Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego de 2014.

A Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego (en inglés: San Diego Comic-Con International) é unha convención multixénero de fanáticos do entretemento e da banda deseñada que se celebra anualmente en San Diego, California, nos Estados Unidos de América. O nome, tal como se amosa na súa páxina web, é Comic-Con International: San Diego, pero é moi común coñecela sinxelamente como Comic-Con, San Diego Comic-Con ou "SDCC".[1][2]

Foi fundada como Golden State Comic Book Convention en 1970 por Shel Dorf, Richard Alf, Ken Krueger e Mike Towry;[3][4][5][6] posteriormente, foi chamada "San Diego Comic Book Convention". É un evento de catro días (de xoves a domingo) que se celebra no verán (en xullo dende o ano 2003) no San Diego Convention Center de San Diego. O mércores anterior á apertura oficial, os profesionais, exhibidores e convidados pre-rexistrados para os catro días poden asistir a un preevento "Preview Night" para ofrecerlles a oportunidade de percorrer o centro de exhibición e ver antes que ninguén todo o que estará dispoñible os seguintes catro días.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]