Holografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A holografía é unha técnica de formación de imaxes tridimensionais a partir dun soporte plano, que poden ser vistas sen necesidade de ningún accesorio para o observador, e onde este pode moverse ó redor do soporte vendo o obxecto, sen descontinuidades, dentro dun ángulo por onde se lle ofrecen todas as perspectivas. A etimoloxía do termo "holografía" provén do grego antigo ὁλος ou ὅλος, holos , "todo", e γραφή, graphè , do verbo γράφω grapho, literalmente "escribir todo" ou "debuxar todo" e holograma de ὁλος e γράμμα (grama = mensaxe escrito ou debuxado).

Funcionamento[editar | editar a fonte]

A 'holografía' é unha tecnoloxía de memorización óptica dunha información visual en forma de entrelazado moi fino de franxas de interferencia co uso de luz láser coherente, adecuadamente proxectada; a imaxe creada polas franxas de interferencia caracterízase por unha ilusión de tridimensional. É máis propiamente o efecto da paralaxe na percepción da imaxe, é dicir, a imaxe percíbese de forma diferente segundo o punto de visión; no caso dos dous ollos, cada un deles percibe a imaxe desde unha posición lixeiramente diferente á do outro. Esta diferenza, chamada paralaxe, na visión normal determina a percepción tridimensional.

Historia[editar | editar a fonte]

A holografía foi oficialmente descrita en 1947 polo seu inventor, o húngaro Dennis Gabor, quen seguindo unha idea anterior chegou á solución dun problema interesante: tratábase de que, iluminando unha fenda con luz dunha cor única (luz verde dunha lámpada de mercurio) obténse unha figura de franxas que permite coñecer a forma e dimensións da fenda. Gabor, enxeñeiro eléctrico, recibiu o premio Nobel de Física en 1971.

Recibiu a patente GB685286 pola súa invención[1]. Porén, perfeccionouse anos máis tarde co desenvolvemento do láser, xa que os hologramas de Gabor eran moi primitivos debido a que non perfeccionaron suficientemente os seus dispositivos. Propúxose un problema interesante: cando se ilumina unha fenda con luz dunha soa cor, obtense unha figura de franxas que permite coñecer a forma e dimensións da fenda. Gabor describiu o proceso de decodificación da información fotografada, foi necesario buscar un xeito de rexistrar a inclinación dos raios de luz que chegaban á película fotográfica. Chamou a este proceso "holografía", do grego "holos" (completo), xa que os hologramas mostraban un obxecto completamente e non só unha perspectiva.

Os primeiros hologramas que representaban verdadeiramente un obxecto tridimensional ben definido foron feitos por Emmett Leith e Juris Upatnieks nos Estados Unidos en 1963, e por Yuri Denisyuk na Unión Soviética.

Usos[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, Gabor só quería atopar un xeito de mellorar a resolución e a nitidez das imaxes do microscopio electrónico. Un dos desenvolvementos da holografía foi o seu uso para reprodutores de DVD e outras aplicacións. Tamén se usa en tarxetas de crédito, billetes bancarios, etiquetas de seguridade, envases, certificados, pasaportes e documentos de identidade, así como en discos compactos e outros produtos, ademais do seu uso como símbolo de orixinalidade e seguridade.

Como metáfora en teorías científicas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Os hologramas apareceron desde a década de 1950 en multitude de filmes e franquías audiovisuais de fantasía e ciencia ficción como Star Trek, A guerra das galaxias ou Regreso ó futuro.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Milestones:Invention of Holography, 1947". ETHW. 2022-06-14. Consultado o 2022-07-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]