Luis Helguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Helguera
Información persoal
Nome Luis Helguera Bujía
Nacemento 9 de xuño de 1976
Lugar de nacemento Ferrol
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Callealtera
1984–1995 Manchego
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1997 Manchego 72 (3)
1997–1999 Zaragoza B 64 (3)
1998–2000 Zaragoza 20 (0)
2000–2003 Udinese 54 (1)
2002–2003 Alavés 22 (0)
2003–2005 Fiorentina 10 (0)
2004 Ancona 13 (0)
2005–2008 Vicenza 109 (0)
2008–2013 Huesca 185 (8)
Na rede
Twitter: LuisHelguera3 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Luis Helguera Bujía, nado en Ferrol o 9 de xuño de 1976, é un exfutbolista galego, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Naceu en Ferrol, sendo fillo dunha ferrolá e un cántabro que coñeceu a súa nai facendo o servizo militar na cidade galega.[1] Formouse como futbolista na canteira do Racing de Santander, pero non chegou a debutar co primeiro equipo. Entre 1995 e 1997 xogou co Club Deportivo Manchego na Terceira División e na Segunda División B, antes de fichar polo Zaragoza.

No equipo aragonés comezou no filial da Segunda B, e preto do final da tempada 1997/98 debutou co primeiro equipo na Primeira División, nun partido contra o FC Barcelona no Camp Nou, no que saíu como titular. Continuou no filial na seguinte campaña, alternando algúns encontros co primeiro equipo, e na 1999/00 foi xa plenamente parte do equipo principal, ás ordes de Txetxu Rojo. Disputou un total de 21 partidos durante a tempada, na que o conxunto aragonés rematou cuarto na liga.

No ano 2000 fichou polo Udinese, chegando así ao fútbol italiano no que seu irmán Iván levaba xa un ano, nas filas da Roma. Converteuse ademais no segundo futbolista nacido en Galicia en xogar na Serie A, case tres décadas despois da retirada de Luis Suárez. Militou dous anos no club de Udine, co que gañou a Copa Intertoto e debutou na Copa da UEFA, e na súa terceira tempada saíu cedido ao Deportivo Alavés de Mané.[2] De volta en Italia fichou pola Fiorentina, da Serie B, coa que logrou o ascenso á Serie A. Xogou tamén cedido no Ancona, da máxima categoría, e a continuación militou tres anos no Vicenza, da Serie B. En 2008 volveu a España e xogou varios anos na Segunda División co Huesca, ata a súa retirada en 2013.[3]

Trala retirada[editar | editar a fonte]

Despois de colgar as botas traballou como axudante do adestrador David Amaral no Huesca, e máis tarde exerceu as funcións de director deportivo e secretario técnico no propio Huesca, no Las Palmas e no Levante.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén exfutbolista Iván Helguera, que foi defensa entre outros do Real Madrid e do Valencia, e internacional coa selección española,[4] e curmán de Carlos Mella, centrocampista entre outros do Racing de Ferrol.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Udinese

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mi primo conquista Europa". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 8 de xuño de 2000. p. 59. 
  2. "Alavés opt for Helguera". UEFA (en inglés). 27 de xullo de 2002. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  3. "Luis Helguera, refuerzo de lujo para el club oscense". Marca (en castelán). 1 de setembro de 2008. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  4. "El exzaragocista Luis Helguera apuesta por su hermano Iván". El Periódico de Aragón (en castelán). 16 de marzo de 2004. Consultado o 21 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]