Stanley Donen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStanley Donen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1924 Editar o valor em Wikidata
Columbia (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Desaparición
Morte21 de febreiro de 2019 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Manhattan (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Sur Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, danza, Coreografía e musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , coreógrafo , bailarín , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor em Wikidata - 2003 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1990–1994), divorcio
Yvette Mimieux (pt) Traducir (1972–1985), divorcio
Adelle Dillingham (en) Traducir (1960–1971), divorcio
Marion Marshall (1952–1959), divorcio
Jeanne Coyne (pt) Traducir (1948–1951), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaElaine May (1999–2019) Editar o valor em Wikidata
FillosJoshua Donen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0002045 Allocine: 2459 Rottentomatoes: celebrity/stanley_donen Allmovie: p88027 TCM: 51745 IBDB: 75387
Musicbrainz: c5907819-1a3a-4183-9e0f-ba746c1cf675 WikiTree: Donen-2 Find a Grave: 197052131 Editar o valor em Wikidata

Stanley Donen, nado en Columbia (Carolina do Sur) o 13 de abril de 1924 e finado o 21 de febreiro de 2019[1] foi un director de cinema, bailarín e coreógrafo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía, e pasou unha infancia solitaria e infeliz, segundo as súas propias palabras. Por ese motivo pasaba moito tempo nos cines locais, sendo o musical de Fred Astaire e Ginger Rogers Flying Down to Rio (1933) o filme que máis lle impactou.

Inspirado por Astaire comezou a tomar leccións de baile e vía musicais en Broadway cando a súa familia ía de vacacións a Nova York. Persuadido pola súa nai, mudouse a dita cidade en 1940 para buscar unha carreira como bailarín. Tras dúas audicións, foi contratado para o musical Pal Joey, dirixido por George Abbott e protagonizado por Gene Kelly, que se faría famoso por ese papel. Abbott contratou logo a Donen como axudante en Beat the Band.

Donen chegou a Hollywood en 1943 para asistir ás audicións de Best Foot Forward e asinou un contrato dun ano con Metro-Goldwyn-Mayer. Entón renovou a súa amizade con Gene Kelly, que xa comezaba a destacar como protagonista de musicais. Kelly contratou a Donen como coreógrafo en As modelos e seguiron logo colaborando en máis coreografías.

En 1949 codirixiron o seu primeiro filme xuntos, On the Town, que se abría co novidoso número New York, New York. Tralo éxito do filme, Donen asinou un contrato de sete anos con MGM como director, dirixindo filmes como Singin' in the Rain e Sete noivas para sete irmáns.

A colaboración entre Donen e Kelly acabou en 1955 con Sempre fai bo tempo e en 1957 converteuse nun produtor independente coa creación de Stanley Donen Productions, inaugurada con Indiscreet, con Cary Grant e Ingrid Bergman. O filme foi rodado en Londres e Donen quedou en Inglaterra ata 1970.

O último filme de Donen estreado nos cines foi Blame It on Rio, de 1984, con Michael Caine, Valerie Harper e Demi Moore, pero seguiu traballando na televisión e en 1998 recibiu un Oscar honorífico.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

Ano Filme Notas
1949 On the Town Codirixido con Gene Kelly
1951 Royal Wedding
1952 Love Is Better Than Ever
Singin' in the Rain Codirixido con Gene Kelly
Fearless Fagan
1953 Give a Girl a Break
1954 Sete noivas para sete irmáns
Deep in My Heart
1955 Sempre fai bo tempo Codirixido con Gene Kelly
1957 Funny Face
The Pajama Game Codirixido con George Abbott
Kiss Them for Me
1958 Indiscreet
Damn Yankees! Codirixido con George Abbott
1960 Once More, with Feeling!
Surprise Package
The Grass Is Greener
1963 Charada
1966 Arabesco
1967 Dous na estrada
Bedazzled
1969 A escaleira
1974 The Little Prince
1975 Muller afortunada
1978 Movie Movie
1980 Saturn 3
1984 Blame It on Rio
1999 Love Letters Telefilme

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Belinchón, Gregorio (23-02-2019). "Muere Stanley Donen, el último de los grandes directores del Hollywood clásico". elpais.com. Consultado o 24-02-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]