Long Play

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Long Play

O LP ou Long Play (en galego: "Longa duración") é un disco musical de vinilo de 12 polgadas e que se reproduce a 33⅓ revolucións por minuto, co que pode albergar até unha hora de música. Lanzado en 1948, e dez anos despois na súa forma estéreo, a partir de 1967 converteuse no formato común para a edición de música até o advenimento do CD.

A partir dese momento o disco de música popular comezou a considerarse como unha obra de arte [Cómpre referencia] e a ser tratado como un todo indivisíbel. Até entón os diferentes formatos eran só contedores nos que cabían diferente número de cancións e que seguían unha lóxica puramente comercial.

Asi nos USA os compradores de LPs e de sinxelos eran distintos (os xovns e a xente con poucos cartos compraba singles e a xente con máis recursos LPs), polo que as editoras agrupaban cancións que saíran en singles xunto con temas aparecidos en LPs para faceren paquetes máis apetecíbeis (o comprador queria ter as cancións que soaban nas radios).

En Europa a situación era diferente. No Reino Unido os compradores que tiñan o single non querian LPs de refrito, co que os produtos eran diferentes, incluíndo os LPs só material novo. No continente o formato principal era o EP no que ou ben se empaquetaban dous singles ou se partía un Lp en varios EPs.

Todos isto acabou co lanzamento conxunto dunha serie de discos en todo o mundo, o que levaría logo á desaparición dos outros formatos (excepto en Inglaterra, onde aínda perviven en forma de Cd-single).