Primeira Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira Liga
Fundación 1934
Rexión Flag of Portugal.svg Portugal
Equipos 16
Actual campión Porto (2012–13)
Máis laureado Benfica (32 títulos)
Sitio web www.lpfp.pt
Soccerball current event.svg Primeira Liga 2013–14

A Primeira Liga, por razóns de patrocinio Liga ZON Sagres, é a máxima competición de clubs profesionais de fútbol en Portugal.

A Liga portuguesa é a 12ª mellor liga do mundo segundo o ranking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Celébrase anualmente desde 1934 e tivo varias denominacións: entre ese ano e 1937 foi chamada Primeira Liga Experimental, entre 1938 e 1998 como Primeira Divisão, entre 1999 e 2001 como Primeira Liga, entre 2002 e 2004 como SuperLiga Galp Energia, a tempada 2005–06 como Liga Betandwin, as tempadas 2006–07 e 2007–08 como bwinLIGA. Desde a tempada 2008–09 denomínase LIGA Sagres.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Esta liga contaba con 16 equipos, dos cales os tres primeiros acceden a disputar a Liga de Campións da UEFA, a condición de que o terceiro clasificado gañe a rolda previa se quere acceder á fase de grupos, e os tres seguintes a UEFA Europa League. Os dous peores equipos descenden á Liga de Honra (Segunda División).

Equipos da tempada 2011–12[editar | editar a fonte]

Club Cidade Estadio
Académica Coímbra Cidade de Coímbra
Beira-Mar Aveiro Municipal de Aveiro
Benfica Lisboa da Luz
Braga Braga Municipal de Braga
Feirense Santa Maria da Feira Marcolino de Castro
Gil Vicente Barcelos Cidade de Barcelos
União de Leiria Leiria Dr. Magalhães Pessoa
Marítimo Funchal dos Barreiros
Nacional Funchal da Madeira
Paços Ferreira Paços de Ferreira da Mata Real
Olhanense Olhão José Arcanjo
Porto Porto do Dragão
Rio Ave Vila do Conde do Rio Ave FC
Sporting de Portugal Lisboa José Alvalade
Vitória Guimarães Guimarães D. Afonso Henriques
Vitória Setúbal Setúbal do Bonfim

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Títulos Subcampión
Benfica 32 26
Porto 26 24
Sporting de Lisboa 18 19
Belenenses 1 3
Boavista 1 3
Académica 0 1
Vitória de Setúbal 0 1
Braga 0 1


Notas[editar | editar a fonte]

  1. IFFHS (5 de xaneiro de 2010). "A Mellor Liga de Fútbol do Mundo 2009". http://www.iffhs.de/?b6e28fa3002f71504e52d17f7370eff3702bb0a35b14. Consultado o 5 de xaneiro de 2010. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]