Saltar ao contido

Victoria Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Victoria CF»)
Victoria CF
NomeVictoria Club de Fútbol
Alcume(s)As cebras
FundaciónFebreiro de 1943
EstadioSan Pedro de Visma
PresidenteGalicia Juan Vázquez
AdestradorGalicia Guillermo Pigueiras
LigaPreferente Galicia
2020/213º
PatrocinadorDomino's Pizza
Na rede
https://victoriacf.com/
Twitter: VictoriaCF1943 Editar o valor en Wikidata
Victoria CF 2022-23.

O Victoria Club de Fútbol é un club de fútbol galego, fundado na Coruña en 1943. Compite no Grupo Norte da Preferente Galicia.

Xoga cun equipamento de raias brancas e negras, motivo polo que os seus xogadores son alcumados "as cebras". O club é coñecido pola súa canteira, a maior de Galicia con preto de 30 equipos,[1] da que teñen saído futbolistas como Amancio Amaro, Manín, Jaime Blanco, Moncho Parada, Lucas Pérez, Raúl Carnero ou Juan Carlos Real.[2] Conta tamén con conxuntos femininos, militando o primeiro equipo na Primeira Nacional, terceira categoría do fútbol feminino en España.

Foi fundado en febreiro de 1943 no barrio coruñés de Santa Lucía, sendo Luis Ríos o seu primeiro presidente.[2] Entre os seus fundadores estaba o exfutbolista internacional e adestrador canario Hilario Marrero, figura histórica do Deportivo da Coruña, quen foi o responsable do nome e das cores do club, inspirados nun dos seus antigos clubs, o Real Club Victoria das Palmas de Gran Canaria.[3]

O equipo realizou a súa presentación o 2 de abril de 1944, dirixido por Hilario, nun partido amigable contra o Centro Deportivo de Santa Lucía, gañando por 2-0.[4] En 1955 o club trasladou a súa sede á Falperra.[5] Ríos presidiu a entidade durante 35 anos, o que o converteu no seu momento no presidente dun club de fútbol de España con máis tempo no cargo. En 1978 subsituíuno o ex xogador do club, José María Panizo.[6]

Amancio Amaro, xogador do club na década de 1950.

Militou durante case medio século na liga de modestos da Coruña, alternando entre a primeira e a segunda división. Na tempada 1970/71 o capitán do equipo, Kubala, levantou por primeira e única vez na historia do club o trofeo da Primeira División, despois de perder pola mínima no partido decisivo contra o Español nun ateigado campo da Granxa, resultado que lle bastaba para gañar o título por diferenza de goles.[7] O Victoria formou naquel encontro con Goloso, Juan, Quique, Tito, Suso (Cameselle I), Cameselle II, Lete, Pacuchín, Carreras, Kubala e Toñito. Adestraba o equipo Juan Miguel Solé, trala marcha de Luis Precedo, mentres que o dianteiro Enrique Carreras foi o máximo goleador do campionato.[8] Dous meses despois o equipo proclamouse tamén campión galego de modestos, ao derrotar na final do Torneo de Campións ao Xuventude de Cambados por 2-0.[9]

Na tempada 1992/93 pasou a competir na Terceira Autonómica de Galicia, na que militou tres tempadas antes de lograr o ascenso a Segunda. Despois de 13 tempadas nesa categoría, na 2008/09 ascendeu a Primeira Autonómica, e 11 anos despois conseguiu un novo ascenso, á Preferente Galicia, con Diego Armando García no banco.[10] No seu debut na categoría, o equipo rematou terceiro do seu subgrupo, a só dous puntos dos postos de promoción de ascenso que ocuparon Sofán e Montañeros.

Ese terceiro posto na liga deulle acceso á fase de clasificación para a Copa do Rei 2021/22. Disputou primeiro unha previa territorial con equipos galegos dos outros subgrupos da Preferente, quedando encadrado nun grupo co Dubra e o Santaballés. Empatou co Dubra 2-2 e goleou 4-0 ao Santaballés, facéndose así co primeiro posto do grupo e pasando á eliminatoria final contra o Xuventude de Cambados. No partido, disputado no Estadio García Hermanos de Betanzos, comezou gañando o equipo cambadense, pero Edu puxo o empate e finalmente o Victoria logrou vencer na quenda de penaltis.[11] Deste xeito accedeu á fase previa interterritorial, na que quedou emparellado co Hernani en busca dun posto na fase final da Copa do Rei. O histórico encontro, disputado o 17 de novembro de 2021 no Campo Rodrigo García Vizoso, rematou con vitoria coruñesa despois de que Iago Pérez marcase o único gol do partido e de que o gardameta Jano detivese un penalti nos minutos finais.[12]

O sorteo deparou un enfrontamento contra o Villarreal, vixente campión da Europa League e participante na Liga de Campións. O partido disputouse no estadio de Riazor, fronte a uns 5.000 espectadores, e o Villarreal saltou ao terreo de xogo con varios xogadores internacionais ou que o foran no pasado, como Mario Gaspar, Paco Alcácer, Mandi, Estupiñán, Chukwueze, Alberto Moreno ou Gerard Moreno. O Victoria aguantou durante un cuarto de hora os ataques amarelos grazas ás paradas de Jano, pero acabou por recibir oito goles.[13][14]

