Pulps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As pulps ou pulp magazines son revistas baratas editadas con papel de baixa calidade, do que reciben o seu nome (eran feitas con papel de pulpa), moi populares nos EUA desde comezos do século XX.

Abarcaban practicamente todos os xéneros, pero aquelas das que hoxe aínda se fala e que crearon un xénero puramente americano son as de detectives e misterio, onde comezaron a escribir autores como Dashiell Hammett e Raymond Chandler.

Tamén se iniciaron neste tipo de publicacións autores como Robert E. Howard.