Metropolis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metropolis
Maria 1927.JPG
Ficha técnica
Título orixinal Metropolis
Director Fritz Lang
Produtor Erich Pommer
Guión Thea von Harbou
Fritz Lang
Intérpretes Alfred Abel
Brigitte Helm
Gustav Fröhlich
Rudolf Klein-Rogge
Música Gottfried Huppertz
Fotografía Karl Freund
Günther Rittau
Walter Ruttmann
Estudio Babelsberg Studios
Distribuidora UFA
Ano 10 de xaneiro de 1927[1]
Duración 148 minutos
(restauración de 2010)
153 minutos
(estrea de 1927, perdida)
País Alemaña República de Weimar
Xénero Ficción científica
Orzamento 5.100.000 Reichsmark (estimado)

Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama desenvólvese nunha distopía urbana futurista. É considerado o pioneiro dos filmes de ciencia ficción, sendo a primeira longametraxe deste xénero.[2] Ademais, é un dos máximos expoñentes do expresionismo alemán nas artes cinematográficas.

O guión foi escrito por Fritz Lang e a súa muller Thea von Harbou, inspirándose nunha novela de 1926 da propia Von Harbou. Está protagonizado por Brigitte Helm, Gustav Fröhlich, Alfred Abel e Rudolf Klein-Rogge.

Metrópolis é un dοs poucos filmes considerados Memoria do Mundo pola Unesco (outros son os filmes documentais dos irmáns Lumière, Los olvidados, dirixida por Luis Buñuel de 1950 e The Wizard of Oz de Victor Fleming de 1939). Foi o primeiro en posuír esta categoría, amparado na vívida encarnación de toda a sociedade, e na profundidade do seu contido humano e social.

Feito en Alemaña durante a período de Weimar, Metropolis segue os intentos de Freder, o fillo do gobernante da cidade, e Maria, cuxo pasado non é explicado no filme, por superar o abismo que os separa nunha sociedade clasista. Metropolis foi rodada en 1925, e tivo un custo aproximado de 5 millóns de Reichsmarks.[3] Así, foi o filme que máis caro daquela época.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

Nunha megalópole do ano 2026, os obreiros viven recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade e do que non poden saír. Pero, incitados por un robot, rebélanse contra a clase intelectual que ten o poder e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder (Gustav Fröhlich), o fillo do soberano de Metrópolis, e María, unha rapaza de orixe humilde, intentarán evitar a destrución apelando ós sentimentos e ó amor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kreimeier, Klaus (1999). The Ufa story: a history of Germany's greatest film company, 1918–1945. Berkeley: University of California Press. p. 156. ISBN 0-520-22069-2. 
  2. SciFi Film History - Metropolis (1927) - Although the first science fiction film is generally agreed to be Georges Méliès' A Trip To The Moon (1902), Metropolis (1926) is the first feature length outing of the genre. (scififilmhistory.com, retrieved 15 May 2013)
  3. Hahn, Ronald M. / Jansen, Volker: Die 100 besten Kultfilme. Heyne Filmbibliothek, München 1998, ISBN 3-453-86073-X, S. 396 (German)
  4. "Total Sci-Fi Online". Time Tunnel: Metropolis. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metropolis