Alicia do outro lado do espello
Alicia do outro lado do espello | |
---|---|
Cuberta da primeira edición do libro. | |
Título orixinal | Through the Looking-Glass, and What Alice Found There |
Autor/a | Lewis Carroll |
Ilustrador/a | John Tenniel |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Macmillan Publishers |
Data de pub. | 1871 |
ISBN | Non |
Precedido por | Alicia no país das marabillas |
Primeira edición galega | |
Tradución | Teresa Barro, Fernando Pérez Barreiro |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1985 |
ISBN | ISBN 978-84-7507-171-8 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alicia do outro lado do espello (Through the Looking-Glass, and What Alice Found There, título orixinal en inglés) é un libro de Lewis Carroll escrito en 1871 secuela da obra Alicia no país das marabillas (Alice's Adventures in Wonderland, título orixinal en inglés) de 1865.
Resumo
[editar | editar a fonte]Todo comeza un día no que Alicia quere pasar ao outro lado do espello da súa casa para poder ver como será aquel lugar, a pesar que xa sabe que unha parte del semella ser case igual ao seu. Parece que o soño se fai realidade e Alicia encóntrase no outro lado do espello, e sorprendentemente as cousas parecen estar vivas.
Alicia tivo un pequeno xogo no xadrez e colleu o caderno do Rei Vermello e leu os poemas que tiña escrito, que se poden resumir na morte do Xascatrón. O seguinte lugar que vai visitar e o xardín; hai diversas flores que falan con ela, en especial un lirio. Alí encóntrase coa Raíña Vermella, quen lle deixou claro que todo aquilo era seu e que a raíña era a maxestade.
Alicia tras observar con detención o xardín, deuse conta que todo estaba dividido en cadros, coma un gran taboleiro de xadrez, no que a protagonista xogou unha partida seguida das instrucións da raíña. Alicia no camiño encontrouse a Tuideldum e Tuideldí, aos que lles pediu axuda para encontrar un camiño.
Alicia recoñece indubidablemente a Roncho Rechoncho, ao que ela lle contou algúns poemas e o significado destes.
Posteriormente, na fraga, puido ver como pasaban 207 soldados. O mensaxeiro deixou claro o motivo daquela revolta: o león e o unicornio pelexaban pola coroa.
Alicia estaba xogando ao xadrez, a súa ficha era un peón, e chegou ao oitavo cadro, ou sexa, a última fila; entón o peón pódese converter na peza que desexe, e ela converteuse en raíña. No xogo come a raíña Vermella.
O Rei Vermello de súpeto esperta do seu soño, polo que tiña razón cando dicía que Alicia só formaba parte do seu soño cando durante a historia tivo unha conversa con el. Como consecuencia, Alicia espertou e deuse de conta que estaba sacudindo ao gato.
A protagonista reflexiona e a súa conclusión é a seguinte: O Rei Vermello formou parte do seu soño, pero ela tamén formou parte do seu.
Personaxes
[editar | editar a fonte]
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
- Alicia: ten os ollos castaños e un pelo louro e longo. A súa idade é de sete anos e medio. É unha nena soñadora, vive moitas aventuras e é capaz de enfrontarse a todos os seus medos e de resolver as súas cuestións.
- Raíña Branca: ten un aspecto algo desastroso ao comezo, pero tras o encontro con Alicia o seu aspecto cambia grazas a ela. A súa idade e un tanto estraña, 101 anos, 5 meses e 1 día.
- Roncho Rechoncho: semella un lindo ovo. A súa cara e grosa e o seu nome significa a forma que posúe.
- Kitty: é a gata de Alicia. É moi travesa e pasa a maior parte do tempo coa protagonista.
- Mosquito: é un insecto do tamaño dunha galiña e mantén unha conversación con Alicia. É o personaxe que lle afirma á protagonista que está no mundo o revés e por iso hai cosas un tanto peculiares.
- Rei Vermello: é o personaxe que soña con Alicia, e viceversa.
- Tuideldum e Tuideldí: son dous homiños bochechudos. O primeiro ten unha pequena manía, xa que sempre di a palabra "negunhamente" nas súas conversas.
-
Alicia (Alice).
-
Raíña Branca (White Queen).
-
Roncho Rechoncho (Humpty Dumpty).
-
Rei Vermello (Red King).
-
Tuideldum e Tuideldí (Tweedledum and Tweedledee).
Notas
[editar | editar a fonte]Tuideldum e Tuideldí son, como Roncho Rechoncho ou o león e o unicornio, personaxes nomeados en cancións infantís tradicionais, ós que Carroll dá realidade imaxinativa.
Algúns dos nomes dos personaxes foron escollidos por seren familia de Lewis ou de Alicia.
O problema da realidade, afirma Bertrand Russell que era unha conversa moi interesante desde o punto de vista filosófico, pero se non fose polo humor resultaría dolorosa de máis para nós.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Alicia do outro lado do espello (en inglés) |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alicia do outro lado do espello |
A Galicitas posúe citas sobre: Alicia do outro lado do espello (en inglés) |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roig, B.; Domínguez, M.; Mociño, I. (2006). Produción da literatura infantil e xuvenil en galego (CD-ROM). ISBN 978-84-611-5082-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Hipótese da Raíña Vermella (bioloxía)
- The Annotated Alice