Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
J. J. Abrams Nome completo Jeffrey Jacob Abrams Nacemento 27 de xuño de 1966 Lugar Nova York Nacionalidade Estados Unidos de América Educado en Sarah Lawrence College e Palisades Charter High School Pai Gerald W. Abrams Nai Carol Ann Abrams Fillos Henry Abrams Profesión director de cinema, produtor de cinema, produtor de televisión, guionista , actor de televisión, actor de cinema, compositor, actor , escritor , director de televisión, produtor, compositor de bandas sonoras, produtor delegado e showrunner Na rede [ editar datos en Wikidata ]
Jeffrey Jacob Abrams , nado en Nova York o 27 de xuño de 1966 , é un produtor de cine e televisión, escritor , director , actor e compositor xudeu estadounidense , máis coñecido coma J. J. Abrams .
Criouse nos Ánxeles (California ), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[ 1]
Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity . Tamén creou Alias e cocreou Lost , pola que gañou dous Premios Emmy , Fringe e Undercovers . Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[ 2]
Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk , o produtor/director Tommy Gormley , os actores Greg Grunberg , Simon Pegg , Amanda Foreman , e Keri Russell , o compositor Michael Giacchino , os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci , os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong , e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey .
Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal)
Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal)
Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director)
The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio)
What About Brian (2006–2007) (produtor executivo)
Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo)
Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio)
Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio)
Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director)
Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director)[ 5]
Person of Interest (anunciada)[ 6]
Alcatraz (anunciada)[ 7]
Ano
Categoría
Película
Resultado
2007
Mellor serie internacional
Lost
Candidato
Ano
Categoría
Película
Resultado
2005
Mellor dirección de serie dramática
Lost
Gañador
2005
Mellor serie dramática
Lost
Gañador
2005
Mellor guión de serie dramática
Lost
Candidato
2002
Mellor guión de serie dramática
Alias
Candidato
Ano
Categoría
Película
Resultado
1999
Peor guión
Armageddon
Candidato
Ano
Categoría
Película
Resultado
2007
Serie dramática
Lost
Candidato
2006
Serie dramática
Lost
Gañador