Fritz Lang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fritz Lang
Bundesarchiv Bild 102-08538, Fritz Lang bei Dreharbeiten.jpg
Fritz Lang nunha filmación
Nome completoFriedrich Christian Anton Lang
Nacemento5 de decembro de 1890
LugarViena, Austria Austria
Falecemento2 de agosto de 1976
LugarLos Angeles
SoterradoForest Lawn Memorial Park
NacionalidadeAlemaña, Estados Unidos de América e Austria
Relixióncristianismo e xudaísmo
Educado enKönigliche Kunstgewerbeschule München e Universidade Técnica de Viena
Cónxuxe(s)Thea von Harbou e Lily Latté
ProfesiónDirector de cine
Na rede
IMDB: nm0000485 Allocine: 553 Rottentomatoes: celebrity/fritz_lang Allmovie: p98675 TCM: 1127573 TV.com: people/fritz-lang
Musicbrainz: f45e37cb-b112-456b-b09b-0e83c0cb3c41 Discogs: 4592617 WikiTree: Lang-3052 Find a Grave: 5093 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fritz Lang 1969.

Friedrich Christian Anton Lang, máis coñecido coma Fritz Lang, nado en Viena o 5 de decembro de 1890 e finado nos Ánxeles o 2 de agosto de 1976, foi un director de cine austríaco que traballou en Alemaña e Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dificilmente clasificable, as súas películas abrangueron dende o Film Noir, o western ou o cine de espías ata o cine bélico, o aventureiro ou o melodramático. Porén, cómpre salientar a súa época alemá, con filmes como o máximo expoñente do expresionismo cinematográfico, a visionaria Metropolis (1927), ou Der Testament des Dr. Mabuse (1933; O testamento do Dr. Mabuse, en tradución literal ao galego). Da súa xeira americana pódense destacar Só se vive unha vez (1936) e Os subornados (1953).

En 1933 recibiu a proposta de Joseph Goebbels de se facer cargo dos estudos alemáns de cine UFA, pero Lang, contrario ao nazismo, fuxiu cara a Francia esa mesma noite, chegando aos Estados Unidos o ano seguinte.

Filmografía[editar | editar a fonte]

A filmografía de Lang podémola clasificar en función do país de rodaxe. De 1919, data da súa primeira película como director, ata 1933 filmou en Alemaña. En 1934 rodou un filme en Francia, para logo realizar as súas películas nos Estados Unidos de 1936 a 1956. En 1959 e 1960 dirixiu tres producións en Alemaña, para logo rodar a súa derradeira película en Francia en 1964.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grandes directores. Fritz Lang (2009). G.E. On-Off S.L. DVD adquirido con Xornal de Galicia.