Relixións abrahámicas
Aparencia
Relixións abrahámicas | |
---|---|
Símbolos das relixións abrahámicas | |
Instancia de | tipo de relixión ![]() |
Subclase de | relixión monoteísta ![]() |
Epónimo | Abraham ![]() |
Caracterizado por | |
Caracterizado por
| |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] |
Denomínanse tradicionalmente relixións abrahámicas ao xudaísmo, cristianismo e islam, por trazaren a súa orixe na tradición bíblica do patriarca Abraham, quen rexeitou os deuses imperantes na súa terra natal e propugnou a idea dun Deus único, creador, xuíz, non coñecible, omnipotente e eterno. Ás veces tamén se inclúe neste grupo a outras relixións con menor difusión, como a Fe Bahá'í, samaritanismo, mandeísmo, yazidismo, drusos e outras.
Características
[editar | editar a fonte]- O monoteísmo, a crenza nun só deus.
- A crenza que ese deus único guía á humanidade por medio da revelación aos profetas, e cada relixión incorpora as ensinanzas que Deus revelou por medio dun libro sagrado.
- Orixes semíticas.
- Orientación ética, todas definen a elección entre o ben e o mal e demandan obediencia aos preceptos establecidos por Deus.
- Unha visión escatolóxica da historia e do destino, comezando coa creación e coa participación activa de Deus.
- Importancia de Xerusalén.