Saltar ao contido

O padriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O padriño
Nino Rota Editar o valor en Wikidata
 Título
The Godfather Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Movemento
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Publicación
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Recadación
270.007.394 $
136.479.994 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
7.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Parte da serie
 Puntuación da crítica
100/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
97% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
9.4/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (12 de febreiro de 1973)
Óscar á mellor montaxe (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor guión adaptado (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor filme (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor director (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor actor secundario (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor actor (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor actor secundario (12 de febreiro de 1973)
Óscar ó mellor son (12 de febreiro de 1973) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
27 de setembro de 1972 (Suecia)
18 de outubro de 1972 (Francia)
15 de marzo de 1972 (Estados Unidos de América)
24 de agosto de 1972 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Dimensión
Duración175 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF316753502 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-4669-0000-Z-0000-0000-6 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07g1sm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0068646 Filmaffinity: 809297 Allocine: 1628 Rottentomatoes: m/the_godfather Mojo: godfather Allmovie: v20076 TCM: 443184 Metacritic: movie/the-godfather TV.com: movies/the-godfather-the-coppola-restoration
Instagram: thegodfathermovie BNE: XX4978945 Netlix: 60011152 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O padriño (en inglés: The Godfather) é un filme estadounidense de 1972 baseado no libro de Mario Puzo e dirixido por Francis Ford Coppola. Está considerado como unha das obras mestras da historia do cine.

Comentarios

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha película baseada no libro do mesmo nome de Mario Puzo. Foi a primeira dunha triloxía completada por O padriño (II parte) (1974) e The Godfather Part III (1990). Gañadora de tres Premios Oscar en 1973, á mellor película, mellor guión de Mario Puzo e Francis Ford Coppola e mellor actor para Marlon Brando.

Presenta un retrato preciso e profundo dunha época e un ambiente, pero principalmente é unha crítica á sociedade norteamericana, as relacións intrafamiliares, á práctica política e ós seus esquemas morais tratados sutilmente como fondo do guión mediante temáticas relativas ó mundo da mafia, a inmigración, a relación de parella, os sistemas de dominación familiares, a violencia criminal e a súa asociación política entre outros aspectos.

Parte do atractivo visual e estilístico da obra consiste na interpretación da figura de Michael Corleone. Na secuencia inicial da película, Michael preséntasenos con rostro anxelical, ata Coppola emprega filtros especiais que reducen as súas engurras e que, combinados coa iluminación e a maquillaxe, ensínannos un Michael moito máis novo, recentemente abandonada a adolescencia. O brutal cambio que se opera na súa alma cando asume a herdanza de sangue dos Corleone reflíctese tamén no seu rostro, que na última escena é xa o dun home maduro, complexo, que mira directamente ós ollos e mente con todo o seu corazón.

Criticóuselle ó director o feito de ofrecer unha imaxe demasiado atractiva do mundo da mafia.

A historia comeza en agosto de 1945 coa voda de Connie Corleone, a filla de Vito Corleone, O Padriño. Todo siciliano debe atender as peticións que lle fan o día da voda da súa filla. Johnny Fontaine, o afillado de Don Vito, pídelle que lle consiga un papel para unha película de Hollywood, que o produtor non quere darlle. Don Vito envía a Tom Hagen a falar co produtor pero, tras unha negociación errada, o produtor esperta ó día seguinte coa cabeza do seu cabalo favorito metida na cama.

Tras esta presentación, comeza a auténtica trama.

Virgil "O Turco" Sollozzo, un capo siciliano da heroína que traballa para os Tattaglia, ofrece a Don Corleone participar no seu negocio, a cambio de protección legal. Pero, a pesar dos consellos de Tom, Don Vito négase, pois os seus amigos da política non poderían facer a vista gorda ante a droga do mesmo xeito que co xogo. Entón, Don Vito envía a Luca Brasi, o seu sicario, a unha reunión con Sollozzo e Bruno Tattaglia, onde é asasinado por estes.

