Jodie Foster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jodie Foster
Nome completoAlicia Christian Foster
Nacemento19 de novembro de 1962
LugarOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade Yale, Yale College, Lycée Français de Los Angeles, The Center for Early Education e Grace Hopper College
PaiLucius Fisher Foster
NaiBrandy Almond
Cónxuxe(s)Alexandra Hedison
Profesiónactriz, actriz de cinema, directora de cine, produtora, actriz de dobraxe, actor de xénero, actriz de televisión, produtor de teatro, produtora delegada e produtora de televisión
Na rede
IMDB: nm0000149 Allocine: 1065 Rottentomatoes: celebrity/jodie_foster Allmovie: p90220 0/Jodie-Foster Metacritic: person/jodie-foster TV.com: people/jodie-foster
Musicbrainz: 545ba25a-405e-48a0-8c0f-4cc54a164cba Discogs: 338839 Genius: Jodie-foster Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alicia Christian Foster, coñecida como Jodie Foster, nada nos Ánxeles (California) o 19 de novembro de 1962, é unha actriz e directora de cine estadounidense gañadora de dous Globo de Ouro e dous Oscar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ó exclusivo colexio Liceo Francés dos Ánxeles, e despois á Universidade Yale, onde no ano 1985 se graduou magna cum laude en Literatura. Mantén unha forte privacidade sobre toda a súa vida persoal a diferenza de moitos dos seus compañeiros de profesión. Rumoreouse durante anos nos medios de prensa acerca da súa probable orientación sexual como lesbiana, algo que ela nunca recoñeceu nin desmentiu. Actualmente, mantén unha relación sentimental coa produtora Cydney Bernard, a súa parella durante máis dunha década, a pesar de que Foster foi moi coidadosa en non falar do tema cos medios de comunicación. Ten dous fillos, Charles (1998) e Kit (2001). Foster nunca comentou ou revelou ningún dato acerca dos seus pais.

Foster é membro de Mensa, organización para persoas con elevado cociente intelectual. A actriz domina a lingua francesa, polo que xeralmente realiza a dobraxe das súas películas a devandito idioma.

O 30 de marzo de 1981, un fanático psicópata obsesionado polo papel interpretado por Foster no filme Taxi Driver executou un atentado errado contra a vida do Presidente Ronald Reagan.

Jodie Foster na estrea alemá de A estraña que hai en ti.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Debutou ós dous anos de idade protagonizando un anuncio de televisión. Ós catro comezou a actuar en series de televisión. Á idade de 12 anos alcanzou o seu primeiro éxito cinematográfico en 1976 con Taxi Driver de Martin Scorsese, obtendo un nomeamento para o Oscar á mellor actriz.

As intervencións de Foster nos filmes son notables, caracterizando a mulleres con pesadas cargas emocionais conferíndolle aos seus personaxes unha complexa matriz de emocións atopadas.

As súas interpretacións máis notables, entre outros títulos, son Le Sang des autres (C. Chabrol, 1983), The Accused (J. Kaplan, 1988), O silencio dos cordeiros (J. Demme, 1991), Sombras e néboa (Woody Allen, 1991), Sommersby (J. Amiel, 1992), Nell (de M. Apted, 1994), Contact (de Robert Zemeckis, 1997) e Anna and the King (A. Tennant, 1999).

