Erich Wolfgang Korngold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erich Wolfgang Korngold
Erich Wolfgang Korngold 01.jpg
Data de nacemento 29 de maio de 1897
Lugar de nacemento Brünn, Moravia
Data de falecemento 29 de novembro de 1957 (60 anos)
Lugar de falecemento Os Ánxeles, California
Premios Oscar á mellor banda sonora
1938 - As aventuras de Robin Hood
Parella/s Luzi Sonnenthal (1924–1957)

Erich Wolfgang Korngold, nado en Brünn (hoxe Brno, na República Checa) o 29 de maio de 1897 e finado nos Ánxeles foi un compositor austro-húngaro nacionalizado estadounidense.[1][2] Mentres o seu estilo romántico era considerado pasado de moda no tempo da súa morte, a súa música sufriu unha nova avaliación recentemente espertando de novo o seu interese.[3] É considerado, xunto con compositores como Max Steiner e Alfred Newman, un dos fundadores da música do cinema.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Korngold naceu nunha familia xudía na actual Brno, segundo fillo do eminente crítico musical Julius Korngold. Foi un neno prodixio que tocou a súa cantata Gold a Gustav Mahler en 1909; Mahler chamouno "xenio musical" e recomendoulle para estudar co compositor Alexander von Zemlinsky. Richard Strauss tamén falou con eloxios del durante a súa mocidade.

Aos once anos compuxo o seu ballet Der Schneemann, que foi unha sensación ao ser estreado na ópera de Viena en 1910. A esta obra seguiu unha sonata para piano que Artur Schnabel interpretou por toda Europa.[3] Nestes primeiros anos Korngold tamén fixo gravacións en vivo.

A súa primeira peza para orquestra, Schauspiel Ouverture, foi composta cando tiña catorce anos. O ano seguinte apareceu a súa Sinfonietta, e as primeiras dúas óperas, Der Ring des Polykrates, e Violanta, en 1914. Die tote Stadt, que foi un éxito internacional, chegou en 1920. Nese momento, con vinte e tres anos acadara o cénit da súa fama como compositor de óperas e concertos. Tamén comezou a arranxar e dirixir operetas para Johann Strauss e outros compositores mentres ensinaba ópera e composición na Vienna Staatsakademie. Korngold recibiu o título de profesor honoris causa polo presidente de Austria.[3]

Max Reinhardt, con quen colaborara nas operetas Die Fledermaus e La belle Helene, propúxolle ir a Hollywood en 1934 para adaptar a música de A Midsummer Night's Dream, de Felix Mendelssohn, para a versión cinematográfica da obra. En 1938 estaba dirixindo óperas en Austria cando a Warner Brothers lle ofreceu volver a Hollywood e compoñer a banda sonora de As aventuras de Robin Hood (1938), con Errol Flynn. Aceptou e marchou en barco. Cando ao pouco de chegar se produciu o Anschluss a súa condición de xudeu en volveuse perigosa en Austria e Korngold quedou en América. Tempo despois afirmou: "Pensabamos que eramos vieneses; Hitler fíxonos xudeus."[4] En 1943 nacionalizouse estadounidense.

En 1945 faleceu o seu pai, que nunca se sentira cómodo nos Ánxeles nin aprobara a decisión do seu fillo de centrarse na composición cinematográfica.[5] Nese tempo a guerra en Europa xa acabara e ademais Korngold comezou a desilusionarse cos novos filmes que se facían en Hollywood, facéndolle decidir volver á música para concertos e para teatro.[5] Deixou de compoñer bandas sonoras en 1946, tras Deception. Porén, por unha petición de Republic Pictures adaptou a música de Richard Wagner para un filme biográfico sobre o compositor titulado Magic Fire (1955), dirixido por William Dieterle.

