Xintoísmo

O xintoísmo[1] (do xaponés Shinto (神道 shintō?), é unha relixión nativa do Xapón. Involucra a adoración dos kami ou espíritos da natureza. Algúns kami son moi locais e son coñecidos coma espíritos ou xenios dun lugar en particular, pero outros representan obxectos naturais maiores e procesos, por exemplo, Amaterasu, a deusa do Sol.
Definición[editar | editar a fonte]
O termo xinto refírese ás actividades desenvoltas polos xaponeses para venerar a todas as deidades do ceo e da terra; a súa orixe remóntase ós comezos do Xapón.
É considerada a relixión orixinaria do Xapón, un culto popular que pode describirse coma unha maneira sofisticada de animismo naturista con veneración ós antepasados, profundamente identificada coa cultura xaponesa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xintoísmo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xintoísmo ![]() |