Saltar ao contido

Lonxevidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lonxevidade
Imaxe
 Instancia de
 Practicado por
Características
 Aspecto de
 Oposto a
 Dual de
Implicados
 Practicado por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01bwnd Editar o valor en Wikidata
MeSHD008136 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776759703 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Comparación da esperanza de vida de homes e mulleres en función de países e territorios segundo foi definida no 2011 polo CIA Factbook.[1][2]

A lonxevidade e a duración da vida son conceptos relacionados coa bioloxía e coa evolución das células e órganos de compoñen os corpos dos seres vivos, e transformacións co transcorrer da súa vida. No caso do ser humano a lonxevidade posúe importantes conexións con aspectos demográficos da sociedade, e aspectos sociolóxicos do individuo. En xeral ten que ver coa duración de vida dun ser humano ou dun organismo biolóxico e utilízase con máis frecuencia en referencia á terceira idade ou a idade dun ser vivo, por exemplo a lonxevidade dunha árbore.

As reflexións sobre a lonxevidade adoitan ir ligadas ó recoñecemento da brevidade humana e inclúen discusións sobre métodos para estendela máis aló do límite tido como normal. O tema foi non só unha preocupación da ciencia, senón tamén da literatura de viaxes, ciencia ficción e novelas utópicas.

Existe bastante dificultade en atopar a maior duración da vida humana mesmo coas modernas técnicas estandarizadas de verificación, debido a datas de nacemento inexactas ou incompletas. Múltiples lendas nas diferentes culturas e contextos relixiosos pretenderon extraordinarias lonxevidades, tanto no pasado, como a de Metuxalén na Biblia, como no futuro.[3]

Esperanza de vida

[editar | editar a fonte]

A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha certa poboación nun certo período.

Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores como a calidade da medicina, a hixiene, as guerras, etc, aínda que actualmente adóitase referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta. A esperanza de vida como indicador social é empregado polos sociólogos para medir o grao de desenvolvemento dun país, pero os datos poden ser relativos en tal sentido porque poden ser alterados por guerras, epidemias, violencia e outros fenómenos diferentes ós indicadores económicos. En moitos casos persoas de países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento ou de culturas naturais poden ter unha gran lonxevidade que contradi o suposto de que a maior desenvolvemento, maior esperanza de vida.

As persoas máis lonxevas do mundo

[editar | editar a fonte]

Persoas que exceden os cen anos non son só do interese científico, senón tamén do público en xeral interesado en alargar de maneira saudable os seus anos de vida. A seguinte é unha lista das persoas rexistradas na idade contemporánea que excederon máis de cen anos de vida.

O Grupo Xerontolóxico de Investigación, fundado entre 1990 e 1992 nos Ánxeles, busca persoas que superen os 110 anos de idade e incluíu o nome das seguintes persoas:

  • Jeanne Calment (1875-1997): É a persoa da contemporaneidade cientificamente documentada que viviu exactamente 122 anos e 164 días.
  • Jirōemon Kimura (1897-2013): O home máis lonxevo verificado da historia viviu 116 anos e 54 días.
  1. ↑ CIA World Factbook, ed. (n.d.). "Life expectancy at birth, Country Comparison to the World". US Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
  2. ↑ CIA World Factbook, ed. (n.d.). "Field Listing: Population, Country Comparison to the World". US Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2011.
  3. ↑ "Foron, pois, os anos de Metuxalén, novecentos sesenta e nove anos; e morreu".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]