Lucasfilm (nome completo en inglés: Lucasfilm Limited ou Lucasfilm Ltd.) é unha produtora de películas fundada por George Lucas en 1971, localizada no condado de Marin (California). É internacionalmente coñecida por producir sagas como Star Wars ou Indiana Jones entre outros proxectos recoñecidos.
A compañía é líder en desenvolver nova tecnoloxía en canto a efectos especiais, son e animación computarizada.
Recentemente, Lucasfilm declarou as súas intención de abandonar a industria cinematográfica pura, para especializarse na produción de series televisivas.