Un día, Don Vito sae da súa oficina co seu fillo Fredo e disponse a comprar froita, concretamente laranxas. Dous sicarios da familia Tattaglia disparan a Don Vito nos propios narices de Fredo, quen, nervioso, non pode facer nada. Tralo atentado, o Padriño é levado ó hospital, ferido de morte. Sonny, que toma as rendas da familia, manda matar a Paulie Gatto, o gardacostas do Don, que o vendeu ós Tattaglia. Este traballo é eficazmente cumprido por Pete Clemenza e Rocco Lampone.

Michael, irmán de Sonny, vai visitar o seu pai que está gravemente enfermo no hospital. Decátase axiña de que Don Vito está desprotexido cando se supuña que debía estar vixiado polo sarxento da Policía McCluskey. Despois descóbrese que McCluskey é un policía de dubidosa moralidade, pagado polo "Turco". Michael chama a Sonny para decatalo da situación. Logra cambiar ó seu pai de habitación e protexelo dos sicarios, pero é arrestado por McCluskey, o sarxento de policía, esbirro de Sollozzo, que lle pega unha tremenda puñada. Xusto entón, Tom Hagen chega con homes da familia Corleone e resolve a situación.

Cando Michael volve á mansión, decátase de que Bruno Tattaglia foi asasinado en represalia polo seu pai. Xunto ó seu irmán, Sonny, planea o asasinato de "O Turco" Sollozzo e McCluskey. Conségueo invitándolles a un encontro no Restaurante Louis do Bronx, onde lles dispara cunha pistola escondida na cisterna do cuarto de baño. Tras isto, Michael foxe a Sicilia e iníciase unha guerra de bandas. Cando Don Vito volve a casa, decátase do ocorrido con Sollozzo e da partida de Michael.

En Sicilia, Michael coñece a Apollonia, unha muller coa que casa, pero que é asasinada por un dos seus gardacostas cando intentaba eliminalo a el. Decátase de que foi Barzini, o Don dos Barzini, a famlia mafiosa máis poderosa de Nova York, e que intenta pór a paz entre as familias, cousa que intenta conseguir matando ós fillos de Don Vito.

En Nova York, Sonny pégalle unha malleira a Carlo Rizzi, o marido da súa irmá Connie, dado que a maltrata. Para vingarse, Carlo vende a Sonny á xente de Barzini; Sonny é metrallado nunha caseta de peaxe. Tras isto, as Cinco Familias reúnense e asinan a paz, aceptando Don Vito unirse ós narcotraficantes e cedendo a súa protección política.

Ó decatarse, Michael volve a Estados Unidos, tomando as rendas da familia. Don Vito convértese no seu conselleiro e advírtelle que logo da súa morte, Barzini intentará acabar con Michael nunha reunión. O que lle fale de ter a entrevista, é o traidor. Michael xura ó seu pai vingar a morte de Sonny, pero debido ás circunstancias, Don Vito proponlle de maneira solapada agardar.

Despois, Michael viaxa a Las Vegas para comprar un casino a Moe Greene, pero o intento falla. Moe insúltalle dicíndolle que está acabado, que os Corleone non son nada e que non lle venderá o casino, dado que os Barzini cubriranlle moito mellor as costas.

Á morte de Don Vito, os Corleone quedan expostos, e as traizóns sucédense. Tessio proponlle unha reunión con Barzini durante as honras fúnebres.

Con todo, durante o bautizo do sobriño de Michael, este ordena asasinar ós catro Dons das familias rivais: Philip Tattaglia, Emilio Barzini, Victor Stracci e Ottilio Cuneo. Tamén mata a Carlo, a Tessio (que pretendía venderlle a Barzini) e a Moe Greene, sendo disparado no seu ollo dereito mentres se dá unha masaxe. Trala morte de Carlo, Connie acusa a Michael de ser o asasino en presenza de Kay, quen posteriormente lle pregunta ó seu marido se realmente el foi o autor do asasinato. Trala insistencia de Kay, Michael mente e nega ter relación coa súa morte.

Tras isto, Michael convértese no home máis poderoso da Cosa Nostra en Estados Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]