Curtametraxe
Curtametraxe | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | formato de filme (pt) ![]() ![]() |
Subclase de | filme ![]() |
Oposto a | longametraxe ![]() |
Caracterizado por | |
Caracterizado por
| |
[ Wikidata ] |
Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos.
Terminoloxía e lexislación
[editar | editar a fonte]Segundo o DRAG, unha curtametraxe ou curta é unha película de curta duración, sen especificar canto.[1] Segundo o DIGALEGO, curtametraxes son películas que teñen unha duración inferior a trinta minutos e superior a oito.[2]
Os filmes de entre 30 e 60 minutos adoitan chamarse mediametraxes. A partir dunha hora de duración considéranse longametraxes. Con todo, esas definicións poden variar e diversas convocatorias e festivais aceptan curtas de até 60 minutos, aínda que non hai unha lei galega que o limite, hai leis de ámbito estatal español e portugués que definen como curtametraxe calquera produción audiovisual inferior a unha hora.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "curta / curtametraxe". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "curtametraxe". digalego.xunta.gal. Consultado o 21 de febreiro de 2025.
- ↑ "El cortometraje no existe (y el largometraje tampoco)". Ismael Martin (en castelán). 2018-11-14. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "::: DL n.º 25/2018, de 24 de Abril". www.pgdlisboa.pt. Consultado o 2025-02-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Curtametraxes - Red Social de curtametraxes
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |