Secuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha secuela é unha obra artística (narrativa, cinematográfica, teatral, musical…) que continúa ou expande a historia comezada nunha obra anterior.[1]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Hai moitos xeitos de continuar obras anteriores con respecto á cronoloxía do orixinal. Para describilos creáronse varios neoloxismos, como "precuela"[2] e “reboot”.

Historia[editar | editar a fonte]

É imposible dicir con seguridade cal foi a primeira secuela que fixo a humanidade. Pódese por exemplo considerar a Odisea, de Homero como secuela da Ilíada, no sentido de que expande unha situación e unha personaxe do texto anterior.

O crecemento do mercado literario a principios do século XVIII deu lugar a unha cultura baseada nos autores[3] que levou á súa profesionalización. A edición de secuelas era produto da busca do éxito baseado nos traballos que xa obtiveran recoñecemento comercial.[4]

Franquías[editar | editar a fonte]

Nalgúns casos, as personaxes ou o escenario dun filme ou videoxogo orixinal acaban creando unha franquía mediática. Xeralmente, a serie de secuelas desenvólvense paralelamente ao merchandising. En ocasións xa están planeadas múltiples secuelas e os actores e os directores poden asinar contratos que garantan a súa participación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fabrikant, Geraldine (12 de marzo de 1991). «Sequels of Hit Films Now Often Loser». The New York Times. Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  2. Un exemplo do uso desta palabra en galego pode verse aquí
  3. Schellenberg, Betty A. (2007). Bourdeau and Kraft., ed. The Measured Lines of the Copyist. Cranbury, NJ. 
  4. Budra, Paul; Schellenberg, Betty (1998). ”Introduction." Part Two Reflections on the Sequel (Theory / Culture). Nova York. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jess-Cooke, Constantine; Verevis (2010). SUNY Press, ed. Second takes: critical approaches to the film sequel. ISBN 9781438430294. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]