República Federal Alemá
Bundesrepublik Deutschland República Federal de Alemaña | |||||
| |||||
| |||||
Lema: Einigkeit und Recht und Freiheit Unidade, Xustiza e Liberdade | |||||
Himno: Das Lied der Deutschen A canción dos alemáns | |||||
Capital | Bonn | ||||
Lingua | Alemán estándar e outras | ||||
Goberno | República federal | ||||
Presidente | |||||
• 1949–1959 (primeiro) |
Theodor Heuss | ||||
• 1984–1990 (reunificación) (derradeiro) |
Richard von Weizsäcker | ||||
Chanceler | |||||
• 1949–1963 | Konrad Adenauer | ||||
• 1982–1990 (reunificación) | Helmut Kohl | ||||
Período histórico | Guerra fría | ||||
• Establecido | 23 de maio de 1949 | ||||
• Disolución | 1990 |
A República Federal Alemá (abreviado RFA; en alemán: Bundesrepublik Deutschland, abreviado BRD), tamén coñecida como Alemaña Occidental ou Alemaña do Oeste, foi un goberno que durou dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1990, cando se uniu á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.
Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.
Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.
Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |