FC Vizela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC Vizela
NomeFutebol Clube de Vizela
Alcume(s)Vizelenses
Fundación1 de xaneiro de 1939
EstadioEstádio do Futebol Clube de Vizela
Inauguración1989
Capacidade6000
PresidentePortugal Diogo Godinho
AdestradorEspaña Rubén de la Barrera
LigaPrimeira Liga
2022/2311º
Na rede
https://fcvizela.pt/
Titular
Alternativo
Terceiro

O Futebol Clube de Vizela é un club de fútbol portugués con sede en Vizela, no distrito de Braga. Fundado en 1939, milita na Primeira Liga e xoga os seus partidos como local no Estádio do FC Vizela, cunha capacidade para 6.100 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado o 1 de xaneiro de 1939, o Vizela ingresou na Asociación de Fútbol de Braga o 1 de agosto de 1940.[1] 26 anos despois gañou o seu primeiro título, coa conquista da Taça de Campeão Nacional tras derrotar ao Tramagal (5–3). O club pasou a gran maioría dos seus primeiros anos entre a segunda e a terceira categoría do fútbol portugués.

En 1984 ascendeu por primeira vez na súa historia á Primeira Liga, na que permaneceu só unha campaña. Pouco despois o equipo estaba de novo na terceira categoría, da que non conseguiu saír ata a década de 2000.

De novo na "categoría de prata" do fútbol portugués, o Vizela quedou terceiro na tempada 2007/08, acabando a un só punto do ascenso. Na seguinte campaña acabou 10º, pero descendeu polo escándalo do "Apito Dourado". Durante varios anos, o club actuou como filial do SC Braga.

En maio de 2021 quedou segundo na Segunda Liga, obtendo así o ascenso á Primeira Liga por segunda vez na súa historia tras unha ausencia de 36 anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "História do FC Vizela". fcvizela.pt (en portugués). Consultado o 21 de setembro de 2023. 
  2. "Vizela saiu à rua para festejar o regresso à primeira divisão nacional" (en portugués). 22 de maio de 2021. Consultado o 21 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]