Debutou como directora con Little Man Tate en 1991.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Lista de créditos en cine e televisión
Ano Título Papel Notas
1968–1970 Mayberry, R.F.D. 2 episodios Serie de televisión
1969 The Doris Day Show Jenny Benson Serie de televisión, Tempada 1: "The Baby Sitter"
1970 Menace on the Mountain Suellen McIver Telefilme "The Wonderful World of Disney"
1970 Daniel Boone Rachel Serie de televisión, Tempada 6, episodio 24: "Bringing Up Josh"
1970 Adam 12 Mary Serie de televisión, tempada 3, episodio 6: "Log 55 Missing Girl"
1972 Bonanza Bluebird Serie de televisión, tempada 13, episodio 24: "A Place to Hide"
1972 My Sister Hank Henrietta "Hank" Bennett Telefilme
1972 Napoleon and Samantha Samantha
1972 Kansas City Bomber Rita
1972 The Amazing Chan and the Chan Clan Anne Chan (voz) Serie de televisión
1973 Rookie of the Year Sharon Lee Televisión
1973 Alexander, Alexander Sue Televisión
1973 Partridge Family Julie Serie de televisión
1973 Tom Sawyer Rebecca Thatcher
1973 Kung Fu Alethea Patricia Ingram Serie de televisión, tempada 1, episodio 11: "Alethea"
1973 One Little Indian Martha McIver
1973 The Addams Family Pugsley (voz) Serie de televisión
1974 Alicia xa non vive aquí Audrey
1974 Smile, Jenny, You're Dead Liberty Cole Televisión
1974 Paper Moon Addie Loggins Serie de televisión
1975 The Secret Life of T.K. Dearing T.K. Dearing Televisión
1976 Taxi Driver Iris Steensma
1976 Echoes of a Summer Deirdre Striden
1976 Bugsy Malone Tallulah
1976 The Little Girl Who Lives Down the Lane Rynn Jacobs
1976 Freaky Friday Annabel Andrews
1977 Moi, fleur bleue Isabelle Tristan
1977 Beach House Teresina Fedeli
1977 Candleshoe Casey Brown
1980 Foxes Jeanie
1980 Carny Donna
1982 O'Hara's Wife Barbara O'Hara
1983 Svengali Zoe Alexander
1984 The Hotel New Hampshire Frannie Berry
1984 The Blood of Others Hélène Bertrand
1986 Mesmerized Victoria Thompson
1987 Five Corners Linda
1987 Siesta Nancy
1988 Stealing Home Katie Chandler
1988 The Accused Sarah Tobias
1990 Catchfire Anne Benton
1991 O silencio dos cordeiros Clarice Starling
1991 Little Man Tate Dede Tate
1992 Sombras e néboa Prostituta
1993 Sommersby Laurel Sommersby
1994 Maverick Mrs. Annabelle Bransford
1994 Nell Nell Kellty
1997 The X-Files Betty (voz) Serie de televisión, episodio "Never Again"
1997 Contact Dr. Eleanor Arroway
1998 The Uttmost Ela mesma Documental
1998 Psycho Muller
1999 Anna and the King Anna Leonowens
2002 The Dangerous Lives of Altar Boys Irmá Assumpta
2002 Panic Room Meg Altman
2002 Tusker Minnie
2003 Abby Singer Ela mesma
2004 Un longo domingo de noivado Elodie Gordes
2005 Flightplan Kyle Pratt
2005 Statler and Waldorf: From the Balcony Ela mesma Episodio 8
2006 Inside Man Madeline White
2007 A estraña que hai en ti Erica Bain
2008 Nim's Island Alexandra Rover
2009 The Simpsons Maggie Simpson (voz) Serie de televisión, episodio: "Four Great Women and a Manicure"
2011 The Beaver Meredith Black Tamén directora
2011 Carnage Penelope Longstreet
2013 Elysium Jessica Delacourt

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Premio Categoría Gañador? Película
1976 BAFTA Best Supporting Actress and Best Newcomer Si Bugsy Malone
1977 Golden Globe Best Motion Picture Actress - Musical/Comedy Non Freaky Friday
1977 Academy Awards Best Supporting Actress Non Taxi Driver
1977 BAFTA Best Actress in a Supporting Role Si Taxi Driver
1978 Premio Saturn Mellor Actriz Si The Little Girl Who Lives Down the Lane
1988 Golden Globe Best Performance by an Actress in a Motion Picture - Drama Si The Accused
1988 Academy Awards Mellor Actriz Si The Accused
1991 New York Filme Critics Circle Awards Mellor Actriz Si O silencio dos cordeiros
Academy Awards Academy Award for Best Actress
BAFTA Mellor Actriz
Golden Globe Award Best Performance by an Actress in a Motion Picture - Drama
1992 Saturn Award Mellor Actriz Non O silencio dos cordeiros
1995 Screen Actors Guild Screen Actors Guild Award for Best Actress - Motion Picture Si Nell
1995 Academy Awards Academy Award for Best Actress Non Nell
1997 Golden Globe Best Performance by an Actress in a Motion Picture - Drama Non Contact
1998 Saturn Award Mellor Actriz Si Contact
2003 Saturn Award Mellor Actriz Non Panic Room
2006 Saturn Award Mellor Actriz Non Flightplan

Oscars[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1994 Oscar á mellor actriz Nell Candidata
1991 Oscar á mellor actriz O silencio dos cordeiros Gañadora
1988 Oscar á mellor actriz Acusados Gañadora
1976 Oscar á mellor actriz de repartición Taxi Driver Candidata

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
1999 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Contact Candidata
1995 Globo de Ouro á mellor película - Drama Nell Candidata
1995 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Nell Candidata
1992 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama O silencio dos cordeiros Gañadora
1989 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Acusados Gañadora
1977 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical ¡Que desenfreo de filla! Candidata

Véxase tamén[editar | editar a fonte]