cápsulas EVA, corredores hexagonais e gráficos primitivos. Mención similar no referente ó porto de acoplamento da Estrela da Morte, que alude a un idéntico que se atopa na estación espacial orbitaria de 2001: A Space Odyssey.[78] Existen tamén certas coincidencias con The Wizard of Oz (1939) de Victor Fleming. Por exemplo, os jawas son moi parecidos ós munchkin —ananos nativos de Munchkinland nos libros de Oz redactados por L. Frank Baum. Ademais, os personaxes principais disfrázanse como soldados das tropas inimigas, mentres que a secuencia onde Obi-Wan morre, deixando caer unicamente a súa túnica baleira no sitio, é practicamente igual a aquela onde a malvada bruxa do este se derrete en Oz.[75][79] Noutros ámbitos, e malia ser de cor dourada e presentar características masculinas, o androide C-3PO está inspirado no robot Maria de Metropolis (1927), dirixida por Fritz Lang. Os zunidos emitidos no filme nacerían a partir dos ruídos metálicos de Hickory, un dos protagonistas de The Wizard of Oz.[80][81]

Promoción[editar | editar a fonte]

Logotipo ideado por Dan Perri para Star Wars

Mentres a película estaba en produción encargóuselle un logotipo a Dan Perri, un deseñador de títulos que traballara nos títulos de películas como O exorcista (1973) e Taxi Driver (1976). Perri ideou un logotipo de STAR WARS en escorzo que consistía en letras maiúsculas cheas de estrelas e nesgadas cara a un punto de fuga. O deseño deste logotipo concibiuse orixinalmente para seguir a mesma perspectiva que o texto que avanza na secuencia de apertura da película. Ó final, o logotipo de Perri non se usou para a secuencia que dá inicio á película, no entanto utilizouse amplamente na publicidade impresa previa ó lanzamento do filme e nas marquesiñas publicitarias dos cines.[82][83]

O logotipo introducido finalmente na película orixinouse a partir dun folleto para promover o filme distribuído por Fox e destinado ós propietarios de cines en 1976. Este folleto foi deseñado por Suzy Rice, unha directora de arte da axencia publicitaria Seiniger Advertising dos Ánxeles. Nunha visita a ILM en Van Nuys, Lucas mandoulle crear a Rice un logotipo que intimidara ó espectador e pediulle que o estilo do logotipo resultase «moi fascista». A resposta de Rice á súa petición foi utilizar para o deseño do logotipo un tipo de imprenta Helvetica grosa modificada e co contorno perfilado. Tras recibir algunhas suxestións de Lucas, Rice decidiu entrelazar o S e o T de STAR e mailo R e o S de WARS. Lucas aprobou o cartel no medio da rodaxe das escenas da cantina de Mos Eisley. Gary Kurtz quedou impresionado co logotipo de Rice e escolleuno en lugar do deseño de Perri para a secuencia de apertura da película, despois de modificar a letra W, estreitando as puntas na parte inferior do deseño orixinal de Rice. Creouse, en conclusión, o deseño definitivo; un dos logotipos máis recoñecibles no mundo do cine, emporiso, a contribución de Rice non aparece nos créditos da película.[82]

Para o lanzamento nos Estados Unidos en 1977, 20th Century Fox encargou un póster de promoción á axencia de publicidade Smolen, Smith and Connolly. Recorreron ó artista independente Tom Jung, a quen se lle pediu que representase «o ben sobre o mal». O seu póster, coñecido como Estilo ‘A’, mostraba a Luke Skywalker de pé nunha pose heroica, brandindo un sabre de luz brillante sobre a súa cabeza, coa princesa Leia debaixo del, e unha grande imaxe fantasmal do casco de Darth Vader que se achega detrás deles. Algúns executivos de Fox consideraron que este cartel era «demasiado escuro» e encargáronlle ós imáns Hildebrandt, dous coñecidos artistas do xénero de fantasía, que traballaran nun novo cartel para o lanzamento no Reino Unido. Cando a película se estreou nos cines británicos, o cartel Estilo ‘B’ dos irmáns Hildebrandt usouse como reclamo nas estadas publicitarias. Fox e Lucasfilm decidiron posteriormente que querían promover a película cunha nova representación menos estilizada e máis realista dos personaxes principais. O produtor Gary Kurtz acudiu ó artista Tom Chantrell, quen xa era coñecido polo seu prolífico traballo para as películas de terror da Hammer, e encargoulle unha nova versión do póster. Dous meses despois o cartel dos irmáns Hildebrandt foi substituído polo cartel Estilo ‘C’ de Chantrell nos cines do Reino Unido.[84][85][86][87]

