Saltar ao contido

Tigre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tigre
Panthera tigris
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome común
tigre Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Felis tigris Linnaeus, 1758

Tigris striatus Severtzov, 1858

Tigris regalis Gray, 1867
Características
 Período de aparición
 Duración máxima de vida
26.3 AA Editar o valor en Wikidata
 Ciclo diurno
 Fonte de alimentación
 Son producido
 Ten deseño
 Forza de mordida
127 Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
107 DD Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
2.5 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Hábitat
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaFelidae
XéneroPanthera
EspecieP. tigris
Identificadores
Freebase/m/07dm6 Editar o valor en Wikidata
MeSHD046010 Editar o valor en Wikidata
ITIS183805 Editar o valor en Wikidata
OTT42314 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

Os tigres (Panthera tigris) son mamíferos da familia Felidae, pertencentes a unha das catro especies de felinos do xénero Panthera. Os tigres son cazadores carnívoros.

Características

[editar | editar a fonte]

O peso récord dun macho adulto é de máis dun terzo de tonelada. Coma os leopardos, os tigres comen principalmente de noite. A pesar do seu gran tamaño, poden axexar as súas presas en completo silencio, denantes de se abalanzar sobre elas a curta distancia. Apreixan as súas vítimas coas poutas dianteiras e mátanas trabándolles a gorxa. Os tigres son perigosos para as persoas; levan causadas moitas vítimas, especialmente alí onde os humanos alteran o seu hábitat natural.

Nos últimos anos[cando?] a poboación mundial de tigres descendeu, principalmente a causa da caza ilegal; na actualidade[cando?] quedan probablemente menos de 7000 exemplares en estado salvaxe.

Os tigres presentan unhas raias negras que os axudan a camuflarse. Os casos de tigres devoradores de homes son raros, malia a lenda que acompaña a figura do animal.

Os primeiros tigres auténticos orixináronse no sur de Siberia durante o Plistoceno. Desde alí iniciaron unha longa expansión que se concretou ao longo de dúas rotas distintas: unha cara ao leste, a través das estepas de Asia Central, que os levou ata Persia, Mesopotamia e máis o Cáucaso; e outra ao longo do litoral da China, que rematou na India e o Sueste asiático, a onde chegaron hai menos de dez mil anos. Xa en época histórica, a presión humana forzou a redución e extinción de moitas poboacións, malia que ata o século XIX aínda gozaban dunha distribución que aínda sendo irregular espallábase desde Xeorxia ata a illa indonesia de Balí.

Na actualidade sobreviven cinco subespecies de tigres: o de Bengala (Panthera tigris tigris), posiblemente o máis coñecido polo ser humano hoxe en día, habita no subcontinente indio; o de Siberia (P. t. althaica), o tigre máis alto e corpulento; o de Sumatra, do que quedan menos de 500 exemplares, unha subespecie de tigre de -relativamente- pequenas dimensións; o de Indochina (P. t. corbetti), e o tigre do sur da China (P. t. amoyensis), o que corre máis perigo de extinción na actualidade, xa que só quedan uns trinta exemplares. O famoso "tigre branco" é, en realidade, unha variedade de tigre bengalí orixinaria do estado indio de Madhya Pradesh (antigo reino de Rewa), na que a cor leonada da pelaxe foi substituída por branco debido a unha mutación; os ollos destes tigres son azuis.

Durante o século XX extinguíronse outras tres subespecies por mor da caza e da deterioración do seu hábitat. O tigre do Caspio (P. t. virgata), un voluminoso tigre semellante ao de Bengala pero que podía superar os 400 quilos de peso, sufriu unha dura campaña de exterminio na Rusia tsarista. O último exemplar ruso foi abatido no actual Azerbaidján en 1923, e a subespecie desapareceu definitivamente cando se cazou o derradeiro tigre iraniano en 1959. Unhas décadas antes, en 1937, o pequeno tigre de Balí (P. t. balica), unha raza de cor escura e menos de 100 quilos de peso máximo, foi exterminado, namentres que na veciña illa de Xava perdeuse a pista á subespecie local (P. t. sondaica) a mediados dos 70.

Frecuentemente en América ao xaguar chámaselle tigre, debido á semellanza de ambos os animais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]