Saltar ao contido

A fortaleza escondida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fortaleza escondida
 Título
    隠し砦の三悪人 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
28 de decembro de 1958 (Xapón) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Custo
   195.000.000 ¥ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   342.640.000 ¥ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   139 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316751675 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01nv95 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
8.0/10 Internet Movie Database (17 de febreiro de 2026)
4.1/5 Letterboxd (17 de febreiro de 2026)
96% Rotten Tomatoes (17 de febreiro de 2026)
89/100 Metacritic (3 de febreiro de 2026)
96% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
8.5/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0051808 Filmaffinity: 262804 Allocine: 12977 Rottentomatoes: m/1009583-hidden_fortress Allmovie: v22325 Metacritic: movie/the-hidden-fortress TV.com: movies/hidden-fortress Netlix: 60023023 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A fortaleza escondida[1] (隠し砦の三悪人 Kakushi toride no san akunin?, lit. "Os tres viláns da fortaleza escondida") é unha película de aventuras jidaigeki[2] do ano 1958 dirixida por Akira Kurosawa e protagonizada por Toshiro Mifune como o xeneral Makabe Rokurōta e Misa Uehara como a princesa Yuki.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dous campesiños farrapentos, Tahei (Minoru Chiaki) e Matashichi (Kamatari Fujiwara), que escaparon tras ser capturados polo exército de Yamana e obrigados a enterrar os mortos da guerra contra o exército Akizuki, discuten polo camiño e deciden separarse mais son capturados novamente e obrigados a escavar canda outros prisioneiros na procura do ouro do castelo Akizuki.

Conseguen escapar de novo cando os prisioneiros se sublevan. Ó outro día encontran a carón dun río dúas pezas de ouro marcadas co brasón de Akizuki e á noite atópanse cun misterioso home que os leva a unha fortaleza oculta. Este home, que di ser o xeneral Makabe Rokurōta (Toshiro Mifune) do exército derrotado Akizuki, custodia o ouro perdido do castelo Akizuki. Confiando na cobiza dos campesiños polo ouro Rokurōta pretende atravesar o territorio Yamana contando coa súa axuda; tentarán chegar a Hayakawa onde o señor do territorio lles prometeu protección. Canda eles viaxará a princesa Yuki (Misa Uehara) que se fará pasar por unha moza muda para non ser descuberta.

Mapa que Tahei debuxa no chan para explicarlle a Rokurōta o plan que concibiu con Matashichi para chegar desde Akizuki a Hayakawa pasando por Yamana.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Toshiro Mifune como o xeneral Makabe Rokurōta
  • Minoru Chiaki como Tahei
  • Kamatari Fujiwara como Matashichi
  • Misa Uehara como a princesa Yuki
  • Susumu Fujita como o xeneral Hyoe Tadokoro
  • Toshiko Higuchi como muller vendida como escrava

Influencia

[editar | editar a fonte]

George Lucas recoñeceu a influencia que tivo A fortaleza escondida na súa película A guerra das galaxias, particularmente dende a perspectiva de C-3PO e R2-D2.[3] O argumento desenvolvido por George Lucas para A guerra das galaxias tiña inicialmente gran similitude coa trama de A fortaleza escondida.[4]

  1. "A TVG comeza hoxe un ciclo adicado a Akira Kurosawa e ao seu actor icono, Toshiro Mifune". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2018.
  2. White, Armond (21-5-2001). "The Hidden Fortress". Criterion Collection. Consultado o 19-12-2018.
  3. Kamiski, Michael (2007). The Secret History of Star Wars (PDF) (en inglés). pp. 47–48. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  4. Stempel, Tom; Dunne, Philip (2000). Framework: A History of Screenwriting in the American Film (3ª ed.). Syracuse, Nova York: Syracuse University Press. p. 154 e 204. ISBN 0815606540.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]