Longametraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha longametraxe é un filme realizado para a súa exhibición en cines e que conta cunha duración significativa, as normas para considerar un filme longametraxe dependen de cada país ou organización.

Países[editar | editar a fonte]

  • En España considérase longametraxe aquela que ten unha duración mínima de sesenta minutos e aqueloutras superiores a corenta e cinco minutos sempre que se produzan en formato de 70 mm, cun mínimo de oito perforacións por imaxe[1]
  • Nos Estados Unidos, considérase unha longametraxe os filmes cun mínimo de corenta minutos de duración, seguindo os requerimentos da Academy of Motion Picture Arts and Sciences[2]
  • En Francia considéranse longametraxes as de duración superior a unha hora[3].

Historia[editar | editar a fonte]

O filme australiano The Story of the Kelly Gang que tivo a súa estrea o 26 de decembro de 1906 considérase a primeira longametraxe e como tal a UNESCO inscribiuna no Programa Memoria do Mundo [4].

Notas[editar | editar a fonte]