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1944/45 2ª Modestos 12º
1945/46 2ª Modestos 8º
1946/47 2ª Modestos 3º
1947/48 2ª Modestos 2º
1948/49 1ª Modestos 3º
1949/50 1ª Modestos 4º
1950/51 1ª Modestos 8º
1951/52 1ª Modestos 5º
1952/53 1ª Modestos 10º
1953/54 2ª Modestos 2º
1954/55 1ª Modestos 9º
1955/56 2ª Modestos 8º
1956/57 2ª Modestos 11º
1957/58 2ª Modestos 1º
1958/59 1ª Modestos 10º
1959/60 2ª Modestos 5º
1960/61 2ª Modestos 4º
1961/62 2ª Modestos 4º
1962/63 2ª Modestos 7º
1963/64 2ª Modestos 4º
1964/65 2ª Modestos 6º
Tempada Categoría Posto
1965/66 2ª Modestos 6º
1966/67 2ª Modestos 1º
1967/68 1ª Modestos 10º
1968/69 2ª Modestos 1º
1969/70 1ª Modestos 8º
1970/71 1ª Modestos 1º
1971/72 1ª Modestos 3º
1972/73 1ª Modestos 4º
1973/74 1ª Modestos 7º
1974/75 1ª Modestos 8º
1975/76 1ª Modestos 5º
1976/77 1ª Modestos 11º
1977/78 2ª Modestos 1º
1978/79 1ª Modestos ?
1979/80 1ª Modestos ?
1980/81 1ª Modestos 10º
1981/82 1ª Modestos ?
1982/83 1ª Modestos ?
1983/84 1ª Modestos 12º
1984/85 1ª Modestos 11º
1985/86 1ª Modestos ?
Tempada Categoría Posto
1986/87 2ª Modestos 3º
1987/88 1ª Modestos ?
1988/89 1ª Modestos 9º
1989/90 1ª Modestos ?
1990/91 2ª Modestos 4
1991/92 1ª Modestos ?
1992/93 1ª Modestos ?
1993/94 3ª Galicia 8º
1994/95 3ª Galicia 3º
1995/96 3ª Galicia 1º
1996/97 2ª Galicia 6º
1997/98 2ª Galicia 5º
1998/99 2ª Galicia 11º
1999/00 2ª Galicia 9º
2000/01 2ª Galicia 6º
2001/02 2ª Galicia 7º
2002/03 2ª Galicia 2º
2003/04 2ª Galicia 2º
2004/05 2ª Galicia 7º
2005/06 2ª Galicia 2º
2006/07 2ª Galicia 2º
Tempada Categoría Posto
2007/08 2ª Galicia 4º
2008/09 2ª Galicia 2º
2009/10 1ª Galicia 7º
2010/11 1ª Galicia 9º
2011/12 1ª Galicia 15º
2012/13 1ª Galicia 7º
2013/14 1ª Galicia 2º
2014/15 1ª Galicia 3º
2015/16 1ª Galicia 7º
2016/17 1ª Galicia 5º
2017/18 1ª Galicia 3º
2018/19 1ª Galicia 2º
2019/20 1ª Galicia 6º
2020/21 Preferente 3º
2021/22 Preferente
  1. ↑ Carballo, Pablo (16 de outubro de 2019). "Los 42.553 niños futbolistas de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2021.
  2. 1 2 "Historia do Victoria CF". victoriacf.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2021.
  3. ↑ Novo, Lois (27 de decembro de 2025). "El atlas de los colores de 'o noso deporte". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2026.
  4. ↑ "El primer triunfo del Victoria C. F.". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de abril de 1944. p. 6.
  5. ↑ "Nuevo local del Victoria C. F.". La Noche (en castelán). 4 de outubro de 1955. p. 4. Consultado o 14 de novembro de 2021.
  6. ↑ "Victoria C. F., un local social". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 1979. p. 46.
  7. ↑ "El Victoria, nuevo campeón de Primera División". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1971. p. 17.
  8. ↑ "El Banco de Bilbao premia a los Modestos". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1971. p. 24.
  9. ↑ "El Victoria, campeón gallego, al vencer al J. Cambados por 2-0". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 1971.
  10. ↑ Rodríguez, Melissa (28 de agosto de 1921). "Diego Armando García: «A mi padre se le ocurrió llamarme como Maradona»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2021.
  11. ↑ "Hito del fútbol modesto de A Coruña: El Victoria jugará la Copa del Rey" (en castelán). 28 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2021. Consultado o 16 de novembro de 2021.
  12. ↑ Losada, Víctor (17 de novembro de 2021). "El Victoria CF hace historia y se clasifica para la Copa del Rey" (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2021.
  13. ↑ "O Victoria CF fai historia, o RC Celta fai os deberes e o Racing cae na prórroga". Real Federación Galega de Fútbol. 30 de novembro de 2021. Consultado o 1 de decembro de 2021.
  14. ↑ "El Villarreal no dio tregua en la histórica noche del Victoria" (en castelán). 30 de novembro de 2021. Consultado o 1 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]