Charles Lippincott foi o director de marketing de Star Wars e como 20th Century Fox brindou pouco apoio para a comercialización, alén das licenzas de camisetas e pósters, Lippincott viuse na obriga a buscar apoios por outro lado. Conseguiu acordos con Marvel Comics para unha adaptación en banda deseñada, e con Del Rey Books para adaptala a unha novela. Como fanático da ciencia ficción, utilizou os seus contactos para promover a película na Comic-Con de San Diego e noutros ámbitos relacionados cos adeptos da ciencia ficción.[17][88]

Lanzamento[editar | editar a fonte]

Malia que inicialmente só se lanzou nunha serie reducida de cines, A guerra das galaxias foi un éxito sen precedentes para 20th Century Fox, que axiña se converteu nun éxito de recadación e se estendeu máis amplamente o seu lanzamento. Finalmente produciríanse moitos outros lanzamentos en anos posteriores, tanto en vídeo como nos cines.

Estrea[editar | editar a fonte]

20th Century Fox solicitou dúas semanas para a proxección de Star Wars no Mann's Chinese Theatre ó considerar que o filme non acadaría gran repercusión.
20th Century Fox solicitou dúas semanas para a proxección de Star Wars no Mann's Chinese Theatre ó considerar que o filme non acadaría gran repercusión.
Nunha cerimonia celebrada durante a segunda estrea de Star Wars no Mann's Chinese Theatre o 3 de agosto de 1977, nun acontecemento sen precedentes ó que asistiron miles de persoas, C-3PO, R2-D2 e Darth Vader plasmaron as súas pegadas na beirarrúa fronte antedito teatro.
Nunha cerimonia celebrada durante a segunda estrea de Star Wars no Mann's Chinese Theatre o 3 de agosto de 1977, nun acontecemento sen precedentes ó que asistiron miles de persoas, C-3PO, R2-D2 e Darth Vader plasmaron as súas pegadas na beirarrúa fronte antedito teatro.


20th Century Fox, cautelosa ante a posibilidade de que outras películas do verán como Smokey and the Bandit (1977) venceran a Star Wars, trasladou a data de estrea ó 25 de maio, o mércores anterior ó Día dos Caídos. Non obstante, a escasa publicidade que tivo a película provocou que menos de 40 salas de cine aceptaran proxectala, en resposta, 20th Century Fox esixiu que para exhibir The Other Side of Midnight (1977), película baseada na novela homónima de Sidney Sheldon, as salas de cine deberían reservar tamén A guerra das galaxias.

A guerra das galaxias estreouse o mércores 25 de maio de 1977 en menos de 32 cines, e en oito máis o xoves e o venres. Kurtz aseverou no 2002: «resultaría ridículo hoxe». O filme rompeu decontado os récords de recadación, converténdose de feito nun dos primeiros blockbusters e Fox ampliou axiña os plans para o seu lanzamento noutras salas de cine. O propio Lucas non puido predicir o éxito de Star Wars. Despois de visitar o estudio de rodaxe da película de Steven Spielberg, Close Encounters of the Third Kind (1977), Lucas estaba seguro de que a película de Spielberg superaría a Star Wars en recadación. Spielberg non estaba de acordo e cría que A guerra das galaxias acadaría maior éxito. Lucas propuxo un intercambio do 2,5% das ganancias de ambas películas; Spielberg aceptou o trato e aínda recibe o 2.5% das ganancias de Star Wars.

