Servizo Postal dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha furgoneta do USPS utilizada para a repartición do correo. Os vehículos do operador postal norteamericano carecen de matrícula, identifícanse por un código de sete cifras situado tanto na parte dianteira superior como na traseira

O Servizo Postal dos Estados Unidos (USPS: United States Postal Service) é o organismo federal independente responsable do servizo postal nos Estados Unidos. A súa existencia recóllea explicitamente a súa Constitución[1].

No ano 2016 moveu algo máis de 150 mil millóns de pezas de correo, dando emprego a 640.000 traballadores (tanto fixos como eventuais) e con case 228.000 vehículos en circulación [2].

Distribución[editar | editar a fonte]

O sistema de distribución a nivel nacional é por medio de Códigos Postais (Zip-Code en inglés) os que constan de cinco díxitos. Ademais débese engadir catro díxitos a eses para unha máis eficiente e rápida entrega.

Servizos que ofrece[editar | editar a fonte]

  • Express Mail: É un unha forma de envío que garante a entrega ao día seguinte, sexa domingo ou festivo, ao destino. Fóra das empresas que non traballen sábado, domingo ou festivo federal.
  • Priority Mail: Envío en tres ou catro días.
  • Envío de primeira clase: Son recibidas segundo a distancia entre un a catro días.
  • Delivery Confirmation: É un servizo polo cal o Servizo Postal confirma o día e hora de chegada a destino dunha carta ou paquete. É un pago adicional ao custo do envío normal,
  • Correo certificado: é un servizo de pago adicional, mediante o cal a peza de correo a enviarse ten un trato preferente e debe ser asinado o recibido conforme polo destinatario.
  • Resposta pagada: é un servizo de pago adicional ao normal da peza de correo por medio do cal o destinatario deberá asinar o formulario para tal efecto, e que se devolverá á persoa que o enviou. Este servizo é tanto para o servizo nacional como para envíos ao estranxeiro.
  • Correo rexistrado: é un servizo de pago adicional, que o usuario utilízao cando envía, xeralmente, un documento moi importante. Pode facelo para o servizo nacional así como tamén para o estranxeiro.
  • Seguro: É un pago adicional, que se fai cando se envía unha encomenda para o estranxeiro. É opcional para o servizo nacional.

Forzas de seguridade[editar | editar a fonte]

Servizo de Inspección Postal[editar | editar a fonte]

O Servizo de Inspeción Postal dos Estados Unidos (USPIS) é un dos corpos policiais máis antigo dos Estados Unidos[3]. Fundouno Benjamin Franklin coa misión de protexer o servizo postal, os seus empregados e usuarios do crime, así como resgardar ao propio sistema de correo do uso indebido para fins criminais[4]

Os inspectores postais aseguran o cumprimento das aproximadamente 200 leis federais[5] que regulan a investigación de crimes que afectan dolosa ou fraudulentamente o correo, sistema postal ou os seus empregados.

Conta cunha división uniformada, coñecida en inglés como Postal Police que asegura as principais instalacións da USPS, escoltan envíos de alto valor, económico ou artístico, e realizan outras funcións especializadas e que no ano 2000 estaba composto por 1400 axentes.[6]

Oficina do Inspector Xeral[editar | editar a fonte]

Desde 1996 a Oficina do Inspector Xeral do Servizo Postal dos Estados Unidos (OIG) asumiu algunhas funcións de carácter interno que antes realizaba o Servizo de Inspección Postal. A elección do Inspector Xeral recae nos nove membros que conforman o consello de administradores do Servizo Postal, que elixe o presidente dos Estados Unidos e confirma o Senado. O propósito principal do OIG é previr, detectar e informa de fraudes, malversación e abusos, e promover a eficiencia nas operacións do servizo postal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Article 1, Section 8, Clause 7 The Founders Constitution. Universidade de Chicago
  2. Información ofrecida pola propia USPS
  3. A Chronology of the United States Postal Inspection Service
  4. "Who We Are". USPS.com. Arquivado dende o orixinal o December 23, 2007. Consultado o March 31, 2008. 
  5. Federal Regulatory Directory CQ Press, 2015, páx. 620
  6. Dorothy Moses Schultz, "U.S. Postal Inspection Service" in Encyclopedia of Law Enforcement Vol. 1 (eds. Larry E. Sullivan & Marie Simonetti Rosen: SAGE Publications, 2005), p. 882.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]