James Earl Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
James Earl Jones
James Earl Jones (8516667383).jpg
Nacemento17 de xaneiro de 1931
 Arkabutla
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Educado enUniversidade de Michigan
Ocupaciónactor de televisión, actor de cinema, Actor de dobraxe, Actor de teatro e actor de dobraxe
PaiRobert Earl Jones
CónxuxeCecilia Hart e Julienne Marie
Coñecido/a porStar Wars Episode IV: A New Hope e The Lion King
PremiosNational Medal of Arts, Daytime Emmy Award, Theatre World Award, Tony Award for Best Actor in a Play, Tony Award for Best Actor in a Play, Prémio Screen Actors Guild Life Achievement Award, Horatio Alger Award, Premio Kennedy, Humanitarian of Year e Paul Robeson Award
editar datos en Wikidata ]

James Earl Jones, nado o 17 de xaneiro de 1931 en Arkabutla, é un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do actor Robert Earl Jones, é coñecido por darlle voz a Darth Vader na franquía Star Wars, actuou en moitos outros filmes, sendos os papeis máis salientables o de Thulsa Doom en Conan o bárbaro (1982) e o de Terence Mann en Field of Dreams (1989), tamén dobrou ao Emperador da Noite en Pinocchio and the Emperor of the Night (1987) e a Mufasa e en The Lion King (1994). A súa voz caracterízase por un ton baixo, fondo e autoritario, é a voz dos lemas da CNN, "This is CNN", e da CNN International "This is CNN International".