Fox inicialmente tiña dúbidas sobre se A guerra das galaxias obtería un éxito destacado. Pensábase que The Other Side of Midnight sería o grande éxito do verán para o estudio, mentres que a película de Lucas tiña a consideración de secundaría para os propietarios das salas de cine nos Estados Unidos. Cando Fox solicitou o Mann's Chinese Theatre, o estudio estimou que a película só necesitaba dúas semanas. Ante o temor de que o filme fracasara Lucas tiña previsto pasar unha estancia en Hawai coa súa dona Marcia. Despreocupándose de que o filme se estreaba ese día, pasou case todo o mércores nun estudio de son nos Ánxeles. Cando Lucas foi xantar con Marcia encontráronse cunha longa ringleira de persoas ó longo das beirarrúas que conducían ó Mann's Chinese Theatre, agardando para ver A guerra das galaxias. Mais aínda era escéptico sobre o éxito do filme, incluso atendendo ós informes optimistas de Ladd e do estudio. Mentres estivo en Hawai, non foi ata que escoitou os comentarios de Walter Cronkite no CBS Evening News sobre a enorme multitude de xente que ateigaba os cines cando Lucas se decatou de que se fixera moi rico; Francis Ford Coppola, que necesitaba cartos para terminar Apocalypse Now (1979), envioulle un telegrama ó hotel onde se aloxaba Lucas solicitando financiamento. Os actores do elenco convertéronse deseguida en personaxes familiares; incluso os membros do equipo técnico, como os decoradores do filme, querían autógrafos.

A película foi un grande éxito para 20th Century Fox e foi responsable do fortalecemento da compañía. Tres semanas despois da estrea o prezo das accións do estudio ascenderon a un nivel récord. Antes de 1977 as maiores ganancias anuais de 20th Century Fox foran $ 37 millóns, namentres que en 1977 a compañía rompeu ese récord declarando unha ganancia de $ 79 millóns. Malia que a neutralidade da película respecto a outras culturas axudou a conseguir éxito internacional, Ladd mostrouse preocupado durante a estrea no Xapón; trala proxección o público ficou en silencio, o que lle fixo temer a Ladd que o filme non gustara. Os seus contactos aseguráronlle a Ladd que esta era una reacción positiva, pois no Xapón o silencio era o mellor xeito de honrar unha película. Os grandes ingresos de recadación confirmaron a súa popularidade.

