Avro Lancaster
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Avro Lancaster | |
---|---|
Avro Lancaster no Battle of Britain Memorial Flight | |
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Avro |
Deseñado por | Roy Chadwick |
Primeiro voo | xaneiro de 1941 |
Introducido | 1942 |
Retirado | 1963 (Canadá) |
Unidades construídas | 7.377 |
O Avro Lancaster foi un bombardeiro pesado nocturno británico usado durante a Segunda Guerra Mundial. O seu deseño partíu do Manchester Mk III, voou por vez primeira en xaneiro de 1941 e entrou en servizo a principios de 1942. Xunto co Handley Page Halifax foi un dos principais bombardeiros pesados da RAF, a RCAF e doutros países da Commonwealth e Europa con escuadróns integrados no Mando de Bombardeiros da RAF. Está considerado o mellor bombardeiro da Royal Air Force durante a guerra.
Aínda que o Lancaster foi principalmente un bombardeiro nocturno, destacou noutros moitos roles como en bombardeos de precisión diúrnos, e gañou renome como o "Dam Buster" (destrutor de encoros) ao ser usado na Operación Chastise en 1943 nos ataques contra os encoros da zona do Ruhr, en Alemaña.
Na actualidade[cando?] consérvanse 17 Lancasters completos en todo o mundo, dos cales dous aínda voan. Un deles está baseado no Reino Unido, operado pola The Battle of Britain Memorial Flight, e o outro en Canadá, en voo co Canadian Warplane Heritage Museum.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avro Lancaster ![]() |