Sith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No universo de Star Wars os Sith son un grupo de seguidores do Lado Escuro da Forza (véxase "Forza (Star Wars)"). Son os inimigos dos Jedi.

A palabra Sit significa "fada" en celta.

Introdución[editar | editar a fonte]

Un Sith é unha raza sensible á Forza, do mesmo xeito que o son os Jedi. Con todo, os Sith diferéncianse moito destes últimos. Un Jedi obtén o poder na Forza mediante a meditación, a paz interior, e o dominio do medo, así como do odio, o anoxo e a agresividade. Os Sith fan todo o contrario, co mesmo obxectivo (que é o poder na Forza). Eles non dominan para nada o seu temor, pola contra, este termina axudándoos. Cando loitan fano con odio, violencia, e furia, que pode chegar a converterse en ira.

De feito, a ideoloxía Sith consiste no actuar con anoxo, e non con sabedoría e lóxica. Consiste tamén en que un Sith debe obter o poder para se beneficiar soamente a si mesmo, o cal é contrario aos Jedi, que queren o poder para manter a paz na galaxia e beneficiar aos demais.

A vantaxe que posúen os Sith sobre os Jedi é que os primeiros utilizan o Lado Escuro e non o Lado Luminoso da Forza. E sucede que o Lado Escuro outorga poder máis fácil e rápidamente, debéndose isto a que é máis doado odiar que acougar o odio. Pero a súa vez, os Sith teñen unha desventaxa, que é que o poder pódese volver en contra deles, volvéndoos tan malvados, egoístas, egocéntricos, tiranos e desapiadados que terminan sen ter absolutamente ningún ser querido excepto, obviamente, eles mesmos, por iso é moi común que un aprendiz traizoe ao seu mestre.

Os Sith utilizan sabre láser de cor vermella, a cal representa o poder, a paixón, o odio e a morte. O cristal que produce a cor vermella na espada de luz é artificial e creada polos mesmos Sith, a diferenza dos que producen as cores azul e verde, as cales son atopadas en cavernas naturais. Estas dúas últimas cores, entre outras poucas, son usadas polos Jedi, que representan a paz, a sabedoría e o orde.

Código Sith[editar | editar a fonte]

Este código Sith é o que aparece en Knights of the Old Republic:

  • A paz é unha mentira, só existe o odio.
  • O amor é unha mentira, só existe a paixón.
  • A través da paixón, obteño fortaleza.
  • A través da fortaleza, obteño poder.
  • A través do poder, obteño a vitoria.
  • A través da vitoria, as miñas cadeas son rotas.
  • A Forza libérame.

Grandes Figuras do Sith[editar | editar a fonte]