Pasadas dúas semanas, Sorcerer (1977) do director William Friedkin, substituíu a Star Wars no Mann's Chinese Theatre debido ós acordos contractuais; o teatro pasou a película nun lugar de menos prestixio, mais previamente renovou o contrato. Tralo fracaso de Sorcerer, efectuouse a segunda estrea de Star Wars no Mann's Chinese Theatre o 3 de agosto de 1977, acontecemento sen precedentes ó que asistiron miles de persoas, cerimonia na que C-3PO, R2-D2 e Darth Vader plasmaron as súas pegadas na beirarrúa fronte ó teatro. Nese momento A guerra das galaxias proxectábase en 1 096 salas de cine nos Estados Unidos. Aproximadamente 60 cines mantiveron a proxección do filme ininterrompidamente durante máis dun ano; en 1978 Lucasfilm distribuíu carteis nestes cines o 25 de maio para conmemorar os eventos do primeiro aniversario da estrea do filme. A guerra das galaxias estreouse no Reino Unido o 27 de decembro de 1977. As noticias sobre a popularidade do filme nos Estados Unidos propiciaron longas ringleiras á entrada das salas de cine que ofrecían a película por primeira vez en Londres; proxectouse en 12 grandes cidades en xaneiro de 1978 e mais noutros cines de Londres en febreiro.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1977: 7 Oscars: dirección artística, bso, son, montaxe, vestiario, efectos visuais. Premio especial ós efectos de son.
  • 1977: 2 Premios BAFTA: son e música. 6 nomeamentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O libro de Kaminski ten como obxectivo primordial determinar a historia de A guerra das galaxias, para o cal ofrece numerosos exemplos de entrevistas, notas e publicacións oficiais dende a década de 1970 ata a actualidade, entre os cales se atopan enunciados que se contradín, e que permanecen como evidencia entre as súas páxinas.
  2. Motion control photography (termo orixinal en inglés): é unha técnica cinematográfica que permite a repetición precisa dos movementos de cámara, co que se facilita a captura dos efectos especiais durante a filmación. Úsase con frecuencia para duplicar obxectos que non poden ser duplicados por medios físicos, recorrendo entón á repetición dunha toma específica nunha mesma escena.
  3. Master shot (termo orixinal en inglés): é a gravación cinematográfica dunha escena dramática completa desde un ángulo onde se poden apreciar a tódolos involucrados no acto. Con certa frecuencia tende a ser de longa duración.
  4. Close-up: é unha toma fotográfica onde os fotogramas se centran nunha persoa ou obxecto en particular.
  5. Un ryō (?) era unha unidade monetaria de ouro utilizada no Xapón durante a era Meiji. O seu valor equivalería a 4 000 moedas de cobre. Tempo despois, foi substituído por un novo sistema baseado no ien (?).
Referencias
  1. "Star Wars". British Board of Film Classification (en inglés). Consultado o 28-12-2018. 
  2. "Star Wars (1977)". Arquivado dende o orixinal o 9-7-2017. 
  3. 3,0 3,1 "Star Wars (1997)" (en inglés). Box Office Mojo. Consultado o 28-12-2018. 
  4. Cyriaque Lamar (13-1-2012). "Behold, the 1977 budget breakdown for Star Wars". io9 (en inglés). Consultado o 28-12-2018. 
  5. Anthikad-Chhibber, Mini (20-5-2005). "End of the great space opera". The Hindu. Consultado o 28-12-2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Lucas, George (2004). DVD commentary for Star Wars Episode IV: A New Hope (DVD). 20th Century Fox. 
  7. Kaminski, Michael (2008). The Secret History of Star Wars (3.0 ed.). Arquivado dende o orixinal o 06-07-2007. Consultado o 08-03-2019. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Vallely, Jean. "The Empire Strikes Back and So Does Filmmaker George Lucas With His Sequel to Star Wars". Rolling Stone (en inglés). 
  9. Lucas, George. George Lucas: The Well Rounded Interview. Entrevista con B. Love. 
  10. Rinzler (2007), p. 2
  11. 11,0 11,1 Zito, Stephen. "George Lucas Goes Far Out". American Film. 
  12. Rinzler (2007), p. 4
  13. 13,0 13,1 Rinzler (2007), p. 8
  14. Baxter, John (1999). Mythmaker (en inglés). HarperCollins. p. 42. ISBN 0-3809-7833-4. 
  15. Kaminski, Michael (2008). The Secret History of Star Wars (3.0 ed.). p. 50. Arquivado dende o orixinal o 06-07-2007. Consultado o 30-01-2019. 
  16. Baxter, John (1999). Mythmaker (en inglés). HarperCollins. p. 158. ISBN 0-3809-7833-4. 
  17. 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 17,11 17,12 17,13 17,14 17,15 17,16 17,17 17,18 17,19 17,20 17,21 17,22 17,23 17,24 Empire of Dreams: The Story of the Star Wars Trilogy Documental Star Wars Trilogy Box Set DVD, [2005]