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

  • Piano Sonata No. 1 in D minor con passacaglia, (composta en 1908; estreada en 1908–09)
  • Piano Trio in D major, Op. 1 (composta en and estreada en 1910)
  • Piano Sonata No. 2 in E major, Op. 2, en catro movementos (composta en 1910; estreada en 1911)
  • Schauspiel-Ouvertüre (Overture to a Play), Op. 4 (Composta en and estreada en 1911)
  • Sinfonietta, Op. 5 (Composta en 1912, orquestada e estreada en 1913)
  • Violin Sonata in G major, Op. 6 (composta en 1912; estreada en 1916)
  • Der Ring des Polykrates, Op. 7 (1916)
  • Violanta, Op. 8 (1916)
  • String Sextet in D major, Op. 10 (estreada en 1917)
  • Much Ado About Nothing, Op. 11 (Música incidental para a obra de Shakespeare) (Composta en 1918–1919, estreada en 1920)
  • Die tote Stadt, Op. 12 (1920)
  • Sursum Corda, Op. 13 (Symphonic Overture) (Composta en 1919, estreada en 1920)
  • Quintet for two violins, viola, cello and piano in E major, Op. 15 (composta en 1920–21; estreada en 1923)
  • String Quartet No. 1 in A major, Op. 16 (composta en 1923; estreada en 1924)
  • [[Piano Concerto for the Left Hand (Korngold)|Piano Concerto in CModelo:Music for the left hand alone]], Op. 17, (Composta en 1923, estreada en 1924)
  • Das Wunder der Heliane, Op. 20 (1927)
  • Suite for 2 violins, cello and piano left hand, Op. 23, composta en 1930; estreada en 1930
  • Piano Sonata No. 3 in C major, Op. 25 (composta en 1931; estreada en 1932) ([1])
  • String Quartet No. 2 in E-flat major, Op. 26 (composta en 1933; estreada en 1934)
  • Die Kathrin, Op. 28 (1939)
  • Tomorrow, Op. 33, tone poem for mezzo-soprano, women's choir and orchestra, for the movie The Constant Nymph. (Estreada en concerto en 1944)
  • String Quartet No. 3 in D major, Op. 34 (composta en 1945; estreada en 1946)
  • Violin Concerto, Op. 35 (Composta en 1945, estreada en 1947)
  • Die stumme Serenade, Op. 36 (Comedia musical) (1954)
  • Cello Concerto in C major, Op. 37 (Composta en 1950, expandida a partir da obra escrita para o filme de 1946 Deception)
  • Symphonic Serenade in BModelo:Music major for string orchestra, Op. 39 (Composta en 1947–48, estreada en 1950)
  • [[Symphony in F-sharp major (Korngold)|Symphony in FModelo:Music major, Op. 40 (Composta en 1947–52, estreada en 1954)
  • Theme and Variations, Op. 42 (Composta e estreada en 1953)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Korngold, Erich Wolfgang". Encyclopædia Britannica Online Library Edition. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 29 de setembro de 2013. 
  2. Obituario en Variety, 4 de decembro de 1957, page 79.
  3. 3,0 3,1 3,2 Carroll, New Grove (2001), 13:823.
  4. Bernardi, Daniel. Hollywood's Chosen People: The Jewish Experience in American Cinema, Wayne State Univ. Press (2013) p. 48
  5. 5,0 5,1 Kingston, Robert (2009). "Erich Wolfgang Korngold". OREL Foundation. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Last Prodigy. A Biography of Erich Wolfgang Korngold por Brendan G. Carroll. ISBN 978-1-57467-029-5 (Hardcover, Octubre 1997)
  • Das Letzte Wunderkind de Brendan G Carroll – Edición revisada da biografía de Carroll The Last Prodigy, traducida ao alemán, novembro de 2012. Hardcover Boehlau-Verlag, Viena
  • Erich Wolfgang Korngold (20th-Century Composers) de Jessica Duchen. Phaidon Publication. ISBN 0-7148-3155-7 (Paperback, xullo de 1996)
  • Erich Wolfgang Korngold de Luzi Korngold (esposa). Verlag Elisabeth Lafite, Viena, 1967. En alemán. Hardcover.
  • "Erich Wolfgang Korngold: early life and works". Tese de doutoramento de David Ian Kram. Monash University, Melbourne, Australia (www.monash.edu.au)
  • Stanley Sadie, ed. The New Grove Dictionary of Music and Musicians, segunda edición (Londres: Macmilian, 2001), 29 vols. ISBN 0-333-60800-3. (Carroll, Brendan G., "Korngold, Erich Wolfgang.")

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]