Os premios concebiunos Donald A. Reed en 1972 que sentía que as obras audiovisuais deses xéneros non recibían a apreciación que merecían nese tempo, como os premios Oscar, Emmy e os Grammy os gañadores resultan dunha votación da Academia, nun principio eran simples certificados de papel, a partir de 1978 comezan a ser televisados co nome de Science Fiction Film Awards e entrégase unha estatuíña que respresenta o planetaSaturno rodeado polos seus aneis transformados nunha fita de película polo que se coñecen popularmente como Golden Scroll. Aínda que mantén a preferencia polos xéneros orixinais tamén entrega galardóns a producións dramáticas sen relación con eles.