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 The Characters of Star Wars Star Wars Original Trilogy DVD Box Set: Bonus Materials, [2004]
  19. Clouzot, Claire (15-09-1977). "The morning of the Magician: George Lucas and Star Wars". Ecran. 
  20. Pollock (1999), p. 141–142
  21. "The development of Star Wars as Seen Through the Scripts of George Lucas". Star Warz.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09-06-2009. Consultado o 30-01-2019. 
  22. "Star Wars Biography: Ralph McQuarrie". Star Warz.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23-06-2008. Consultado o 30-01-2019. 
  23. Bouzereau, Laurent (1997). The Annotated Screenplays. Del Rey. p. 7. ISBN 0345409817. 
  24. "Star Wars (Film Series)". Allmovie (en inglés). Consultado o 30-01-2019. 
  25. "The Force Behind Star Wars, Rolling Stone". Rolling Stone (en inglés). agosto de 1977. Consultado o 30-01-2019. 
  26. Star Wars Entrevista do disco da edición definitiva, 1993. «No proceso de reescribilo (a Star Wars) e crendo que só era unha película, mais non unha triloxía, decidín que Ben Kenobi realmente non tiña ningunha función primordial na historia tras enfrontarse a Darth Vader... Díxenme a min mesmo, 'sabes ti, el só aparece como un personaxe inerte no 25% final da película'.»
  27. "George Lucas: Mapping the mythology". CNN (en inglés). 08-05-2002. Consultado o 22-03-2019. 
  28. "Thank the Maker: George Lucas". Star Wars.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05-06-2008. Consultado o 22-03-2019. 
  29. 29,0 29,1 Kaminski, Michael (2008). The Secret History of Star Wars (3.0 ed.). p. 73. Arquivado dende o orixinal o 06-07-2007. Consultado o 22-03-2019. 
  30. Worrell, Denise. Icons: Intimate Portraits. p. 185. Nunca houbo tal guión que considerara a historia completa de Star Wars ata estes días [1983]... Conforme as historias se van revelando, tomaría certas ideas para retomalas[...] Pasei moito tempo eliminado os elementos bos, que me dicía a min mesmo que faría outras películas algún día. 
  31. The Force Is With Them: The Legacy of Star Wars (Star Wars Original Trilogy DVD Box Set: Bonus Materials). 2004. 
  32. "Star Wars Biography: Industrial Light & Magic". Starwars.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22-06-2008. Consultado o 25-03-2019. 
  33. "Business Data for Star Wars". Internet Movie Database (en inglés). 1977. Consultado o 25-03-2019. 
  34. "Filming Locations for Star Wars". Internet Movie Database (en inglés). 1977. Consultado o 25-03-2019. 
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 35,6 35,7 35,8 "How Star Wars Surprised the World". AmericanHeritage (en inglés). 25-05-2006. Arquivado dende o orixinal o 12-07-2009. Consultado o 25-03-2019. 
  36. "Star Wars - The Legacy Revealed". The History Channel. maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29-04-2009. Consultado o 25-03-2019. 
  37. "Harrison Ford quote". HarrisonFordWeb.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20-08-2008. Consultado o 05-06-2009. 
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 38,4 38,5 "Sound Design of Star Wars". Film Sound.com (en inglés). Consultado o 25-05-2019. 
  39. "Interview with Ben Burtt". Silicon Valley Radio (en inglés). Consultado o 25-05-2019. 
  40. "The Force Wasn't With Them". Revista Premiere (Estados Unidos). Arquivado dende o orixinal o 6-11-2007. Consultado o 25-05-2019. 
  41. "Star Wars: A New Hope (John Williams)". Filmtracks. Consultado o 30-05-2019. 
  42. 42,0 42,1 "How did George Lucas create Star Wars?". Star Wars Origins (en inglés). Consultado o 30-05-2019. 
  43. "Star Wars: A New Hope script". BlueHarvest.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08-03-2009. Consultado o 05-06-2019. 
  44. Campbell, Joseph; Moyers, Bill (1989). The Power of Myth. ISBN 978-0385247740. 
  45. "William Katt". Filmbug (en inglés). Consultado o 14-06-2019. 
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 "The Force Wasn't With Them". Revista Premiere (Estados Unidos) (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08-05-2006. Consultado o 14-06-2019. 
  47. 47,0 47,1 47,2 "Alternate Casting". BlueHarvest.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11-05-2009. Consultado o 14-06-2019. 
  48. "Star Wars: A Look Back". Hollywood North Report (en inglés). Consultado o 14-06-2019. 
  49. "Carrie Fisher Told To Lose Weight For 'Star Wars' Role". The Huffington Post (en inglés). 08-11-2011. Consultado o 18-06-2014. 
