O National Film Registry (NFR) é o catálogo nacional de preservación do cine dos Estados Unidos (NFPB), unha selección de filmes da Biblioteca do Congreso. O NFP, estabelecido pola Acta de Preservación do Cine Nacional de 1988, foi reautorizado polas actos do congreso de 1992, 1996, 2005 e de outubro de 2008.[1][2][3] A lei de 1996 creou tamén a Fundación da Preservación do Cine Nacional que, malia estar afiliada NFPB, recada cartos do sector privado.[4]
A NFPB engade ao NFR ata 25 "películas cultural, histórica ou esteticamente significativas" cada ano, mostrando a variedade e diversidade do patrimonio cinematográfico estadounidense para aumentar a conciencia sobre a súa preservación.[5] Un filme pode ser incluído dez anos despois da súa estrea orixinal.[6]
Para a primeira selección en 1989, o público nomeou case 1000 películas para que fosen consideradas. A continuación, os membros da NFPB elaboraron papeletas individuais de posibles filmes para a súa inclusión. As papeletas foron tabuladas nunha lista de 25 filmes que logo foi modificada polo Bibliotecario do Congreso James H. Billington e o seu equipo na Biblioteca para a selección final.[5] Desde 1997, os membros do público puideron nomear ata 50 películas ao ano para que a NFPB e o Bibliotecario as consideren.[7]