Sabre láser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sabre de luz de Obi-Wan Kenobi.

Un sabre láser ou espada de luz (en inglés: lightsaber) é unha espada de enerxía ficticia que aparece no universo d'A guerra das galaxias (Star Wars). Un sabre láser típico ten arredor dun metro de longo, normalmente cunha empuñadura metálica (duns 11 cm de longo)[1] e proxecta unha lámina de enerxía a xeito de luz brillante (normalmente duns 3 cm de groso, aínda que a lonxitude se pode controlar virando a empuñadura[2]).

O sabre láser é a arma elixida pola orde dos Jedi e máis a dos Sith, ambos os dous poden usala para o combate corpo a corpo ou para desviar disparos láser. A súa distintiva aparencia foi creada usando rotoscopia nos filmes da triloxía orixinal, e dixitalmente na precuela e nos novos filmes de década de 2010. O sabre láser apareceu primeiramente no filme orixinal de 1977 Unha esperanza nova e en todos os filmes de Star Wars. En 2008, nunha enquisa de aproximadamente 2.000 fans de películas, considerouse que é a arma máis popular da historia do cinema.[3]

A folla do sabre láser pode cortar, queimar e derreter a maioría das substancias doadamente. Deixa cicatrices e feridas na pel, mais pode evitarse coa lámina doutra espada láser ou escudos de enerxía. No universo de Star Wars téñense introducido diferentes variantes e cores, espadas con lámina dupla ou con orellas. Cando o sabre está acendido fai un característico zunido, que medra cando se move no ar. Cando bate con outro sabre produce un grande estalo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "lighsaber". proparchives.com. 
  2. Ahsoka114 (25 de novembro de 2014). "Star Wars Rebels - Rise of the Old Masters - Ezra's Jedi Training - HD". YouTube. Consultado o 10 de agosto de 2015. 
  3. Sophie Borland (21 de xaneiro de 2008). "Lightsabre wins the battle of movie weapons". Daily Telegraph. Consultado o 2008-01-26.