  50. "Is it true about Burt Reynolds and Han Solo?". Scifi (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22-06-2006. Consultado o 14-06-2019. 
  51. Sietz, Dan (18-04-2013). "‘Peter Cushing: A Life In Film' Is A Genre Geek's Dream". Uproxx (en inglés). Consultado o 26-06-2019. 
  52. 52,0 52,1 "30 pieces of trivia about Star Wars". BBC (en inglés). 23-05-2007. Consultado o 26-05-2019. 
  53. Ashcraft, Brian. "How Star Wars Might've Had a Different Darth Vader". Kotaku (en inglés). Consultado o 26-06-2019. 
  54. Lee, Benjamin (04-12-2015). "Toshiro Mifune turned down Obi-Wan Kenobi and Darth Vader roles". The Guardian (en inglés). Consultado o 26-06-2019. 
  55. 55,0 55,1 "Peter Mayhew Biography". Yahoo! (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08-08-2010. Consultado o 14-06-2019. 
  56. "Biography: Anthony Daniels". Starwars.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23-06-2008. Consultado o 14-06-2019. 
  57. Williams, Andrew (02-10-2009). "Kenny Baker". Metro (en inglés). Consultado o 26-06-2019. 
  58. "Star Wars Mysteries: hunting for the fake wedge". Star Wars (en inglés). Consultado o 26-06-2019. 
  59. "David Ankrum". Coolwaters productions (en inglés). Consultado o 26-06-2019. 
  60. "Denis Lawson". IMDb. Consultado o 26-06-2019. 
  61. Entrevista a George Lucas, Star Wars Episode IV: A New Hope, Special Edition (VHS, 20th Century Fox, 1997).
  62. Comentarios de George Lucas, Star Wars Episode IV: A New Hope, Special Edition, dir. George Lucas, (DVD, 20th Century Fox, 2004).
  63. Entrevista a Joseph Letteri, Star Wars Episode IV: A New Hope, Special Edition (VHS, 20th Century Fox, 1997).
  64. "A New Hope: Special Edition — What has changed?: Jabba the Hutt", 15-01-1997, en "A New Hope: Special Edition – What has changed?". Arquivado dende o orixinal o 01-03-2008. Consultado o 27-06-2019. . "A New Hope: Special Edition – What has changed?". Arquivado dende o orixinal o 29-02-2008. Consultado o 27-06-20192016. 
  65. "Star Wars: The Changes — Part One" en DVDActic.com. Consultado o 27-06-2019.
  66. "Becoming a Boba Fett actor – Mark Austin". Digital Fox (en inglés). 18-09-2015. Consultado o 18-06-2019. 
  67. "Mark Austin filmography". Cinema.com. Consultado o 27-06-2019. 
  68. 68,0 68,1 "Star Wars Origins - Frank Herbert's Dune". Star Wars Origins (en inglés). Consultado o 24-06-2009. 
  69. "Star Wars Origins - Flash Gordon". Star Wars Origins (en inglés). Consultado o 21-06-2019. 
  70. "Wells on The Time Machine". U.arizona.edu (en inglés). Consultado o 21-06-2019. 
  71. 71,0 71,1 "Before A New Hope: THX 1138". Starwars.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19-04-2008. Consultado o 21-06-2019. 
  72. "Star Wars Origins - Akira Kurosawa". Star Wars Origins (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03-11-2015. Consultado o 21-06-2019. 
  73. D. A. Houdek. "Star Wars is Dune" (en inglés). Consultado o 24-06-2009. 
  74. Herbert, Frank (1985). Eye. Byron Preiss Publications. p. 13. 
  75. 75,0 75,1 "Star Wars Origins - The Wizard of Oz". Star Wars Origins (en inglés). Consultado o 24-06-2019. 
  76. "Star Wars Origins – Other inspirations". Star Wars Origins (en inglés). Consultado o 24-0-20192009. 
  77. "Summer 2005 Film Music CD Reviews". Film, Music on the Web (en inglés). Consultado o 24-06-2019. 
  78. "Star Wars Origins - 2001 A Space Odyssey". Star Wars Origins (en inglés). Consultado o 24-06-2019. 
  79. Sparks, Elisa Kay. Female Hero in Wizard of Oz Compared to Male Hero in Star Wars (Informe) (en inglés). 
  80. "Star Wars Origins - The Droids". Star Wars Origins. Consultado o 24-06-2019. 
  81. "Star Wars Databank: C-3PO". Starwars.com (en inglés). Consultado o 24-06-2019. 
  82. 82,0 82,1 Taylor (2015), Capítulo 11
  83. "Star Wars (1977)". Art of the Title. Arquivado dende o orixinal o 02-04-2016. Consultado o 16-07-2019. 
  84. Sansweet, Stephen J.; Vilmur, Peter (2005). The Star Wars poster book. San Francisco: Chronicle Books. ISBN 9780811848831. 
  85. "Evolution of the Star Wars Poster". PhotoSecrets.com. Arquivado dende o orixinal o 28-07-2017. Consultado o 16-07-2019. 
  86. Dass, William (14-12-2016). "The History of Star Wars Posters". Film School Rejects. Consultado o 16-07-2019. 
  87. "A short history of the first British Star Wars posters". www.sci-fimovieposters.co.uk. Consultado o 16-07-2019. 
  88. Kurtz, Gary (11-11-2002). "An Interview with Gary Kurtz". IGN. p. 1. Consultado o 16-07-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]