Saltar ao contido

Oso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Orbiting Solar Observatory.
Oso
Ursidae
Johann Fischer von Waldheim 1817 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Subdivisións
Características
 Fonte de
 Uso
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
SubclaseTheria
InfraclaseEutheria
OrdeCarnivora
SubordeCaniformia
FamiliaUrsidae
Datas
 Data de comezo
hai 38 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01dws Editar o valor en Wikidata
MeSHD001503 Editar o valor en Wikidata
CIE-111881017574 Editar o valor en Wikidata
ITIS180540 Editar o valor en Wikidata
OTT297458 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A dos úrsidos[1] (Ursidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que inclúe animais de grandes dimensións coñecidos como osos,[2] incluíndo o oso panda.[3]

Todos os osos teñen en común a pelaxe densa que pode ser de distintas cores segundo o oso, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, aínda que isto depende, en último grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pé sobre as patas posteriores. Posúen un fociño longo e orellas arredondadas.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

O osos adáptase a unha gran variedade de ambientes, desde os trópicos ao Ártico, e da selva até a banquisa. Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros máis que períodos moi curtos. Certas especies, como o oso polar (Ursus maritimus) e o oso pardo (Ursus arctos), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Nas rexións temperadas e frías os osos pasan o período invernal nun estado de sono profundo e prolongado, que vén sendo denominado, erradamente, como estadio de letargo, e que é mais apropiado denominar como período de repouso invernal,[4] portque, de feito, aínda que o seu organismo non consome alimento nin auga, o certo é que durante este tempo a súa temperatura corpórea non baixa moito, e as súas funcións fisiolóxicas, pese a reducírense, desenvólvense consonte á regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crías son de dimensións moi reducidas con respecto do tamaño da nai (até un 1/600 menores), aforrando así gastos elevados de enerxía, ora no parto, ora no aleitamento.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Son omnívoros, aínda que algúns posúen unha dieta baseada só en carne, como ocorre co oso polar. Comen tamén liques, raíces e bagas. Son capaces de capturar peixes en cursos de auga. Cazan, especialmente, na tarde e na alba, salvo que haxa seres humanos na contorna.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A época de reprodución dos osos é moi breve. Reprodúcense de maneira estacional, polo común logo do período de hibernación. As crías nacen desdentados, cegos e pelóns. O habitual son camadas de 1 a 3 crías, que permanecerán coa nai durante uns seis meses. Primeiro alimentados co leite materno; logo de tres meses comezarán a cazar en compaña da nai. Despois xa son xebrados, mais ficarán aínda nas mesmas paraxes durante tres anos. Ao cabo duns sete anos xa atinxen a madurez sexual.

Teñen unha esperanza de vida de entre 25 a 40 anos, segundo as especies.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Familia Ursidae

Relacións filoxenéticas

[editar | editar a fonte]

Os úrsidos son unha familia de evolución tardía, e comparten cos cánidos un antepasado común. Comparten trazos cos prociónidos (mapaches), os otaríidos (leóns mariños) e os odobénidos (morsas).

O mapaches e os osos diverxeron hai ao redor de 30 Ma. Tremarctos ornatus (o oso de anteollos) separarouse dos outros osos hai uns 3 Ma. As seis especies distintas de osos apareceron hai uns 6 Ma. O rexistros fósiles e as análises de ADN permitiron demostrar que o oso polar e o oso pardo se separaron hai tan só uns 200 000 anos.

Unha clasificación controvertida

[editar | editar a fonte]

Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[5] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a mairoía dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[6] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
            Ailuropoda melanoleuca (   ,    )
            Helarctos malayanus (   )
            Melursus ursinus (   )
            Tremarctos ornatus
            Ursus americanus
            Ursus thibetanus (   ,    ,    ,    )
            Ursus arctos (   )
            Ursus maritimus
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para úrsidos.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oso.
  3. "oso panda no dicionario da RAG.". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013. 
  4. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.
  5. Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
  6. Ailuropodinae Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en Paleobiology Database.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]