Saltar ao contido

Parque Xurásico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Parque Xurásico
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Título
Jurassic Park (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Caracterizado por
 Forma artística
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Obra derivada
 Formato de distribución
 Franquía de medios
 Cor
 Universo ficticio
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Organizacións
 Compañía produtora
Economía
Custo63000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación1030314141 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
24 de xullo de 1993 (Xapón)
9 de xuño de 1993 (Washington, D.C.)
11 de agosto de 1993 (Venezuela)
11 de marzo de 1994 (Romanía)
22 de xullo de 1993 (República Dominicana)
14 de outubro de 1993 (República Checa, Eslovaquia)
23 de xullo de 1993 (Perú)
9 de xullo de 1993 (O Salvador)
22 de outubro de 1993 (Líbano)
30 de xullo de 1993 (Israel)
13 de agosto de 1993 (Islandia)
5 de agosto de 1993 (Indonesia, Malaisia, Singapur, Tailandia)
15 de abril de 1994 (India, Paquistán, Sri Lanka)
24 de setembro de 1993 (Hungría)
27 de outubro de 1993 (Grecia)
1 de outubro de 1993 (Ghana, Portugal)
28 de xullo de 1993 (Filipinas)
20 de agosto de 1993 (Fiji, Nova Zelandia)
11 de xuño de 1993 (Estados Unidos de América, Canadá)
30 de setembro de 1993 (España, Croacia, Países Baixos, Eslovenia)
4 de outubro de 1993 (Emiratos Árabes Unidos, Bahrain, Exipto, Kenya, Kuwait, Namibia, Nixeria, Zimbabwe)
21 de xullo de 1993 (Ecuador)
5 de novembro de 1993 (Djibuti)
16 de xullo de 1993 (Costa Rica, Reino Unido, Guatemala, Honduras, Irlanda, Malta, México, Nicaragua, Panamá)
17 de xullo de 1993 (Corea do Sur, Taiwán)
2 de xullo de 1993 (Colombia, Uruguai)
15 de outubro de 1993 (Chipre)
8 de xullo de 1993 (Chile)
10 de decembro de 1993 (Camerún)
20 de outubro de 1993 (Bélxica, Francia, Luxemburgo, Alxeria, Marrocos, Mónaco, Rusia, Ucraína, Tunisia)
17 de setembro de 1993 (Bulgaria, Dinamarca, Italia, Turquía, Suráfrica)
13 de xuño de 1993 (Brasil)
29 de xullo de 1993 (Bolivia, Hong Kong)
19 de novembro de 1993 (Benín, Illas Virxes Británicas)
16 de xullo de 1993 (Belize)
3 de setembro de 1993 (Austria, Finlandia, Noruega, Polonia, Suecia)
2 de setembro de 1993 (Australia, Alemaña)
15 de xullo de 1993 (Arxentina, Londres)
4 de agosto de 1993 (Antiga e Barbuda, Barbados, Dominica, Granada, Caribe, Xamaica, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, Caribe, Porto Rico, Trinidad e Tobago, San Vicente e as Granadinas) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Sucedido por
Dimensións
Duración127 min e 123 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar á mellor edición de son (9 de febreiro de 1994)
Óscar ó mellor son (9 de febreiro de 1994)
Óscar ós mellores efectos visuais (9 de febreiro de 1994) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
68/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
92% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
8.4/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316751722 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-73AF-0000-6-0000-0000-J Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hx4y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0107290 Filmaffinity: 152490 Allocine: 8488 Rottentomatoes: m/jurassic_park Mojo: jurassicpark Allmovie: v26808 TCM: 80025 Metacritic: movie/jurassic-park TV.com: movies/jurassic-park BNE: XX3662342 Netlix: 60002360 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Parque Xurásico (en inglés: Jurassic Park) é un filme de 1993, dirixido por Steven Spielberg e con guión baseado no libro homónimo de Michael Crichton. É o primeiro filme da franquía Jurassic Park, e o guión foi escrito entre Crichton e David Koepp. O filme está ambientado na illa ficticia de Nublar, localizada na costa pacífica de América Central, preto de Costa Rica, onde un filántropo milmillonario e o seu equipo de científicos xenetistas crearon un parque temático de dinosauros clonados.

Antes de que a novela de Crichton fose publicada, catro estudios de cine fixeron propostas polos dereitos do filme. Co apoio de Universal Studios, Spielberg conseguiu os dereitos por $1,5 millóns antes da súa publicación en 1990, e Crichton foi contratado por $500 000 adicionais para adaptar a novela á pantalla. Koepp escribiu o borrador final, eliminando contidos e violencia da novela e facendo numerosos cambios nas personaxes. A rodaxe tivo lugar en California e Hawaii entre agosto e novembro de 1992, e o traballo de posprodución durou até maio de 1993, sendo supervisado por Spielberg en Polonia mentres rodaba A lista de Schindler. Os dinosauros foron creados por unha innovadora tecnoloxía de xeración de imaxes por ordenador de Industrial Light & Magic, e grazas a dinosauros animatrónicos construídos polo equipo de Stan Winston. Para o deseño de son do filme, que inclúe unha mestura de diferentes sons de animais para os ruxidos de dinosauros, Spielberg investiu na creación de DTS , unha empresa especializada en formatos de son dixitais.

Contando cunha xigantesca campaña de mercadotecnia de $65 millóns, que incluía acordos con máis de 100 compañías, Parque Xurásico recadou máis de $900 millóns en todo o mundo na súa estrea, converténdose no filme con maior recadación até aquela data, un récord que mantivo até 1997, coa estrea de Titanic. Foi moi ben acollido pola crítica, que louvou os seus efectos especiais, a música de John Williams e a dirección de Spielberg. Despois da súa re-estrea no 2013 en versión 3D co gallo do seu 20 aniversario, Parque Xurásico converteuse no filme número 17 en superar a recadación de máis de $1000 millóns, e situouse entre os 20 filmes con maior recadación da historia. Conseguiu máis de 20 premios (incluíndo 3 Premios Óscar), a maioría deles técnicos. O seu éxito motivou tres secuelas, The Lost World: Jurassic Park (1997), Jurassic Park III (2001) e Jurassic World (2015). Unha quinta entrega da franquía, Jurassic World: Fallen Kingdom foi estreada en 2018.

John Hammond, presidente dunha empresa de biotecnoloxía chamada InGen, consegue o imposíbel: clona dinosauros a través de ADN extraído dun mosquito fosilizado en ámbar. Envisionando un lucrativo negocio, constrúe nunha illa costarriqueña chamada Illa Nublar, unha especie de zoolóxico cos dinosauros. Entre tanto, os executivos esixen unha inspección do parque por dous especialistas. Entón Hammond convoca ao paleontólogo Alan Grant e ao matemático Iam Malcolm. Xunto con eles, Ellie Sattler, a namorada de Grant, os netos de Hammond, Alex e Tim, e o avogado Donald Gennaro. Durante a visita, o controlador Denis Nedry, subornado pola rival da InGen, desconecta todo o parque a fin de roubar os embrións de dinosauros. Cos animais soltos, todos deben tentar escapar con vida.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Mellores Efectos Especiais,
  • Mellores Efectos Sonoros,
  • Mellor Son.

Dobraxe en galego

[editar | editar a fonte]

Parque Xurásico foi o filme máis visto da TVG, até que o 5 de xaneiro de 2005, Harry Potter e a pedra filosofal lle arrebatou o récord.[1]

  1. "«Harry Potter e a pedra filosofal», la película más vista en la historia de TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xaneiro de 2005. Consultado o 21 de outubro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]