Michael Anderson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michael Joseph Anderson 30 de xaneiro de 1920 Londres, Reino Unido |
Morte | 25 de abril de 2018 (98 anos) Vancouver, Canadá |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , director de televisión , realizador |
Período de actividade | 1949 - 1999 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Adrienne Ellis (1977–2018) |
Fillos | Michael Anderson Jr. (pt) |
Pai | Lawrence Anderson |
Premios | |
Michael Joseph Anderson, nado en Londres (Inglaterra) o 30 de xaneiro de 1920 e finado en Vancouver (Canadá) o 25 de abril de 2018,[1] foi un director de cine británico, coñecido por filmes como A volta ao mundo en oitenta días (polo que foi candidato ao Óscar) e Logan's Run.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anderson naceu nunha familia do mundo do teatro. Os seus pais foron Lawrence e Beatrice Anderson e a súa tía avoa (Mary Anderson) foi a primeira actriz que tivo un teatro co seu nome en Louisville, Kentucky.
Logo de servir na segunda guerra mundial, comezou no cinema británico, debutando en 1949 con Private Angelo. A este, seguiron filmes como Waterfront Women (1950), o filme bélico The Dam Busters (1954) e a adaptación ao cinema da novela de George Orwell Nineteen Eighty-Four.
A fama chegoulle sobre todo por A volta ao mundo en oitenta días, adaptación da novela homónima de Jules Verne, que foi un éxito de público e que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor dirección. Tralo éxito do filme, instalouse en Hollywood, mais as súas obras posteriores non chegaron ao éxito desta. Entre estas destacaron As sandalias do pescador (1968) Doc Savage: The Man of Bronze (1975), Logan's Run (1976) ou Orca (1978).
Posteriormente, participou na realización de miniseries como The Martian Chronicles ou Sword of Gideon.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Anderson casou en tres ocasións:
- con Betty Jordan (1923–2008) en 1939; cinco fillos, entre eles o actor Michael Anderson Jr., que apareceu en Logan's Run e The Martian Chronicles.
- con Vera Carlisle (1935–) en 1969; un fillo.
- con Adrienne Ellis (1944–); dous enteados, a actriz Laurie Holden (The X-Files, The Mist, The Walking Dead) e Christopher Holden.
Anderson faleceu o 25 de abril de 2018 aos 98 anos de causas naturais.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Private Angelo (1949)
- Waterfront Women (1950)
- Hell Is Sold Out (1951)
- Night Was Our Friend (1951)
- Will Any Gentleman...? (1953)
- The House of the Arrow (1953)
- The Dam Busters (1955)
- 1984 (1956)
- A volta ao mundo en oitenta días (1956)
- Yangtse Incident: The Story of H.M.S. Amethyst (1957)
- Chase a Crooked Shadow (1958)
- Shake Hands with the Devil (1959)
- The Wreck of the Mary Deare (1959)
- All the Fine Young Cannibals (1960)
- The Naked Edge (1961)
- Patrulla de rescate (1964)
- Salvaxe e maravilloso (1964)
- Operation Crossbow (1965)
- The Quiller Memorandum (1966)
- As sandalias do pescador (1968)
- Pope Joan (1972)
- Doc Savage: The Man of Bronze (1975)
- Conduct Unbecoming (1975)
- Logan's Run (1976)
- Orca (1977)
- Nessie (1977)[3]
- Dominique (1978)
- The Martian Chronicles (1980) (TV)
- Murder by Phone (1982)
- Second Time Lucky (1984)
- Separate Vacations (1986)
- Sword of Gideon (1986) (TV)
- The Jeweller's Shop (1989)
- Millennium (1989)
- Young Catherine (1991) (TV)
- The Sea Wolf (1993) (TV)
- Rugged Gold (1994) (TV)
- Captains Courageous (1996) (TV)
- 20,000 Leagues Under the Sea (1997) (TV)
- Summer of the Monkeys (1998)
- The New Adventures of Pinocchio (1999)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roures, Juan (28 de abril de 2018). "Muere Michael Anderson, el director candidato al Oscar más antiguo". La Opinion. Consultado o 28 de abril de 2018.
- ↑ Fox News
- ↑ Coprodución entre Hammer Films e Toho Company Ltd. O proxecto foi cancelado durante a preprodución despois de que se imprimise e publicase material promocional en revistas como Variety.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Michael Anderson biography at BFI Screenonline
- Obituario en Variety
- Obituario en The Telegraph
- Obituario en Los Angeles Times